Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2023.

Visto que o artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece que as corporacións locais formularán publicamente a súa oferta de emprego, que se axustarán aos criterios fixados na normativa básica estatal, en función das súas necesidades de persoal.

Logo de considerar que, para determinar as prazas que poden ser incluídas na oferta, se debe ter en conta o disposto polo artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do estado do ano 2023, e na demais normativa de concordante aplicación.

Visto que na Mesa Xeral de Negociación, celebrada o 26 de xaneiro de 2023, foi sometida á negociación colectiva a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2023.

Que, en vista do anteriormente exposto e no uso das competencias atribuídas polo artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e demais preceptos concordantes.

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2023, nos seguintes termos:

Prazas de acceso libre:

– Prazas de persoal funcionario:

Grupo

Escala (subescala)

Núm. de prazas

Denominación

A2

Administración xeral (xestión)

1

Técnico/a de xestión

A2

Administración especial (técnica)

1

Técnico/a de ambiente

C1

Administración especial (servizos especiais)

2

Policía local

C2

Administración xeral (auxiliar)

1

Oficial/a administrativo/a de tesourería

– Prazas de persoal laboral:

Grupo laboral

Núm. de prazas

Denominación

Grupo II

1

Traballador/a social-coordinador/a

Grupo IV

2

Auxiliar de policía local (fixo-descontinuo)

Grupo V

1

Limpador/a

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Tomiño, 30 de xaneiro de 2023

Sandra González Álvarez
Alcaldesa