Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14863

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos das prazas de persoal laboral fixo e funcionario, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022, para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e as convocatorias e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos das seguintes prazas de persoal laboral fixo e funcionario incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022, para a estabilización do emprego temporal no Concello de Cedeira:

Sistema selectivo de concurso, en quenda libre (disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro):

– Unha praza de auxiliar administrativo/a de biblioteca, persoal funcionario.

– Dúas prazas de administrativo/a de servizos económicos, persoal funcionario.

– Unha praza de AEDL, persoal laboral.

– Unha praza de asistente/a social, persoal laboral.

– Dezasete prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a de servizos sociais, persoal laboral.

– Unha praza de educador/a familiar, persoal laboral.

– Cinco prazas de limpador/a, persoal laboral.

– Unha praza de limpador/a, persoal laboral (ao 50 % da xornada laboral).

– Dúas prazas de operario do grupo E polideportivo, persoal laboral.

– Unha praza de psicólogo/a, persoal laboral (ao 66,66 % da xornada).

– Unha praza de subalterno/a da Administración xeral, persoal laboral.

Sistema selectivo de concurso-oposición, en quenda libre (artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro):

– Oito prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral.

– Unha praza de limpador/a, persoal laboral (ao 50 % da xornada laboral).

– Dúas prazas de peón/peoa, persoal laboral.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Cedeira, 18 de xaneiro de 2023

Manuel Pérez Riola
Alcalde accidental