Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2023 referente á convocatoria e ás bases reguladoras dos procesos de provisión (mobilidade) e de selección (promoción interna) para o acceso a varias categorías do corpo da Policía local correspondentes con prazas da oferta de emprego público ordinaria do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 15, do luns 23 de xaneiro de 2023, publicáronse as bases reguladoras dos procesos de provisión (mobilidade) e de selección (promoción interna) para o acceso a varias categorías do corpo da Policía local correspondentes con prazas da OEP ordinaria do ano 2022.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 10 de xaneiro de 2023, os procesos de provisión de postos, polo sistema de mobilidade, para a provisión dos postos vacantes no Concello de Pontevedra incluídos na oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2022 que a seguir se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais. Número de vacantes: 2. Denominación: policía.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a.

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de provisión sinalados será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín oficial del Estado, logo de se publicaren os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Así mesmo, na mesma resolución convocouse, mediante o proceso selectivo para a cobertura pola quenda de promoción interna, a praza vacante no Concello de Pontevedra incluída na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 que a seguir se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase: policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial.

O prazo de presentación de instancias para participar no antedito proceso de selección será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, logo de se publicaren os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura