Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15392

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:

Na páxina 67055, na exposición de motivos, onde di:

«Modifícase tamén o Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto. O obxecto da modificación é adecuar as funcións dos órganos da área de xestión tributaria como consecuencia da asunción, a partir do 1 de xaneiro de 2023, do imposto estatal sobre o depósito de residuos en entulleiras, a incineración e a coincineración de residuos. Ademais, derivado da asunción paulatina da recadación en período executivo levada a cabo nas zonas de recadación, modifícanse as funcións do Departamento de Control Tributario, dependente da área de Inspección Tributaria, e a estrutura organizativa da área de recadación para crear un novo departamento. Por último, redistribúense as funcións que corresponden aos departamentos da área de colaboración social, información e asistencia».

Debe dicir:

«Modifícase tamén o Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto. O obxecto da modificación é adecuar as funcións dos órganos da Área de Xestión Tributaria como consecuencia da asunción, a partir do 1 de xaneiro de 2023, do imposto estatal sobre o depósito de residuos en entulleiras, a incineración e a coincineración de residuos. Ademais, derivado da asunción paulatina da recadación en período executivo levada a cabo nas zonas de recadación, modifícanse as funcións do Departamento de Control Tributario, dependente da Área de Inspección Tributaria, e a estrutura organizativa da Área de Recadación para crear un novo departamento. Por último, redistribúense as funcións que corresponden aos departamentos da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia».

Na páxina 67070, no artigo 8. Taxas, punto vinte e sete, onde di:

«Deslindamentos de dereitos mineiros

Da tarifa consignada na subalínea 04 da alínea 29 da alínea 04

50 %»

Debe dicir:

«Deslindamentos de dereitos mineiros

Da tarifa consignada na subalínea 04 da alínea 29

50 %»

Na páxina 67100, no artigo 19, punto seis f), onde di:

«Criterio 5. A realización das tarefas de roza e queimas controladas non se desenvolverá en abril, maio e xuño, salvo que exista unha xustificación de non afección ás especies de interese u outras circunstancias apreciadas polo órgano competente en patrimonio natural».

Debe dicir:

«Criterio 5. A realización das tarefas de roza e queimas controladas non se desenvolverá en abril, maio e xuño, salvo que exista unha xustificación de non afección ás especies de interese ou outras circunstancias apreciadas polo órgano competente en patrimonio natural».

Na páxina 67111, artigo 19, punto trinta e dous, onde di:

«iv) Considéranse actividades suxeitas a autorización preceptiva a implantación de pasteiros, a realización de repoboacións forestais e os cultivos, nas áreas ocupadas no momento da declaración do LIC, por queirogais secos (4030), incluídas dentro das unidades ambientais UA310 Grandes superficies de queirogais e UA320 Matogueiras e medios rochosos silíceos, ata un máximo anual do 2 % do tipo de hábitat no espazo protexido. Quedan excluídos desta porcentaxe os terreos que conten con instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados pola normativa forestal e que conten con informe favorable do órgano competente en materia de patrimonio natural, así como as actuacións de mantemento das faixas de xestión de biomasa.

3º) As autorizacións estarán sometidas ás seguintes condicións: ... »

Debe dicir:

«i) Considéranse actividades suxeitas a autorización preceptiva a implantación de pasteiros, a realización de repoboacións forestais e os cultivos, nas áreas ocupadas no momento da declaración do LIC por queirogais secos (4030), incluídas dentro das unidades ambientais UA310 Grandes superficies de queirogais e UA320 Matogueiras e medios rochosos silíceos, ata un máximo anual do 2 % do tipo de hábitat no espazo protexido. Quedan excluídos desta porcentaxe os terreos que conten con instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados pola normativa forestal e que conten con informe favorable do órgano competente en materia de patrimonio natural, así como as actuacións de mantemento das faixas de xestión de biomasa.

As autorizacións estarán sometidas ás seguintes condicións: ... »

Na páxina 67143, no artigo 26, punto dezaseis, onde di:

«3. No caso de que o estudo de viabilidade comprenda os contidos do proxecto básico recollidos nas letras b) e e) do artigo 86.1,...»

Debe dicir:

«3. No caso de que o estudo de viabilidade comprenda os contidos do proxecto básico recollidos nas letras b) a e) do artigo 86.1,...»

Na páxina 67172, no artigo 46, punto tres, onde di:

«3. Tendo en conta [...], de acordo co establecido no artigo 1.2 do citado Real decreto lei 22/2020...»

Debe dicir:

«3. Tendo en conta [...], de acordo co establecido no artigo 1.2 do citado Real decreto lei 23/2020...»

Na páxina 67196, no artigo 57, onde di:

«Artigo 57. Modificación da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia

Modifícase a Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, do seguinte xeito:

Engádese un novo artigo 26 na Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, coa seguinte redacción: »

Debe dicir:

«Artigo 57. Modificación da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia

Engádese un novo artigo 26 na Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, coa seguinte redacción:»