No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra séguese o procedemento abreviado 367/2022 en virtude da demanda de recurso contencioso-administrativo formulada por Jerónimo Fernández Vicente, presidente provincial da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF), contra o Decreto da Alcaldía do Concello do Porriño, do 22 de novembro de 2022, desestimatorio do recurso de reposición interposto polo devandito demandante, o día 16.6.2022, contra a oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal para o ano 2022 aprobada polo Decreto da dita alcaldía nº 2022-1107, do 11 de maio de 2022.
En consecuencia, dando cumprimento ao solicitado no oficio e Decreto do 13.12.2022 do citado xulgado, publícase este anuncio mediante o cal se emprazan os posibles interesados/as para que, se ao seu dereito convén, poidan comparecer perante o referido xulgado no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
O Porriño, 16 de xaneiro de 2023
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde