Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14987

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (soprado de vidro e cuarzo).

Mediante a Resolución reitoral do 25 de novembro de 2022 (DOG do 12 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (soprado de vidro e cuarzo), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela