Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 14086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ramirás

ANUNCIO de corrección de erros das bases e da convocatoria do proceso selectivo, mediante concurso, dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, incluída na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Detectado un erro material no extracto do Anuncio das bases e da convocatoria do proceso selectivo, mediante concurso, dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local , incluída na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, publicado no Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2023, realízase a seguinte corrección:

Onde di: «o prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado», debe dicir: «o prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado».

Ramirás, 20 de xaneiro de 2023

Isabel Gil Álvarez
Alcaldesa presidenta