Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14196

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade da resolución de concesión dos obradoiros de dixitalización Industria 4.0.

Mediante a Resolución do 18 de xullo de 2022 (DOG núm. 144, do 29 de xullo) publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros de dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022 e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 16.5 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva, do 30 de decembro de 2022, de concesión dos obradoiros de dixitalización Industria 4.0, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas. O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de dez (10) días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o dito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de acceso á resolución individual. Non obstante, previamente poderán interpor un recurso de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de acceso á resolución individual.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica