A Dirección Xerencia de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal de dous técnicos superiores para o proxecto Blue Observatory; e un técnico superior e un técnico para o proxecto Cima-Mexilla.
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 14 de febreiro de 2023
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar