Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 31 de xaneiro de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 760 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 127,00 m2.
Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).
Remate da vixencia: 12.7.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa.
Actuais titulares: Francisco Vilas González (***0695**) e Hermosinda Rivas Rivas (***3876**).
Novos titulares: Mónica Vilas Rivas (***4963**) e Enrique Vilas Rivas (***4963**).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Vigo, 1 de febreiro de 2023
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo