Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo.

Mediante o Decreto da Alcaldía número 27/2023, do 24 de xaneiro, acordouse nomear a José Manuel Galego Fraga, con DNI ***0559**, persoal laboral fixo, coa categoría de operario de servizos, grupo IV, praza incluída na oferta extraordinaria de emprego público do ano 2021 para a estabilización do emprego, en cumprimento do proposto polo correspondente tribunal seleccionador.

No BOP da Coruña número 20, do 30 de xaneiro de 2023, publicouse o anuncio deste nomeamento.

O período para tomar posesión comezará a contar no prazo dun mes a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As Somozas, 30 de xaneiro de 2023

Juan Alonso Tembrás
Alcalde