Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO do nomeamento de persoal laboral fixo.

Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 26/2023, do 24 de xaneiro, acordouse nomear as persoas que a seguir se relacionan persoal laboral fixo, coa categoría de auxiliares de axuda no fogar, grupo V, prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público do ano 2021 para a estabilización do emprego, en cumprimento do proposto polo correspondente tribunal seleccionador:

– Sueiras Luaces, María Montserrat, con DNI ***5395**.

– Bello López, María Isabel, con DNI ***0558**.

– Orjales Gato, María Isabel, con DNI ***1848**.

– Geada Prieto, María Luz, con DNI ***3731**.

No BOP da Coruña núm. 20, do 30 de xaneiro de 2023, publicouse o anuncio deste nomeamento.

O período para tomar posesión comezará a contar no prazo dun mes a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As Somozas, 30 de xaneiro de 2023

Juan Alonso Tembrás
Alcalde