Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2023, da Xerencia Municipal de Urbanismo, das bases que rexerán a oferta de 2021/2022.

Con data do 24 de xaneiro de 2023 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público de 2021/2022. As prazas vacantes son as seguintes:

• Dúas de técnico/a de Administración xeral (acceso libre).

• Unha de técnico/a de xestión (promoción interna).

• Tres de administrativo/a (dúas de acceso libre e unha de promoción interna).

• Dúas de auxiliar administrativo/a (unha de acceso libre e unha de promoción interna).

Vigo, 1 de febreiro 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo