Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento do expediente 2022/174/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada e que se indica no anexo, para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación que figuran no dito anexo.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou do seu representante, debidamente acreditado, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, e advírtese que, de non o facer, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terá dez (10) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 27 de xaneiro de 2023

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2022/174/27.

Interesado: Luis Roberto Grefa Logacho.

Actos administrativos que se notifican:

– Establecemento urxente de medida administrativa do día 24 de novembro de 2022.

– Comunicación do inicio do trámite de audiencia do día 3 de xaneiro de 2023.