Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14263

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de tres prazas de técnico/a de apoio social (subgrupo A2).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 249, do 31 de decembro de 2021, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de decembro de 2021, relativas á seguinte convocatoria:

– 3 prazas de técnico/a de apoio social (subgrupo A2), C.E. 20/18.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2023

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior