Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14983

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúe un aspirante no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

No DOG núm. 224, do 25 de novembro de 2019, publicouse a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Mediante a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, aprobáronse e fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 109, do 5 de xuño).

A base I.2.7 da convocatoria dispón que non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

En virtude das actuacións realizadas en aplicación da base I.2.7 da convocatoria, compróbase que o aspirante José Alberto Taboada Maquieira (con NIF ***7777**) xa pertence ao corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2; polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír o aspirante José Alberto Taboada Maquieira (con NIF ***7777**) do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, por xa pertencer ao corpo obxecto desta convocatoria.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública