Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO do proceso selectivo de estabilización do emprego temporal para o persoal funcionario e laboral fixo (oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022), ao abeiro do artigo 2 e da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 237, do 14 de decembro de 2022, mediante cadanseu anuncio, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria de:

– Selección de persoal funcionario e laboral fixo, no proceso de estabilización do emprego temporal (OEP extraordinaria do ano 2022), artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e

– Selección de persoal laboral fixo no proceso de estabilización (OEP extraordinaria do ano 2022), disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 19, do 27 de xaneiro de 2023, publicouse unha corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

As Neves, 27 de xaneiro de 2023

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente