Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO das bases e da convocatoria para cubrir as prazas de persoal funcionario/persoal laboral fixo.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 22 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria excepcional para cubrir as prazas de persoal funcionario/persoal laboral fixo incluídas na oferta extraordinaria de estabilización aprobada o 20 de maio de 2022 (BOP núm. 102, do 30 de maio e DOG núm. 102, do 30 de maio), e que foron obxecto de corrección mediante o Decreto de Alcaldía, do 16 de xaneiro de 2023, en virtude da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 248, do 29 de decembro de 2022, aparecen integramente publicadas as citadas bases da convocatoria excepcional, e no BOPPO núm. 14, do 20 de xaneiro de 2023, a súa corrección.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello (http://mondariz.sedelectronica.gal).

Mondariz, 26 de xaneiro de 2023

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde