Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15062

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galicia Calidade, S.A.

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2023 de modificación do anuncio das bases que regulan o proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías desta entidade instrumental (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022).

Mediante o Anuncio do 15 de febreiro de 2023 modifícase o anuncio das bases que regulan o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia Galicia Calidade, S.A.U. (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022).

O contido da modificación pode consultarse na páxina web de Galicia Calidade, S.A.U.:

https://www.galiciacalidade.gal/GL/content/lei-de-transparencia

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Presidente do Consello de Administración
de Galicia Calidade, S.A.U.