Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da aprobación da oferta pública de emprego de 2022 (expediente 2573/2020).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Caldas de Reis, en sesión extraordinaria urxente do 27 de xaneiro de 2023, aprobou a oferta de emprego público do ano 2022 que di:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén as seguintes prazas:

Núm.

Praza

Código da praza RPT

Sistema de acceso

Vínculo praza

1

Oficial/a de policía local

04.00.00.03

Promoción interna

Funcionario/a

1

Policía local

04.00.00.14

Acceso libre

Funcionario/a

1

Oficial/a electricista

06.01.00.04

Acceso libre

concurso-oposición

Laboral

1

Auxiliar administrativo/a

06.01.00.13

Acceso libre

oposición

Funcionario/a

1

Técnico/a de xestión persoal

02.03.00.01

Acceso libre

concurso-oposición

Funcionario/a

1

Enxeñeiro/a técnico/a

03.00.00.02

Acceso libre

concurso-oposición

Funcionario/a

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados desde a súa data de publicación.

Contra o acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente o recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de interpoñerse recurso de reposición, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será igualmente de dous meses a contar desde a notificación da resolución desestimatoria do recurso de reposición, se fose expresa, ou desde a súa desestimación tácita, que se producirá no prazo de seis meses se non se resolve o recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que interpoña calquera outro que estime procedente.

Caldas de Reis, 1 de febreiro de 2023

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente