Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15292

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 18 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios de 2021 e 2022 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 18.4 da Orde do 18 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios de 2021 e 2022, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para os anos 2021 e 2022.

Obxecto da axuda: desenvolvemento de plans de formación por parte das organizacións sindicais e asociacións empresariais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia e dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva:

Na liña 1: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.a) da orde de convocatoria.

Na liña 2: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.b) da orde de convocatoria.

Norma reguladora: Orde do 18 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios de 2021 e 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 170, do 3 de setembro de 2021).

Crédito orzamentario: 554.964 € (cincocentos cincuenta e catro mil novecentos sesenta e catro euros), recollido na aplicación 11.03.324A.481.2, código de proxecto 2020 0013, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021:

Ano 2021: 138.741 € (cento trinta e oito mil setecentos corenta e un euros).

Ano 2022: 416.223 € (catrocentos dezaseis mil douscentos vinte e tres euros.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Anexo

Beneficiarias liña 1

Nº expte.

Entidade

NIF

Importe 2021

Importe 2022

TR807K 2021-01

Confederación Intersindical Galega

G36706927

16.156,70 €

48.470,10 €

TR807K 2021-02

Unión Xeral de Traballadores Galicia

G15383011

16.145,00 €

48.435,00 €

TR807K 2021-03

Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

G15103112

16.050,00 €

48.150,00 €

TR807K 2021-04

Central Sindical Independiente y de Funcionarios

G79514378

14.696,75 €

44.090,25 €

TR807K 2021-05

Confederación de Empresarios de Galicia

G15080476

48.532,50 €

145.597,50 €

Total

111.580,95 €

334.742,85 €

Anexo

Beneficiarias liña 2

Nº expte.

Entidade

NIF

Importe 2021

Importe 2022

TR807L 2021-01

Confederación Intersindical Galega

G36706927

3.685,50 €

11.056,50 €

TR807L 2021-02

UGT-servizos públicos

G78085149

3.750,00 €

11.250,00 €

TR807L 2021-03

Federación Nacional Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia

G87589909

3.750,00 €

11.250,00 €

TR807L 2021-04

UGT-Fica Galicia

G87582524

3.750,00 €

11.250,00 €

TR807L 2021-05

Central Sindical Independiente y de Funcionarios

G79514378

3.559,25 €

10.677,75 €

TR807L 2021-08

Federación Provincial de Comercio, Turismo y Mercados de Pontevedra

G27765502

3.687,50 €

11.062,50 €

Total

22.182,25 €

66.546,75 €