Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas C.G. II, Pilar III e M.L. III.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas C.G. II, Pilar III e M.L. III e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 19 de decembro de 2022, María Dolores Buceta González solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas C.G. II, Pilar III e M.L. III.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Dolores Buceta González (***8020**), das concesións administrativas e dos establecementos que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.G. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 7.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Juan Seoane Moreira (***4342**) e María Dolores Buceta González (***8020**).

Nova titular: María Dolores Buceta González (***8020**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pilar III.

Situación:

Cuadrícula nº: 25.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.2.1953.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Juan Seoane Moreira (***4342**), María Dolores Buceta González (***8020**), Andrés Alberto Seoane Moreira (***5610**), José Carlos Seoane Moreira (***8081**), María Jesús Santamaría Maneiro (***7788**) e Mónica Cameán Sanisidro (***6558**).

Novos titulares: María Dolores Buceta González (***8020**), Andrés Alberto Seoane Moreira (***5610**), José Carlos Seoane Moreira (***8081**), María Jesús Santamaría Maneiro (***7788**) e Mónica Cameán Sanisidro (***6558**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M.L. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 76.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Juan Seoane Moreira (***4342**) e María Dolores Buceta González (***8020**).

Nova titular: María Dolores Buceta González (***8020**).

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de febreiro de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña