Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15057

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negueira de Muñiz

ANUNCIO referente á convocatoria para prover diversas prazas.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 19 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que, ao abeiro do disposto no artigo dous e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, rexerán a provisión das seguintes prazas:

Concurso en quenda libre, como laboral fixo: 1 enxeñeiro/a técnico/a Forstal, unha praza de auxiliar de axuda no fogar e limpador/a (quenda completa) e unha praza de auxiliar de axuda no fogar (4 horas).

Estas bases foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 264, do 26 de decembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Negueira de Muñiz, 17 de xaneiro de 2023

José Manuel Braña Pereda
Alcalde presidente