Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14147

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou ao funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023 (código de procedemento TR807J).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

No artigo 8 na páxina 11725, onde di: «Para poderen ser obxecto da subvención, os gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial deberán estar integrados, como mínimo, por:...», debe dicir: «Para poderen ser obxecto da subvención, os gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra fenda salarial deberán estar integrados, como mínimo, por unha das seguintes opcións:...».