Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiso

ANUNCIO da convocatoria e proceso de selección, por concurso-oposición, de persoal funcionario interino educador/a familiar.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Santiso, do 14 de febreiro de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de educador/a familiar, en réxime de interinidade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 35, do 20 de febreiro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para cubrir unha praza de educador/a familiar, en réxime de interinidade, cuxas características son:

Denominación do posto: educador/a familiar.

Subgrupo: A2.

Titulación académica: diplomatura/grao en Educación Social, diplomatura/grao en Traballo Social, licenciatura ou grao en Pedagoxía, Psicoloxía ou Psicopedagoxía, diplomatura ou grao en Maxisterio que, con anterioridade ao ano 2003, veñan desenvolvendo o programa e que estean acreditados para levar a cabo programas de educación familiar. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP núm. 35).

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Santiso, https://santiso.gal/

Santiso, 20 de febreiro de 2023

Manuel Adán López
Alcalde