Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15671

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2022 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.3.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo de 2023, a partir das 15.30 horas, na sala E do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Segundo. O chamamento das persoas aspirantes realizarase de acordo co previsto na base II.1.4.1 da convocatoria e a orde de actuación será a seguinte:

Día

NIF

Apelidos e nome

6 de marzo

***9004**

***2528**

***5528**

***2784**

Conde Delgado, Leticia

Ferreiro Fernández, Iago

Fraga Martínez, María del Rosario

García García, Mirian

7 de marzo

***0104**

***8334**

***8167**

Garrido Antelo, Iria

González Vázquez, David

López Fernández, Elba

8 de marzo

***5939**

***8232**

***6658**

Mosquera Rey, Ana María

Peitieiros García, Antía

Pombo Arzúa, José Manuel

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2023

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal