Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15291

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 29, do venres 10 de febreiro de 2023, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 13030, onde di: «5. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa foron beneficiarias destas axudas polas mesmas liñas ou subliñas en convocatorias anteriores.»; debe dicir: «5. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa foran beneficiarias destas axudas, polas mesmas liñas ou subliñas en convocatorias anteriores, excepto no estipulado no artigo 6 desta orde».