Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14985

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de condutor.

Mediante a Resolución reitoral do 4 de novembro de 2022 (DOG do 18 de novembro), convocáronse as probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional condutor, grupo III, unha pola quenda de acceso libre e outra pola quenda de promoción interna, vacantes no cadro de persoal laboral.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Modificar o tribunal da resolución de convocatoria nos seguintes termos:

Aceptar a renuncia como vogal titular do tribunal suplente de Luisa Ferreiro Couselo, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, e substituíla por Marcos Joaquín Bermúdez Rivas, auxiliar técnico de infraestruturas e conservación (subgrupo C1), escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares da Deputación Provincial da Coruña.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela