Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15250

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO referente á convocatoria e ás bases de estabilización do emprego temporal para prover varias prazas (OEP de 2022).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 245, do 26 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal, recollidas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do exercicio 2022, polo sistema de concurso-oposición, aprobada pola Resolución da Alcaldía número 2022-1107, do 11 de maio, publicada no DOG número 100, do 25 de maio, que a seguir se relacionan:

Prazas de persoal laboral:

Código

Denominación

Grupo

Sistema selectivo

05.01.00.06

Operario/a de obras e servizos

V

Concurso-oposición

05.04.00.02

Operario/a de obras e servizos

V

Concurso-oposición

09.00.00.02

Operario/a de obras e servizos

V

Concurso-oposición

09.00.00.04

Operario/a de obras e servizos

V

Concurso-oposición

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 26 de xaneiro de 2023

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde