Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15547

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia núm. 247, do 28 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra:

1. Seis prazas de administrativo/a da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna, unha delas reservada a persoas con discapacidade (ofertadas nos anos 2021 e 2022).

2. Catro prazas de administrativo/a, rama tributaria, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no grupo C1, quenda de promoción interna (ofertadas no ano 2022).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2023

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL