Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15558

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 13 de febreiro de 2023 pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1º.30 da Constitución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na redacción dada pola Lei orgánica 3/2020, do 20 de decembro, establece no seu artigo 34.7 que lles corresponde ás administracións educativas a ordenación das materias optativas, e o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, determina no seu artigo 14.1 que lles corresponde ás administracións educativas a regulación da oferta das materias optativas do bacharelato, que deberá incluír, cando menos, unha segunda lingua estranxeira.

O Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, determina no seu artigo 10.7 que todo o alumnado do primeiro curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa, e no seu artigo 11.7, que todo o alumnado do segundo curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa. Tamén establece que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo desas materias optativas.

En consecuencia, de conformidade co exposto e no uso da habilitación normativa que figura na disposición derradeira segunda do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, como conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer o currículo das materias optativas do bacharelato e regular a súa oferta.

2. Esta orde será de aplicación nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan as ensinanzas de bacharelato.

Artigo 2. Materias optativas

1. As materias optativas no bacharelato contribúen a completar a formación do alumnado en aspectos propios da modalidade elixida ou ampliando a propia formación xeral e teñen a mesma carga horaria que as materias de modalidade.

2. De conformidade co establecido no artigo 10.7 do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, todo o alumnado do primeiro curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa, en función da oferta dos centros docentes, de entre as seguintes:

– Anatomía Aplicada.

– Antropoloxía.

– Cultura Científica.

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.

– Segunda Lingua Estranxeira I.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación I.

– As materias de modalidade de primeiro curso.

3. De conformidade co establecido no artigo 11.7 do citado Decreto 157/2022, do 15 de setembro, todo o alumnado do segundo curso do bacharelato debe cursar unha materia optativa, en función da oferta dos centros docentes, de entre as seguintes:

– Métodos Estatísticos e Numéricos.

– Psicoloxía.

– Segunda Lingua Estranxeira II.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación II.

– Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia.

– As materias de modalidade de segundo curso.

Artigo 3. Oferta das materias optativas

1. Os centros docentes ofertarán, en calquera das modalidades que impartan, a materia optativa de Segunda Lingua Estranxeira.

2. O resto das materias optativas as que se refire o artigo 2 desta orde, entre as cales se encontran as materias de modalidade impartidas no centro ou non, poderán ser ofertadas en calquera das modalidades de bacharelato sempre que a organización e os recursos do centro o permitan.

3. Os centros docentes concretarán a súa oferta de materias optativas que formará parte do da súa concreción curricular.

Artigo 4. Requisitos para a oferta das materias optativas

1. Nos centros docentes públicos, as materias optativas deberán contar cun número mínimo de dez alumnas e/ou alumnos para seren impartidas.

Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderanse impartir cun número menor de alumnas ou alumnos que, en ningún caso, será inferior a cinco. Neste caso, precisarase a autorización expresa da xefatura territorial da consellería con competencias en materia de educación.

2. Na oferta das materias optativas respectarase o tratamento análogo das linguas cooficiais e os criterios establecidos no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Artigo 5. Currículo das materias optativas

1. O currículo das materias optativas do bacharelato nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia será o que se recolle para as distintas materias no anexo I desta orde.

2. O dito currículo ten a mesma estrutura curricular que a establecida no artigo 13 do citado Decreto 157/2022, do 15 de setembro.

Artigo 6. Profesorado

A atribución docente das materias optativas do bacharelato establecidas nesta orde correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticas e catedráticos de ensino secundario ou do corpo de profesorado de ensino secundario das especialidades establecidas no anexo II desta orde.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. A partir da total implantación do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2023/24, quedarán derrogadas as seguintes normas:

a) Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

b) Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

c) Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

d) Orde do 8 de xullo de 2021 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

2. Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Calendario de implantación

De acordo co calendario de implantación establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, o establecido nesta orde implantarase para o primeiro curso de bacharelato no curso escolar 2022/23.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO I

Currículo das materias

1. Anatomía Aplicada.

1.1. Introdución.

A materia de Anatomía Aplicada pretende achegar os coñecementos científicos que permitan comprender a estrutura e o funcionamento do corpo humano e a súa motricidade en relación coas manifestacións artísticas corporais e coa saúde. Ademais, constitúe a sistematización dos saberes da ciencia referidos ao ser humano como ser biolóxico desde unha perspectiva xeral e unha particular, na cal as estruturas corporais se poñen en funcionamento ao servizo da creación artística. Para acadar este obxectivo, esta materia integra coñecementos, destrezas e actitudes procedentes de diversas áreas de coñecemento como, por exemplo, a Anatomía, a Fisioloxía, a Biomecánica, a Bioquímica, ou as Ciencias da Actividade Física.

Esta materia permitiralle ao alumnado aumentar a súa comprensión do corpo humano desde o punto de vista biolóxico xeral e tamén mellorar o seu rendemento físico e artístico nas distintas artes escénicas, tendo en conta a importancia da prevención da aparición de procesos patolóxicos relacionados directa e/ou indirectamente co seu corpo.

A Anatomía Aplicada abrangue as estruturas e as funcións do corpo humano máis relacionadas coa acción motora e o seu rendemento, como son o aparello locomotor e o cardiopulmonar, ou os sistemas de control e regulación; afonda en como estas estruturas determinan o comportamento motor e as técnicas expresivas que compoñen as manifestacións artísticas corporais, e os efectos que a actividade física ten sobre elas e sobre a saúde. Na mesma liña, abórdanse tamén nocións básicas dos sistemas de achega e utilización da enerxía, e afóndase nas bases da conduta motora.

Esta materia estrutúrase en oito bloques: «O traballo nas ciencias», «A organización do corpo humano», «O aparello dixestivo e o metabolismo», «O aparello circulatorio e o respiratorio», «O aparello uroxenital», «Os sistemas de coordinación e de regulación», «O aparello locomotor e o movemento» e «Expresión e comunicación corporal».

No bloque 1, «O traballo nas ciencias», comézase a abordar esta materia, cun bloque transversal en relación coa metodoloxía de traballo, é dicir, a partir da análise e do coñecemento do método científico, valorando o traballo das persoas dedicadas á ciencia e a súa relevancia nos avances sociais en distintos ámbitos.

No bloque 2, «A organización do corpo humano», faise unha descrición da organización xeral do corpo humano utilizando distintas estratexias e formatos para a súa análise, e tamén un breve percorrido pola evolución histórica dos canons de beleza e a súa influencia na sociedade.

No bloque 3, «O aparello dixestivo e o metabolismo», abórdanse os distintos aspectos anatómicos e fisiolóxicos relacionados coa alimentación e a nutrición, para finalizar reflexionando sobre a importancia de incorporar hábitos nutricionais que incidan favorablemente na saúde, analizando tamén cales son os factores sociais que conducen á aparición dos trastornos alimenticios máis comúns.

No bloque 4, «O aparello circulatorio e o respiratorio», estúdanse as principais características anatómicas e fisiolóxicas que os conforman, analizando cales son as enfermidades máis comúns relacionadas con eles e reflexionando sobre a importancia de incorporar hábitos saudables ás nosas vidas.

No bloque 5, «O aparello uroxenital», realízase unha identificación e descrición das distintas partes que forman os aparellos excretor e reprodutor, así como das súas funcións, e da importancia de manter hábitos saudables relacionados con eles para acadar unha saúde integral.

No bloque 6, «Os sistemas de coordinación e de regulación», identifícanse o sistema nervioso e o endócrino como responsables da coordinación e regulación xeral do organismo; estúdanse tamén as principais enfermidades relacionadas con eles, así como os efectos das drogas sobre o sistema nervioso e a súa prevención.

No bloque 7, «O aparello locomotor e o movemento», localízanse os principais compoñentes do aparello locomotor, estúdase a súa fisioloxía e identifícanse as principais enfermidades e lesións dos seus compoñentes. Analízanse tamén as características da execución das accións motoras co obxectivo de relacionalas directa e/ou indirectamente coa finalidade expresiva das actividades artísticas.

No bloque 8, «Expresión e comunicación corporal», identifícanse as diferentes formas de expresión corporal e o seu papel no desenvolvemento persoal e social, como un medio de comunicación que utiliza unha linguaxe propia como fonte de desenvolvemento creativo.

En conclusión, a materia de Anatomía Aplicada preséntase como unha ampliación dos contidos científicos e técnicos estudados na educación secundaria obrigatoria e tamén como unha oportunidade para relacionar os coñecementos adquiridos con etapas posteriores como, por exemplo, os ciclos formativos e graos relacionados coas ciencias da saúde e a actividade física, ou mesmo con ensinanzas artísticas superiores.

1.2. Obxectivos.

Obxectivos da área

OBX1. Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre eles con precisión e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos, procesos, métodos, experimentos ou resultados relacionados coa anatomía humana.

• A comunicación é un aspecto esencial da ciencia e o seu progreso, imprescindible para a colaboración entre científicas e científicos e a difusión do coñecemento, facilitando a súa revisión e ampliación por parte da comunidade científica e a súa utilización na mellora da sociedade.

• Dada a súa natureza científica, esta materia contribúe a que o alumnado desenvolva as destrezas necesarias para analizar as ideas máis relevantes dunha información de carácter científico (en forma de artigos, diagramas, táboas, gráficos, modelos, etc.) e comunicalas de maneira sinxela, precisa e veraz, utilizando formatos variados (exposición oral, plataformas virtuais, presentación de diapositivas e pósteres, entre outros), tanto de forma analóxica como a través de medios dixitais.

• Do mesmo xeito, este obxectivo busca potenciar a argumentación, esencial para o desenvolvemento social e profesional do alumnado. A argumentación en debates, foros ou outras vías dá a oportunidade de defender, de maneira lóxica e fundamentada, as propias posturas, pero tamén de comprender e asimilar as ideas doutras persoas.

OBX2. Localizar e utilizar fontes fiables identificando, seleccionando e organizando a información, avaliándoa criticamente, e contrastando a súa veracidade para resolver preguntas relacionadas coa anatomía humana.

• Obter información relevante co fin de resolver dúbidas, adquirir novos coñecementos ou comprobar a veracidade de afirmacións ou noticias é unha destreza esencial para toda a cidadanía. Así mesmo, toda investigación científica comeza coa coidadosa recompilación de publicacións relevantes da área de estudo, o que implica que é necesario coñecer e utilizar fontes fidedignas e seleccionar nelas a información relevante para responder ás cuestións expostas.

• Ademais, a aprendizaxe ao longo da vida require ter sentido crítico para identificar as fontes ou institucións adecuadas, cribar a información e seleccionar a que resulte relevante de acordo co fin exposto. Con todo, a información veraz convive con boatos, teorías conspiratorias e informacións incompletas ou pseudocientíficas. Por iso, é de vital importancia que o alumnado desenvolva un espírito crítico e contraste e avalíe a información obtida.

• Así mesmo, dada a madurez intelectual do alumnado desta etapa educativa, fomentarase que expoña estas cuestións seguindo a súa propia curiosidade e mostrando iniciativa. Ademais, a través deste obxectivo o alumnado adquire conciencia sobre a relevancia que a ciencia ten na sociedade actual.

OBX3. Analizar traballos de investigación ou divulgación relacionados coa anatomía humana, comprobando con sentido crítico a súa veracidade e/ou se seguen correctamente os pasos do método científico para avaliar a fiabilidade das súas conclusións.

• O coñecemento científico constrúese a partir de evidencias obtidas da observación obxectiva e a experimentación. A súa finalidade é explicar o funcionamento do mundo que nos rodea e achegar solucións a problemas. Ademais, todo o traballo científico debe seguir o proceso de revisión por pares, sobre o cal se sustentan o rigor e a veracidade da ciencia.

• O pensamento crítico comeza nas primeiras etapas educativas e continúa desenvolvéndose de xeito significativo no bacharelato. Ademais, a análise das conclusións dun traballo científico en relación cos resultados observables implica fomentar no alumnado non só o pensamento crítico, senón tamén as destrezas comunicativas e o razoamento lóxico.

• Así mesmo, a análise e a formulación de dúbidas que se desenvolven a través deste obxectivo son útiles en contextos non científicos e preparan o alumnado para o recoñecemento de falacias, noticias falsas e información pseudocientífica, e para formar unha opinión propia baseada en razoamentos e evidencias, o que contribuirá positivamente á súa integración persoal e profesional e á súa participación na sociedade democrática.

OBX4. Expor e resolver problemas e cuestións buscando e utilizando as estratexias adecuadas, analizando criticamente as solucións e reformulando o procedemento, se for necesario, para explicar fenómenos relacionados coa anatomía humana.

• A resolución de problemas e cuestións é unha parte da ciencia que emprega o razoamento como base fundamental. Deste xeito, preténdese que o alumnado busque novas estratexias de resolución cando as que ten adquiridas non sexan suficientes. Para iso, será necesario utilizar diferentes ferramentas e recursos tecnolóxicos e mostrar unha actitude positiva cara aos retos e ás situacións de incerteza e resiliencia para seguir probando novas vías de resolución en caso de falta de éxito inicial ou ben coa intención de mellorar os resultados.

• Ademais, é importante traballar a iniciativa no alumnado para que expoña novas cuestións ou problemas que se poidan resolver utilizando o razoamento e outras estratexias.

OBX5. Analizar criticamente os efectos de determinadas accións sobre a saúde baseándose nos fundamentos da anatomía humana, para promover e adoptar hábitos que permitan manter e mellorar a saúde individual e colectiva.

• Na sociedade actual é imprescindible transmitir actitudes e estilos de vida compatibles co mantemento e coa mellora da saúde. Existen condutas como o consumismo, o sedentarismo, dietas hipercalóricas, as adiccións ou os comportamentos compulsivos que teñen graves consecuencias sobre a saúde da poboación. Por isto é esencial que o alumnado coñeza a anatomía e a fisioloxía do seu propio corpo e que valore a saúde individual e colectiva.

• Este obxectivo, ademais, busca que o alumnado tome iniciativas encamiñadas a analizar criticamente os seus propios hábitos e os dos membros da comunidade educativa, desenvolvendo unha actitude crítica ante eles baseada nos fundamentos da anatomía e a fisioloxía e que propoña medidas para o cambio positivo cara a un modo de vida máis saudable e sustentable.

OBX6. Analizar os elementos anatómicos humanos utilizando fundamentos científicos para explicar a súa fisioloxía e relacionar esta coas actividades físicas e artísticas.

• Coñecer a organización básica do corpo humano empregando os fundamentos científicos levará o alumando a afondar sobre as características xerais, a estrutura anatómica e a fisioloxía dos diferentes aparellos e sistemas, xa que conta cun maior grao de madurez para traballar este obxectivo respecto da etapa educativa anterior.

• Polo tanto, poderá relacionar e pór en práctica estes coñecementos, non só con diferentes aspectos relacionados coa vida cotiá, senón tamén coas aplicacións que teñen estes coas actividades físicas e artísticas que poderán desenvolver ao longo da súa vida.

1.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Materia de Anatomía Aplicada

1º curso

Bloque 1. O traballo nas ciencias

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Utilizar a metodoloxía científica na resolución de problemas sobre o funcionamento do corpo humano, a saúde, a motricidade e as actividades artísticas.

OBX3

• CA1.2. Elaborar proxectos utilizando as estratexias adecuadas tanto no seu procedemento de traballo como na comunicación de procesos e resultados.

OBX3

• CA1.3. Utilizar de forma segura e respectuosa co medio natural os espazos e recursos de aprendizaxe científica.

OBX3

• CA1.4. Valorar a ciencia recoñecendo a actividade desenvolvida polas persoas que se dedican a ela e a súa contribución ao avance da sociedade humana en diferentes ámbitos, así como tamén o papel das mulleres nela.

OBX2

Contidos

• Metodoloxía científica de traballo na resolución de problemas sobre o funcionamento do corpo humano, a saúde, a motricidade e as actividades artísticas.

• Estratexias para a elaboración de proxectos e de comunicación no proceso de aprendizaxe.

– Formulación de hipóteses e preguntas.

– Procura, recoñecemento e utilización de fontes fiables de información.

– Comunicación de procesos e resultados con vocabulario científico a través de ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe e outros).

– Linguaxe científico: interpretación, produción e comunicación eficaz de información de carácter científico no contexto académico en diferentes formatos.

• Espazos e recursos de aprendizaxe científica (como o laboratorio e os espazos virtuais): utilización adecuada que asegure a conservación da saúde propia e a comunitaria, a seguridade e o respecto ao ambiente.

• Valoración da ciencia e da actividade desenvolvida polas persoas que se dedican a ela, e recoñecemento da súa contribución aos distintos ámbitos do saber humano e no avance e a mellora da sociedade. O papel das mulleres.

Bloque 2. A organización do corpo humano

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Identificar e localizar os termos básicos da anatomía humana utilizando diagramas e modelos.

OBX2

• CA2.2 Describir a organización xeral do corpo humano a través da localización dos diferentes tecidos, órganos, aparellos e sistemas, e a identificación das súas funcións.

OBX6

• CA2.3. Interpretar e comprender a evolución dos canons de beleza ao longo da historia e a súa influencia na sociedade.

OBX2

Contidos

• Terminoloxía básica da anatomía humana.

– Planos e cortes anatómicos. Posición e dirección.

– Rexións e cavidades do corpo humano.

• Niveis de organización do corpo humano.

– As células

– Os tecidos.

– Os órganos, aparellos e sistemas.

• Funcións vitais.

• Os canons de beleza ao longo da historia.

Bloque 3. O aparello dixestivo e o metabolismo

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Recoñecer os procesos de dixestión e absorción de alimentos e nutrientes, explicando as estruturas orgánicas implicadas en cada un.

OBX6

• CA3.2. Reflexionar sobre a importancia da alimentación e da nutrición para o bo funcionamento do organismo, recoñecendo as súas diferenzas e funcións básicas.

OBX5

• CA3.3. Valorar os hábitos nutricionais que inciden favorablemente na saúde, relacionando os tipos de dietas co balance enerxético establecido segundo as actividades realizadas.

OBX4

• CA3.4. Identificar os trastornos alimenticios máis comúns e os efectos que teñen sobre a saúde, analizando os factores sociais que conducen á aparición daqueles.

OBX5

• CA3.5. Identificar e diferenciar os procesos que comprende o metabolismo aeróbico e anaeróbico, establecendo os mecanismos enerxéticos que interveñen na acción motora, co fin de xestionar a enerxía e mellorar a eficiencia da acción.

OBX4

Contidos

• O aparello dixestivo.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– Alimentación e nutrición. Tipos de nutrientes e de alimentos.

– Dieta equilibrada e a súa relación coa saúde. Balance enerxético.

– Pautas saudables de alimentación en función da actividade realizada.

– Trastornos do comportamento nutricional: dietas restritivas, anorexia e bulimia.

– Factores sociais e derivados da propia actividade física e artística que conducen á aparición de distintos tipos de trastorno do comportamento nutricional.

• Metabolismo humano.

– Principais vías metabólicas de obtención de enerxía. Metabolismo aeróbico e anaeróbico.

– Metabolismo enerxético e actividade física.

Bloque 4. O aparello circulatorio e o respiratorio

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Recoñecer as características xerais dos aparellos circulatorio, respiratorio e fonador, e describir a anatomía e a función dos distintos órganos que conforman os ditos aparellos empregando diferentes soportes e recursos.

OBX1

• CA4.2. Explicar o percorrido do sangue na circulación maior e menor, identificando as estruturas implicadas en imaxes en diferentes formatos e valorando os parámetros de saúde cardiovascular.

OBX4

• CA4.3. Explicar os movementos respiratorios de inspiración e expiración distinguindo os órganos e as estruturas implicadas.

OBX6

• CA4.4. Analizar as enfermidades máis comúns dos aparellos circulatorio, respiratorio e fonador relacionándoas coas súas causas, síntomas e tratamentos.

OBX5

• CA4.5. Reflexionar sobre a importancia de hábitos saudables relacionados cos aparellos circulatorio, respiratorio e fonador, localizando, seleccionando e organizando a información.

OBX5

Contidos

• O aparello circulatorio.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– A circulación.

– Parámetros de saúde cardiovascular.

– Enfermidades e hábitos saudables.

• O aparello respiratorio.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– O proceso respiratorio.

– Coordinación da respiración co movemento corporal e a súa intensidade.

– Enfermidades e hábitos saudables.

• O aparello fonador.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– Enfermidades e hábitos saudables.

Bloque 5. O aparello uroxenital

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Describir a anatomía e identificar a función das distintas partes do aparello excretor e reprodutor empregando diferentes soportes e recursos.

OBX1

• CA5.2. Analizar as enfermidades máis comúns dos aparellos excretor e reprodutor relacionándoas coas súas causas, síntomas e tratamentos.

OBX5

• CA5.3. Reflexionar sobre a importancia de hábitos saudables relacionados co aparello excretor e reprodutor, localizando, seleccionado e organizando a información.

OBX5

Contidos

• O aparello excretor.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– Enfermidades e hábitos saudables.

• O aparello reprodutor.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– Enfermidades e hábitos saudables.

Bloque 6. Os sistemas de coordinación e de regulación

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Valorar os sistemas nervioso e endócrino como responsables da coordinación e regulación xeral do organismo, recoñecendo as características xerais de cada un deles.

OBX1

• CA6.2. Describir a anatomía e función das partes dos órganos sensoriais, dos compoñentes do sistema nervioso e das glándulas do sistema endócrino, empregando diferentes soportes e recursos.

OBX6

• CA6.3. Diferenciar os movementos reflexos e voluntarios e relacionalos cos órganos implicados en cada un utilizando esquemas ou debuxos.

OBX6

• CA6.4. Diferenciar as funcións de cada glándula endócrina localizando cada unha delas e empregando diferentes soportes e recursos.

OBX6

• CA6.5. Analizar as enfermidades máis comúns dos sistemas nervioso e endócrino relacionándoas coas súas causas, síntomas e tratamentos, e recoñecendo os efectos das drogas sobre o sistema nervioso, así como a súa prevención.

OBX5

• CA6.6. Reflexionar sobre a importancia de hábitos saudables relacionados co Sistemas nervioso e endócrino, localizando, seleccionado e organizando a información.

OBX5

Contidos

• O sistema nervioso.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– Os órganos sensoriais. Anatomía e fisioloxía.

– Movementos reflexos e voluntarios.

– Enfermidades e hábitos saudables.

– Drogas legais e ilegais. Prevención e efectos sobre a saúde.

• O sistema endócrino.

– Características xerais, estrutura anatómica e fisioloxía.

– A función hormonal.

– Enfermidades e hábitos saudables.

Bloque 7. O aparello locomotor e o movemento

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Localizar e diferenciar os compoñentes do aparello locomotor empregando diagramas e modelos.

OBX1

• CA7.2. Explicar a fisioloxía do aparello locomotor a través da función de músculos, ósos e articulacións.

OBX6

• CA7.3. Identificar as principais enfermidades e lesións do aparello locomotor recoñecendo e valorando os hábitos e costumes saudables, tanto na vida cotiá como na práctica de actividade física.

OBX5

• CA7.4. Comprender a biomecánica humana relacionándoa coas súas aplicacións.

OBX6

• CA7.5. Describir as características da execución das accións motoras empregando os termos e elementos do movemento e relacionándoas coa finalidade expresiva das actividades artísticas.

OBX6

Contidos

• Aparello locomotor. Os músculos, os ósos e as articulacións.

– Anatomía e fisioloxía.

– Enfermidades e lesións do aparello locomotor.

– Hábitos e costumes saudables. A hixiene postural.

– Importancia do quecemento e da recuperación na práctica de actividade física.

• O movemento.

– Termos e elementos do movemento.

– Características da execución das accións motoras.

– Biomecánica humana e as súas aplicacións.

– O movemento como ferramenta artístico-expresiva.

Bloque 8. Expresión e comunicación corporal

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Recoñecer as características principais da motricidade humana pondo de manifesto o seu papel no desenvolvemento persoal e social.

OBX1

• CA8.2. Comunicarse corporalmente adquirindo a conciencia do corpo e do espazo a través do movemento, da utilización de elementos rítmicos, obxectos e con focos expresivos.

OBX6

• CA8.3. Identificar as diferentes formas de expresión corporal recoñecendo a capacidade do corpo para manifestarse cunha linguaxe propia como fonte de desenvolvemento creativo.

OBX6

Contidos

• Características da motricidade humana. Achegas das actividades físicas e artísticas no desenvolvemento persoal e da sociedade.

• Toma de conciencia do corpo e do espazo. Movemento e elementos rítmicos. Focos expresivos do corpo.

• Formas de expresión corporal e fontes de desenvolvemento creativo.

1.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Anatomía Aplicada desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Anatomía Aplicada e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da área

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1-2

1

4

2-3

4

OBX2

2-3

1

4

1-2-4

4

1

2

OBX3

5

1

2-3-4

1-2

4

2-3

1

OBX4

2

1-2

1-5

5

1

OBX5

2

2-5

4

2

3-4

1

1-2

1

2-4

1

2-5

1

2-3.1-3.2

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– O entendemento da materia desde unha dobre perspectiva, teórica e práctica, promovendo no alumnado o desexo de coñecer o seu propio funcionamento como ser vivo e a súa relación directa co contorno, así como os coñecementos xerais sobre o corpo humano que lle permitan comprender o funcionamento do sistema intelecto-corpo que o constitúe.

– A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa e cooperativa de problemas, que reforzan a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

– A adquisición dos coñecementos da materia como vehículo para a súa aplicación na sociedade e como medio para gozar dos beneficios físicos e psíquicos que a práctica das actividades artísticas e a adquisición de hábitos saudables achega á sociedade.

– A posta en práctica de situacións de aprendizaxe ou actividades competenciais que enfronte o alumnado ao reto de utilizar probas e argumentar nun contexto real mediante o diálogo entre iguais, e que mobilice, de forma integrada, unha ampla variedade de coñecementos, destrezas e actitudes.

– A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

– O estímulo dunha avaliación autorreguladora, de forma continua ao longo de todo o proceso de ensino e de aprendizaxe, permitindo a modificación e a readaptación da dinámica e das actividades de aula en función das necesidades do alumnado e do contexto.

2. Antropoloxía.

2.1. Introdución.

O que diferencia claramente a Antropoloxía doutras disciplinas veciñas é, sen lugar a dúbidas, o seu marcado e específico carácter global e comparativo. Os pobos, as crenzas, a cultura... son observados baixo a potente lente dunha análise obxectiva que, de seguro, debe contribuír de xeito decisivo ao coñecemento da persoa como tal e, sinaladamente, como ser social e, hoxe, engadiriamos global. Pero ademais, esta materia proporciona múltiples perspectivas, xa que combina, dentro do vasto campo antropolóxico, outras achegas de saberes e ópticas diversas. A rica combinación de saberes e contribucións que converxen nesta materia convértena nunha área singular para tratar de insuflarlles ás alumnas e aos alumnos un aire de comprensión e universalidade que os libere do cinto de etnocentrismo que acotío preside as súas vidas.

Esta riqueza de perspectivas pode axudar o alumnado dun xeito determinante, por unha banda, a acadar unha fértil madureza como persoa e, por outra, a fixar e relacionar os diversos coñecementos que foi adquirindo na súa traxectoria académica: filosofía, bioloxía, linguas, historia, economía, arte, etc. Daquela, a Antropoloxía convértese por dereito propio nunha materia que, caracterizada pola súa inherente transversalidade, lle propón ao alumnado a reflexión como eixe fundamental dunha existencia cívica, crítica e construtiva. Pero é que a Antropoloxía, como estudo da humanidade, dos pobos antigos e modernos e dos seus estilos de vida, lle proporciona ao discente unha sorte de visión de amplo espectro que, con certeza, lle procura un horizonte de comprensión abstracto que pode axudalo, dun xeito moi específico e práctico, a entender de forma madura e intelixente o mundo global en que nos movemos e a incardinarse nel. E, desde logo, sen renunciar a achegar un punto de vista antropoloxicamente mediado da nosa realidade en Galicia. Ser quen de contrastar ou, por mellor dicir, examinar cientificamente outras crenzas e visións do mundo desde unha perspectiva eminentemente crítica é un obxectivo que se debe lograr para o enriquecemento do pensamento do alumnado e a súa propia autocomprensión como persoa galega.

O currículo da materia consta de catro bloques que reflicten a evolución histórica desta disciplina. Logo do primeiro, de carácter introdutorio, abórdanse tres bloques específicos. Comezando pola Antropoloxía filosófica, enfocada desde unha perspectiva histórica, pásase despois á Antropoloxía físicobiolóxica e finalízase facendo especial fincapé na Antropoloxía sociocultural, na cal, ademais, se lle presta unha atención específica á cultura galega mediante a realización dun traballo de campo.

2.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Identificar o obxecto de estudo da Antropoloxía, empregando con propiedade os seus conceptos e termos e discernindo entre as súas ramas e escolas para analizar e comprender os problemas propios do seu campo.

• Coñecendo a especificidade dos estudos antropolóxicos e empregando con rigor o seu vocabulario técnico, o alumnado logrará a familiarizarase cos métodos de traballo específicos da Antropoloxía que, a partir das achegas dos distintos campos pertencentes ao seu obxecto de estudo, así como das distintas ciencias humanas, sociais e naturais, lle permitirán adquirir as competencias necesarias para unha comprensión global do ser humano e o dotará da capacidade de analizar os problemas fundamentais do mundo actual, co fin de comprender as súas causas e implicarse activamente nas súas posibles solucións.

OBX2. Entender e valorar as reflexións que a filosofía vén facendo desde os seus inicios sobre a natureza humana, guiada pola intención de atopar aquel ou aqueles elementos que poidan constituír o feito radical e específico que nos caracteriza, facendo unha comparación histórica das respostas, así como confrontándoas coas achegadas por outras ramas do saber, para apreciar que, malia a historicidade das respostas, a cuestión de entender en que consiste ser humano parece que formará parte perenne das interrogacións que nos facemos para dármonos sentido e para darllo ao mundo.

• A pregunta que Kant entendía que englobaba o resto das cuestións filosóficas é a de qué é o ser humano. A antropoloxía filosófica ten un difícil encadramento nas divisións das disciplinas filosóficas porque todas as subdisciplinas parecen estar directamente relacionadas cos presupostos antropolóxicos, porque, ao cabo, toda indagación filosófica pretende dotar de sentido para os seres humanos unha serie de experiencias. Con este obxectivo, trátase de entender esta centralidade da reflexión antropolóxica ao longo da historia da filosofía e repasar de xeito crítico as distintas respostas ofrecidas para a cuestión da especificidade humana. Tamén contrastar estas reflexións da Antropoloxía filosófica coas visións sobre o ser humano ofrecidas por outras culturas e polos achados dos estudos antropolóxicos non filosóficos.

OBX3. Examinar o proceso de hominización debuxando a árbore filoxenética do ser humano e reconstruíndo o curso da evolución humana mediante o estudo dos restos fósiles, e clarificar o proceso de humanización identificando os distintos factores que interveñen nel, para manter unha actitude harmoniosa e respectuosa co medio e cos seres vivos, así como unha actitude crítica ante posturas dogmáticas respecto á aparición do ser humano ou as diferenzas entre individuos e grupos humanos.

• A pregunta pola orixe da humanidade é algo que preocupou desde sempre o ser humano. Coa aparición das ciencias naturais, e especialmente a bioloxía e a teoría da evolución, comezamos a ter un coñecemento científico acerca da orixe do ser humano a partir de especies anteriores. A Antropoloxía física ou biolóxica ocupouse, desde o seu xurdimento, do que se denominou proceso de hominización, é dicir, do estudo do ser humano como produto dun proceso evolutivo, complementado despois polas achegas da bioloxía molecular e da xenética. Para reconstruír o proceso ata a aparición do homo sapiens recorreuse ao estudo do rexistro fósil de especies anteriores e a sinalar a adquisición duns caracteres diferenciadores da nosa especie (como a bipedía, o aumento da capacidade cranial, a oposición do polgar ou a liberación das extremidades). Á vez, prodúcese a aparición da linguaxe simbólica articulada, a técnica, o manexo de ferramentas, a capacidade de produción do pensamento abstracto, a transmisión de coñecementos… en definitiva, a aparición da cultura simbólica como froito das adaptacións da nosa especie a un ambiente cambiante; é o que se denomina proceso de humanización. Ambos os procesos son de carácter inseparable, de tal maneira que un leva ao outro.

OBX4. Recoñecer a gran variabilidade da especie humana froito da bioloxía, identificando as achegas relativas á herdanza, á cultura e á interacción co ambiente nas poboacións humanas anteriores e actuais, para construír unha actitude crítica e de rexeitamento ante as discriminacións por razón de xénero, orixe racial ou étnica, lugar de nacemento ou veciñanza e unha actitude respectuosa e solidaria con todo ser humano e cos outros animais.

• A Antropoloxía biolóxica tamén se ocupa do estudo da diversidade física dos grupos humanos a partir das achegas da xenética e a bioloxía molecular. Así, a Antropoloxía xenética e molecular permítenos comprender a orixe común das poboacións humanas actuais, a gran variabilidade e diversidade entre individuos e poboacións ou grupos humanos, e a mestizaxe como característica esencial da nosa especie. A finalidade deste obxectivo é manter unha posición crítica ante valoracións ou actitudes sexistas, xenófobas ou racistas e recoñecer a riqueza que supón a variabilidade humana a nivel individual e grupal, a orixe común da especie humana e o beneficio amplamente recoñecido da mestizaxe humana. E, doutra banda, ser capaces de convivir de maneira harmoniosa con outros seres humanos, pero tamén co resto de animais e co propio planeta.

OBX5. Entender o ser humano como animal social e estudar a cultura e a sociedade desde un punto de vista antropolóxico, incidindo nos métodos de investigación e nas diferentes escolas antropolóxicas, comprendendo a importancia da endoculturación e da antropoloxía do parentesco, e analizando o etnocentrismo e o relativismo cultural, para entender a construción social da cultura, a diversidade cultural e as actuais culturas globalizadas.

• As culturas e as sociedades non son construcións fixas e indiferenciadas, senón que están atravesadas polo cambio, polo dinamismo e pola diferenciación. Este é un aspecto enriquecedor. Aprender o valor da diversidade cultural sendo quen de establecer posturas críticas e razoadas, tanto sobre o endocentrismo como sobre o relativismo cultural, permítelle ao alumnado comprender dun modo máis axustado e consistente os procesos de endoculturación e as dimensións específicas do ser humano como ser social e, polo tanto, comprender mellor todos os procesos e manifestacións do día a día que pode observar e percibir ao seu redor.

OBX6. Analizar a importancia da produción cultural, tanto material como inmaterial, para comprender os procesos de patrimonialización cultural, entender e valorar os aspectos e as manifestacións propias da cultura galega, e para poder desenvolver traballos etnográficos ou etnolóxicos sobre ela.

• As alumnas e os alumnos están inmersos no seu propio espazo sociocultural, suxeito a procesos de produción cultural tanto material como inmaterial. Desde esta premisa, e comprendendo a importancia que aspectos como o hábitat e a vivenda, as tradicións, os ritos e as crenzas, e os costumes teñen para a Antropoloxía cultural, poderán reflexionar sobre estes elementos e sobre outras manifestacións culturais dentro da propia cultura galega. E isto deberíalles permitir, por unha banda, achegarse á importancia do concepto de patrimonialización cultural e, por outra, poder desenvolver pequenos e sinxelos traballos de campo sobre aspectos culturais do seu contorno, o cal os axudará a identificar mellor aqueles elementos propios da súa cultura, e a pólos en valor.

2.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Materia de Antropoloxía

1º curso

Bloque 1. A Antropoloxía como saber

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Delimitar e precisar o campo de estudo da Antropoloxía, así como a súa metodoloxía e as súas técnicas.

OBX1

• CA1.2. Definir e concretar o obxecto peculiar de estudo das ramas da Antropoloxía.

OBX1

• CA1.3. Diferenciar a Antropoloxía doutros saberes.

OBX1

Contidos

• A Antropoloxía.

– Definición.

– Obxecto.

– Fins.

– Método e técnicas dos estudos antropolóxicos.

• Ramas da antropoloxía.

– Antropoloxía física.

– Antropoloxía sociocultural.

– Antropoloxía filosófica.

• A Antropoloxía e a súa relación con outros saberes.

Bloque 2. Antropoloxía filosófica

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Analizar o papel da Antropoloxía filosófica entre as outras disciplinas filosóficas mediante a consideración rigorosa do papel que xoga o ser humano na definición mesma desas disciplinas, e a lectura crítica de textos centrais da tradición do pensamento occidental que perfilan esa relación.

OBX2

• CA2.2. Reflexionar sobre a situación da filosofía na súa análise do ser humano, logo da conformación da Antropoloxía sociocultural como ciencia social autónoma e da Antropoloxía fisicobiolóxica como ciencia natural que estuda a natureza humana, debatendo de xeito argumentado e construtivo sobre a posibilidade dun espazo propio para esa indagación filosófica.

OBX2

• CA2.3. Repasar as variacións históricas de teorías que, tanto en tradicións non occidentais como na nosa tradición filosófica, xurdiron para explicar a natureza humana, encadrando esas variacións nas grandes liñas que determinaron as diferenzas entre as distintas épocas da historia da filosofía.

OBX2

• CA2.4. Presentar organizadamente as grandes teorías filosóficas que pretenderon dar co trazo da especificidade dos humanos, usando ferramentas TIC axeitadas e, de ser o caso, confrontando os argumentos desas teorías cos coñecementos achegados, tanto no eido sociocultural como no fisico-biolóxico, por outras disciplinas antropolóxicas alleas á filosofía.

OBX2

Contidos

• A Antropoloxía entre as disciplinas filosóficas.

– A posición ontolóxica do ser humano.

– As raíces antropolóxicas da ética, a estética e a filosofía política.

– A Antropoloxía filosófica na era da Antropoloxía fisicobiolóxica e da Antropoloxía sociocultural.

• A idea da natureza humana na tradición filosófica.

– O problema da natureza humana desde outros horizontes culturais.

– Na Filosofía antiga.

– No Medievo.

– Do Renacemento á Ilustración.

– Desde o século XIX.

• A busca da especificidade humana.

– Autoconsciencia e consciencia da finitude.

– A linguaxe e o simbolismo.

– A praxe en liberdade.

– As paixóns e os afectos.

Bloque 3. Antropoloxía física: hominización e humanización

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Analizar o proceso de hominización repasando o rexistro de restos fósiles que testemuñan o proceso evolutivo que levou á posibilidade de esclarecer a árbore filoxenética do ser humano ata a aparición da especie homo sapiens, a través do estudo das especies prehomínidas e homínidas.

OBX3

• CA3.2. Coñecer a humanización como proceso evolutivo de adaptación ao medio, comprendendo a plasticidade biolóxica do ser humano que lle permitiu crear a cultura a través da análise da importancia da linguaxe simbólica, da fabricación de ferramentas, da transmisión de coñecementos e do pensamento abstracto.

OBX3

• CA3.3. Recoñecer a gran diversidade e variabilidade da especie humana a través do traballo colaborativo do alumnado, fortalecendo nel unha actitude positiva e respectuosa cara ás diferenzas, apreciándoas como enriquecedoras.

OBX4

Contidos

• A evolución humana: o proceso de hominización.

– A orixe do homo sapiens desde o punto de vista evolutivo.

– A árbore filoxenética.

• O proceso de humanización.

– A adaptación do homo sapiens ao medio: a linguaxe, a técnica e o pensamento abstracto.

– O papel das mulleres na humanización.

• A diversidade biolóxica das poboacións humanas.

– O papel da herdanza, a cultura e o ambiente nela.

– Significado das variacións físicas das poboacións humanas e a súa importancia para o conxunto da especie.

Bloque 4. Antropoloxía sociocultural

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Definir o ser humano desde a súa dimensión social e cultural, entendendo a súa pertenza a diferentes grupos sociais e comprendendo a noción de rol social e cultural.

OBX5

• CA4.2. Analizar o termo cultura, asumindo a súa importancia social, salientando os axentes e os procesos de endoculturación, distinguindo as achegas das diferentes escolas antropolóxicas e comprendendo as perspectivas emic e etic.

OBX5

• CA4.3. Comprender, aceptar e valorar a diversidade cultural e as diferenzas sociais, entendendo as implicacións do etnocentrismo e do relativismo cultural e distinguindo entre multiculturalismo, interculturalismo e transculturalismo.

OBX5

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.4. Describir e entender as producións culturais, tanto materiais como inmateriais, e comprender a importancia da patrimonialización da cultura nas sociedades actuais.

OBX6

• CA4.5. Entender a importancia da linguaxe e do parentesco en todos os procesos culturais e sociais ao longo do tempo.

OBX6

• CA4.6. Reflexionar sobre os aspectos propios da cultura e da sociedade galega, desenvolvendo un traballo de campo, desde os puntos de vista etnográfico ou etnolóxico.

OBX6

Contidos

• A Antropoloxía sociocultural.

– Os métodos de investigación.

– As escolas antropolóxicas.

• O ser humano como animal social.

– O rol social e cultural.

– A dimensión social e cultural da linguaxe.

– As diferenzas sociais.

• Definición de cultura e endoculturación.

– A construción social da cultura.

– Culturas tradicionais e culturas globalizadas.

• A diversidade cultural.

– Etnocentrismo e relativismo cultural. A análise da cultura desde as perspectivas emic e etic.

– Multiculturalismo, interculturalismo e transculturalismo.

– A diversidade cultural sobre o sexo: sexualidade, sexo e xénero.

– Os universais culturais.

• A produción cultural material e inmaterial.

– O hábitat.

– Os costumes e tradicións.

– As manifestacións culturais.

• Antropoloxía do parentesco.

• Antropoloxía cultural galega e a súa patrimonialización. Etnografía e etnoloxía.

2.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Antropoloxía desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Antropoloxía e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

2

1.1

1

1

OBX2

1-2

2

1

4

3

1

OBX3

2-3

3

2

1

2-3.1

1-2-4

1

OBX4

2-3

3

2

1

2-3.1

1-2-3-4

1

OBX5

1-2-5

3

2-4

1-2

4

1-2-3

1

OBX6

1-2-3

3

2-4

1-2

3.1-4

1-2-3

3

1-2

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmo e promovan o traballo en equipo.

– A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas que reforzan a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

– A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

– O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

– A incentivación dun afán de indagación e necesidade de novos coñecementos a través da capacidade de xeración de curiosidade.

– O uso de estratexias para traballar o carácter transversal e práctico, empregando no proceso de ensino e aprendizaxe, de xeito asiduo, as tecnoloxías da información e da comunicación, que permiten o acceso a recursos virtuais.

– O emprego de metodoloxías activas que procuren un «saber facer» que conecte coas habilidades prácticas.

3. Cultura Científica.

3.1. Introdución.

Tanto a ciencia como a tecnoloxía son a base para o benestar e o desenvolvemento da sociedade, e ambas son necesarias para que un país se poida enfrontar a novos retos e poida atopar solucións para eles.

O desenvolvemento social, económico e tecnolóxico dun país, a súa posición nun mundo cada vez máis competitivo e globalizado, así como o benestar da cidadanía na sociedade da información e do coñecemento, dependen directamente da súa formación intelectual e, entre outros factores, da súa cultura científica.

Que a ciencia forma parte do acervo cultural da humanidade é innegable; de feito, calquera cultura pasada apoiou os seus avances e logros nos coñecementos científicos que se ían adquirindo e que se debían ao esforzo e á creatividade humana. A materia denominada Cultura Científica debe, daquela, contribuír á adquisición desta dimensión da competencia en conciencia e expresión culturais.

Individualmente considerada, a ciencia é unha das grandes construcións teóricas da humanidade; o seu coñecemento forma o individuo, proporciónalle capacidade de análise e de procura da verdade. Na vida diaria estamos en continuo contacto con situacións de carácter científico que nos afectan directamente, situacións que a cidadanía do século XXI debe ser capaz de entender e de valorar criticamente.

Repetidas veces, os medios de comunicación informan sobre cuestións científicas e tecnolóxicas de actualidade. A materia de Cultura Científica contribúe a que o alumnado avalíe enunciados relacionados con estas cuestións e tome decisións fundamentadas en probas de carácter científico, diferenciándoas das crenzas e das opinións. En definitiva, trátase de que as cidadás e os cidadáns sexan competentes para tomaren decisións baseadas no coñecemento científico, nun marco democrático de participación cidadá, desenvolvendo, deste xeito, a competencia cidadá. Ademais, o fomento de vocacións científicas, especialmente entre as nenas e as adolescentes, é outra das dimensións a que esta materia debe contribuír.

Un dos aspectos básicos da competencia matemática e da competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría é a capacidade de utilizar probas e argumentar en relación con cuestións de carácter científico, e tomar decisións baseadas nestas. Partindo do enfoque competencial do currículo, a materia de Cultura Científica servirá para o desenvolvemento das demais competencias: en comunicación lingüística, plurilingüe, dixital, persoal, social e de aprender a aprender, emprendedora e en conciencia e expresión culturais.

En primeiro de bacharelato, no bloque 1, «O traballo nas ciencias», establécense os procedementos de traballo para abordar os contidos dos outros bloques de coñecemento. Neste sentido, é relevante no desenvolvemento curricular a valoración da importancia da ciencia e da tecnoloxía na vida diaria e ao longo da historia, así como a obtención, selección crítica e comunicación da información de carácter científico en diferentes soportes.

No bloque 2, «O Universo», estúdase a orixe e a evolución do Universo centrándose no Sistema Solar.

O bloque 3, «A Terra e a vida», aborda, por un lado, o estudo da Terra desde a teoría da tectónica de placas e continúase cos riscos internos e externos, dando relevancia aos métodos de predición, prevención e corrección. Por outra banda, estúdase a vida partindo das diferentes hipóteses sobre a súa orixe e a evolución celular, e conclúese coa teoría da evolución dos seres vivos.

No bloque 4, «A saúde e a biomedicina», analízanse os principais progresos na investigación médica e farmacéutica e algúns aspectos relativos á saúde, como son o estudo do sistema inmune, os trastornos mentais e os problemas derivados do uso das drogas.

No bloque 5, «A reprodución e a sexualidade», abórdanse contidos vinculados á sexualidade humana e ao estudo das enfermidades de transmisión sexual ou á diferenza entre sexo e xénero, co fin de propiciar a reflexión e o fomento de actitudes non discriminatorias.

O bloque 6, «O desenvolvemento social e os materiais», comeza coa análise da relación entre o desenvolvemento da humanidade co uso dos materiais para continuar co estudo dos seus procesos de obtención, recoñecendo os impactos que xeran e finalizando coa aplicación dos novos materiais.

O bloque 7, «Os avances tecnolóxicos», analiza as tecnoloxías da información e da comunicación centrándose no coñecemento de aspectos básicos da informática na ciencia, as aplicacións da tecnoloxía dixital e os perigos asociados á conectividade, reflexionando sobre os cambios que producen nas relacións humanas e co fin de adoptar unha postura crítica ante o seu uso.

No bloque 8, «O coidado do ambiente», estúdanse os diferentes recursos naturais e fontes de enerxía, analizando as causas e consecuencias no medio, derivados da súa explotación e emprego. Ademais, foméntanse as accións para a súa conservación.

En conclusión, a materia de Cultura Científica pretende que o alumnado, como parte da sociedade, adquira unha cultura científica básica que lle permita entender o mundo actual e sexa quen de tomar decisións baseadas no coñecemento científico en distintos contextos, é dicir, conseguir a alfabetización científica da cidadanía.

3.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Aplicar as metodoloxías propias da ciencia utilizando con precisión procedementos, materiais e instrumentos adecuados, para responder a cuestións sobre procesos científicos.

• Para conseguir unha alfabetización científica básica, cada alumna e cada alumno debe comprender cal é a base do funcionamento de toda a comunidade científica no referente ao estudo dos fenómenos naturais e cales son as ferramentas de que se dispón para iso. As metodoloxías científicas son procedementos fundamentais de traballo na ciencia. O alumnado debe desenvolver as destrezas de observar, formular hipóteses e experimentar sobre fenómenos naturais, así como de pór en común co resto da comunidade científica os resultados que obteña, sendo consciente de que as respostas a procesos físicos, químicos, tecnolóxicos, biolóxicos e xeolóxicos son complexas e necesitan de modelos contrastados e en constante revisión e validación.

• Así mesmo, aínda que o alumnado non opte no futuro por dedicarse á ciencia como actividade profesional, o desenvolvemento deste obxectivo outórgalle algunhas habilidades e destrezas propias do pensamento científico que pode aplicar en distintas situacións da súa vida cotiá, como a interpretación de fenómenos, a promoción de hábitos saudables ou o respecto polo medio natural que o rodea. Isto contribúe á formación de persoas responsables e comprometidas na mellora do seu contorno e da sociedade.

OBX2. Utilizar recursos variados, con sentido crítico e ético, para buscar e seleccionar información fiable e contrastada para resolver distintas cuestións e establecer traballos cooperativos e colaborativos.

• Obter información relevante co fin de resolver dúbidas, adquirir novos coñecementos ou comprobar a veracidade de afirmacións ou noticias é unha destreza esencial para as cidadás e os cidadáns. Así mesmo, toda investigación científica comeza coa coidadosa recompilación de publicacións relevantes da área de estudo procedentes de fontes fidedignas.

• A maior parte das fontes de información fiables son accesibles a través da rede, polo que se promoverá a través deste obxectivo o uso de diferentes plataformas dixitais de procura e comunicación. Por iso, é de vital importancia que o alumnado desenvolva un espírito crítico e contraste e avalíe a información obtida distinguíndoa de noticias falsas, boatos, teorías conspiratorias e informacións incompletas ou pseudocientíficas.

• Ademais, desenvolver este obxectivo é de grande utilidade no contexto persoal e social, por exemplo na aprendizaxe ao longo da vida ou no exercicio dunha cidadanía democrática activa. A comunicación e cooperación implican a adquisición de destrezas sociais, sentido crítico, respecto á diversidade e utilización eficiente, ética e responsable dos recursos tecnolóxicos, polo que este obxectivo é esencial para o desenvolvemento do alumnado como parte da sociedade.

OBX3. Comprender e interpretar os procesos biolóxicos, xeolóxicos, ambientais, fisicoquímicos e tecnolóxicos e explicalos utilizando os principios, leis e teorías científicas adecuados, para responder a cuestións da vida cotiá.

• O desenvolvemento da competencia científica ten como finalidade esencial comprender os procesos biolóxicos relacionados coa saúde mental ou a sexualidade, así como o coñecemento do Universo e do noso planeta, os nosos recursos e os métodos computacionais, interpretándoos a través de principios, leis e teorías científicas fundamentais. Co desenvolvemento deste obxectivo tamén se contribúe a desenvolver o pensamento científico, o cal é clave para a creación de novos coñecementos fundamentados nos principios, leis e teorías da ciencia.

• Ademais, a aplicación dos coñecementos está en liña cos principios STEM, que pretenden crear unha aprendizaxe global das ciencias como un todo integrado de disciplinas interrelacionadas entre si. O alumnado que cursa esta materia aprende a relacionar conceptos e atopa nela os coñecementos, destrezas e actitudes que constitúen a base para unha alfabetización científica xeral, necesaria para toda a cidadanía, e que se presentan de maneira conxunta, xa que a ciencia é un conxunto de saberes interdependentes.

OBX4. Valorar a importancia dos estilos de vida relacionados coa sustentabilidade, a saúde e as novas tecnoloxías e materiais, fomentando hábitos saudables baseados nos fundamentos científicos para adoptalos e promovelos no seu contorno.

• Actualmente cómpre reflexionar sobre varios aspectos relacionados coa saúde como, por exemplo, o coñecemento das distintas dimensións da sexualidade como fundamento para vivir de forma responsable e promover o respecto á diversidade sexual, evitando así posturas discriminatorias, e tamén a adopción de actitudes positivas dirixidas a rexeitar as presións que incitan ao consumo de drogas.

• Outro dos maiores retos a que se enfronta a humanidade é a degradación ambiental que ameaza con pór en perigo a sociedade de benestar. Unha condición indispensable para abordar este desafío é adoptar un modelo de desenvolvemento sustentable. Para iso, é esencial que a cidadanía comprenda a súa interdependencia do medio natural para así valorar a importancia da súa conservación e actuar de forma consecuente e comprometida con este obxectivo. Cabe tamén destacar que a adopción de estilos de vida sustentables é sinónimo de mantemento e mellora da saúde, pois existe un estreito vínculo entre o benestar humano e a conservación dos piares sobre os cales este se sustenta.

• Ademais, é necesario construír un coñecemento coherente e crítico sobre as tecnoloxías da información e comunicación e sobre a cultura do ocio presentes no contorno do alumnado propiciando un uso adecuado delas.

• A adquisición e o desenvolvemento desta competencia específica permitiralle ao alumnado, a través do coñecemento do funcionamento do seu propio organismo e dos ecosistemas, comprender determinadas cuestións, anteriormente mencionadas, sobre a saúde, a conservación do ambiente e o desenvolvemento económico e social, e converterse así en persoas comprometidas e críticas cos problemas do seu tempo.

OBX5. Argumentar, relacionar, reflexionar e aplicar o pensamento científico e os razoamentos lóxicos, mediante a procura e selección de estratexias apropiadas, para resolver cuestións e problemas relacionados coas ciencias experimentais.

• O razoamento é unha ferramenta esencial na investigación científica, pois é necesario para expor hipóteses ou deseñar novas estratexias que permitan seguir avanzando e acadar os obxectivos propostos. Así mesmo, en certas disciplinas científicas non é posible obter evidencias observables dos procesos ou obxectos de estudo, polo que se requiren datos ou probas inferidas directa ou indirectamente para relacionar, reflexionar e argumentar de forma científica un determinado acontecemento coa realidade. Do mesmo xeito, é común atopar escenarios da vida cotiá que requiren o uso da lóxica e do razoamento.

• A inclusión deste obxectivo no currículo de Cultura Científica pretende que o alumnado aprenda que se pode chegar aos mesmos resultados utilizando diferentes ferramentas e estratexias, coa condición de que sexan fiables e estean contrastadas. Así mesmo, búscase a consideración do erro como unha ferramenta para descartar liñas de traballo e unha maneira de aprender na cal se melloran a autocrítica, a resiliencia e as destrezas necesarias para a colaboración entre iguais.

• Cabe tamén destacar que a resolución de problemas é un proceso complexo onde se mobilizan non só as destrezas para o razoamento, senón tamén os coñecementos sobre a materia e actitudes para afrontar os retos de forma positiva. Por iso, é imprescindible que o alumnado desenvolva este obxectivo, xa que lle permitirá madurar intelectualmente e mellorar a súa resiliencia, para abordar con éxito diferentes tipos de situacións ás cales se enfrontará ao longo da súa vida persoal, social, académica e profesional.

OBX6. Analizar a contribución dos avances científicos e das persoas que se dedican á ciencia con perspectiva de xénero e entendéndoa como un proceso colectivo e interdisciplinar en continua construción e evolución, para valorar o seu papel esencial no progreso da sociedade.

• Neste obxectivo trátase de evidenciar as contribucións científicas e tecnolóxicas aos problemas principais da sociedade actual, como as relacionadas coa biomedicina, biotecnoloxía, cos novos materiais, coa exploración espacial e coa revolución tecnolóxica da información. Desenvolver este obxectivo permite afondar de xeito crítico nos avances científicos, considerando as súas vantaxes e inconvenientes e analizando exemplos históricos e actuais coas súas correspondentes implicacións éticas, sociais e ambientais.

• O desenvolvemento científico e tecnolóxico relaciónase cos principais acontecementos históricos e contribúe á construción da nosa sociedade. Con todo, o avance da ciencia e da tecnoloxía depende da colaboración individual e colectiva. Por iso, o fin deste obxectivo é formar unha cidadanía cun acervo científico rico e con vocación para a mellora da nosa calidade de vida.

• A través deste obxectivo, o alumnado adquire conciencia sobre a relevancia que a ciencia ten na sociedade actual. Así mesmo, recoñece o carácter interdisciplinar da ciencia, marcado por unha clara interdependencia entre as diferentes disciplinas de coñecemento que enriquece toda actividade científica e que se reflicte nun desenvolvemento holístico da investigación e do traballo en ciencia.

3.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Materia de Cultura Científica

1º curso

Bloque 1. O traballo nas ciencias

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Traballar en ciencia desde un punto de vista interdisciplinar, entendéndoa en continua construción e evolución, e relacionada cos principais acontecementos históricos.

OBX6

• CA1.2. Valorar a utilización do método científico como estratexia de traballo en ciencia e tecnoloxía, utilizando diferentes soportes como medios de comunicación das súas achegas ou das súas conclusións.

OBX1

• CA1.3. Recoñecer a importancia da relación entre ciencia e tecnoloxía, así como da súa contribución á sociedade ao longo da historia.

OBX6

• CA1.4. Resolver cuestións sobre temas científicos seleccionando e organizando información de distintas fontes, distinguíndoas de pseudociencias, boatos, teorías conspiratorias e crenzas infundadas.

OBX2

Contidos

• A ciencia como labor colectivo, interdisciplinar e en continua construción e evolución.

• A relación entre a ciencia e os eventos históricos.

• A comunicación en ciencia e tecnoloxía. Estratexias de traballo: o método científico.

– O artigo científico.

– Fontes de información fiables e teorías científicas fronte a pseudociencias, boatos, teorías conspiratorias e crenzas infundadas.

– Elaboración e presentación de informes utilizando distintos medios.

• Ciencia, tecnoloxía, sociedade e ambiente: perspectiva histórica.

• Importancia da contribución á sociedade do traballo científico ao longo da historia. O papel das mulleres na ciencia.

Bloque 2. O Universo

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender a estrutura do Universo relacionándoa coa súa evolución e empregando escalas de medida adecuadas.

OBX5

• CA2.2. Valorar a importancia dos últimos avances na investigación astronómica para a sociedade a través dos métodos de estudo do Universo.

OBX6

• CA2.3. Explicar a orixe e estrutura da Terra describindo as etapas de formación do Sistema Solar.

OBX3

• CA2.4. Identificar e diferenciar os movementos terrestres interpretando as consecuencias que xeran.

OBX3

Contidos

• O Universo.

– Orixe, formación e estrutura.

– Escalas de lonxitude, masa e tempo.

– Métodos de estudo e últimos avances na investigación astronómica. Implicación na sociedade.

• O Sistema Solar.

– Orixe, formación e estrutura.

– A formación do planeta Terra. Movementos e consecuencias.

Bloque 3. A Terra e a vida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Recoñecer a estrutura e dinámica das diferentes capas do interior terrestre adoptando unha actitude crítica cara ás crenzas infundadas.

OBX3

• CA3.2. Reflexionar sobre as probas e os datos que orixinaron a teoría da tectónica de placas e describir os fenómenos e as estruturas xeolóxicas asociados.

OBX5

• CA3.3. Analizar os riscos internos e externos, valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección e interpretando información en diferentes formatos.

OBX3

• CA3.4. Explicar as principais hipóteses sobre a orixe da vida na Terra e a evolución celular desde a teoría endosimbiótica ata as últimas investigacións e achegas relacionadas co microbioma e o viroma.

OBX3

• CA3.5. Argumentar a teoría da evolución utilizando as probas e os mecanismos evolutivos, adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica.

OBX5

• CA3.6. Describir a evolución dos homínidos recoñecendo as adaptacións e os cambios acontecidos.

OBX3

Contidos

• A Terra.

– Estrutura e dinámica. Teoría da tectónica de placas.

– Riscos xeolóxicos internos e externos. Medidas de predición, prevención e corrección.

• A vida na Terra.

– Hipóteses sobre a orixe da vida no planeta. Un mundo de ARN.

– Teoría endosimbiótica.

– Do fixismo ao evolucionismo. Teorías e probas da evolución.

– A evolución humana.

– Microbioma e viroma. Importancia na evolución.

Bloque 4. A saúde e a biomedicina

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Comprender o concepto de saúde e enfermidade segundo a OMS e analizar a evolución histórica na consideración e no tratamento das doenzas.

OBX6

• CA4.2. Coñecer os últimos avances nas terapias e tratamentos médicos tomando conciencia da importancia da investigación médico-farmacéutica.

OBX6

• CA4.3. Describir as principais técnicas da enxeñaría xenética e interpretar as súas implicacións éticas, sociais e ambientais, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica.

OBX6

• CA4.4. Explicar e describir en que consiste a inmunidade, analizando o papel das barreiras inmunitarias e distinguindo os diferentes tipos de resposta inmune.

OBX3

• CA4.5. Relacionar as enfermidades infecciosas e non infecciosas cos seus axentes causantes e os seus tratamentos, reflexionando sobre o papel dos antibióticos e a vacinación.

OBX5

• CA4.6. Coñecer as doenzas máis comúns relacionadas coa saúde mental, identificando as causas, describindo os seus tratamentos e analizando as súas repercusións sociais.

OBX3

• CA4.7. Adoptar e promover hábitos saudables para a prevención de doenzas físicas e mentais, analizando os efectos das drogas e identificando problemas asociados ao seu consumo.

OBX4

Contidos

• Concepto de saúde. Definición da OMS.

• Investigación médica e farmacéutica.

– Historia da medicina.

– As técnicas de diagnose.

– Últimos avances nos tratamentos médicos. Medicina de precisión: inmunoterapia e terapia xénica.

– Aplicacións da robótica na biomedicina.

– Os transplantes.

– Biotecnoloxía tradicional e moderna. Aplicacións. Implicacións éticas e sociais.

• O sistema inmune.

– As barreiras de protección. A resposta inmune.

– Clasificación das enfermidades: infecciosas e non infecciosas.

– O cancro.

– A vacinación.

– Uso responsable dos medicamentos.

• A saúde e a enfermidade.

– Factores que determinan a saúde.

– Drogas legais e ilegais. Problemas asociados.

– A saúde mental: historia, causas, prevención e tratamentos.

Bloque 5. A reprodución e a sexualidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Distinguir os conceptos de sexo e xénero, recoñecendo a diversidade de opcións e mantendo sempre unha actitude non discriminatoria.

OBX3

• CA5.2. Describir o dimorfismo sexual concienciando e promovendo comportamentos non sexistas.

OBX3

• CA5.3. Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres, e respectando a diversidade sexual.

OBX4

• CA5.4. Recoñecer os procesos da reprodución humana reflexionando sobre a importancia das relacións sexuais responsables e consentidas.

OBX3

• CA5.5. Relacionar as infeccións de transmisión sexual (ITS) cos seus axentes causantes e promover hábitos saudables e prácticas sexuais responsables que preveñan o seu contaxio, así como os embarazos non desexados.

OBX4

• CA5.6. Reflexionar sobre a sexualidade humana e a afectividade entre individuos e adoptar actitudes respectuosas e tolerantes.

OBX4

Contidos

• O sexo biolóxico e a diversidade de xénero.

– Reprodución e sexo.

– Dimorfismo sexual e sexismo.

• A sexualidade humana.

– Prácticas sexuais responsables. O consentimento sexual.

– Infeccións de transmisión sexual (ITS) e hábitos saudables.

– Técnicas anticonceptivas.

– Técnicas de reprodución asistida.

– Sexualidade e afectividade. Estereotipos e roles sexuais.

Bloque 6. O desenvolvemento social e os materiais

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Relacionar o desenvolvemento da humanidade co uso dos materiais, analizando as repercusións socioeconómicas e a influencia da superpoboación.

OBX5

• CA6.2. Identificar os procesos de obtención de materiais, recoñecendo os custos económicos, sociais e ambientais, e valorando a importancia dunha explotación sustentable e un uso responsable.

OBX4

• CA6.3. Analizar a pegada de carbono e as etapas do ciclo de vida dos produtos utilizando exemplos concretos do contorno.

OBX3

• CA6.4. Recoñecer os diferentes residuos e describir os seus procesos de tratamento, detallando a xestión que se realiza no seu contorno próximo e valorando a adopción de hábitos sustentables.

OBX4

• CA6.5. Valorar a importancia da nanotecnoloxía e os novos materiais analizando a súas aplicacións presentes e futuras en diferentes ámbitos.

OBX6

Contidos

• O desenvolvemento da humanidade.

– Consecuencias económicas e sociais.

– O crecemento da poboación humana.

• O uso dos materiais.

– Procesos de obtención de materiais: custos económicos, sociais e ambientais.

– O ciclo de vida dos produtos.

– A pegada de carbono.

– Aplicacións de casos concretos do contorno próximo.

• Os residuos.

– Clasificación.

– A xestión dos residuos.

• A nanotecnoloxía.

• Os novos materiais.

Bloque 7. Os avances tecnolóxicos

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Valorar a importancia da informática para a ciencia a través do funcionamento de computadores e doutros dispositivos.

OBX6

• CA7.2. Describir a utilidade dalgunhas das aplicacións tecnolóxicas empregadas pola ciencia e comprender os fundamentos en que se basean.

OBX3

• CA7.3. Explicar os principios básicos de conectividade exemplificando con dispositivos intelixentes e coa internet das cousas.

OBX3

• CA7.4. Identificar e comprender os principais perigos asociados á conectividade utilizando as medidas básicas de ciberseguridade.

OBX5

• CA7.5. Valorar os riscos nas redes sociais facendo un uso responsable delas e reflexionando sobre os dereitos na protección de datos.

OBX4

Contidos

• A informática na ciencia.

– Orixe, xeracións e arquitectura de computadores.

– Hardware e software. O software libre.

– Dispositivos periféricos con utilidade científica.

– Intelixencia artificial.

• Aplicacións da tecnoloxía dixital.

– Sistemas globais de navegación coa axuda de satélites.

– A teledetección.

– Os sistemas de información xeográfica.

– Usos da visión artificial na ciencia.

• Conectividade.

– Orixe e conceptos básicos de funcionamento da internet.

– Os tipos de conexións. Motores de busca.

– Os dispositivos intelixentes.

– A internet das cousas (IoT).

– As redes sociais: uso responsable e riscos.

– A ciberseguridade e os delitos na rede.

– A protección de datos.

– Implicacións éticas e sociais.

Bloque 8. O coidado do ambiente

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Clasificar os tipos de recursos naturais e as fontes de enerxía comparando as vantaxes e inconvenientes da súa utilización e describindo os principais impactos xerados polo seu uso.

OBX3

• CA8.2. Reflexionar sobre a problemática xerada coa transición enerxética, analizando o concepto de pegada ecolóxica e o modelo da economía circular.

OBX5

• CA8.3. Analizar e recoñecer as causas e as consecuencias das actividades humanas no ambiente e propor accións para a súa conservación.

OBX3

• CA8.4. Adoptar e promover hábitos compatibles cun modelo de desenvolvemento sustentable e valorar a súa importancia utilizando fundamentos científicos.

OBX4

• CA8.5. Reflexionar sobre a importancia de establecer e cumprir a lexislación ambiental promovendo actuacións e actitudes respectuosas e sustentables.

OBX4

Contidos

• Os recursos e a enerxía.

– Clasificación dos recursos naturais.

– As fontes de enerxía.

– Principais impactos ambientais derivados da explotación dos recursos e do emprego das fontes de enerxía.

– A transición enerxética: problemas e consecuencias.

– A pegada ecolóxica.

– Economía circular.

• O desenvolvemento sustentable.

• Lexislación ambiental.

3.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Cultura Científica desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que se presentan nas epígrafes seguintes e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Cultura Científica e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

3

1-2-3

1-3

4

1

OBX2

3

1

3-4

1-2-3

4

3

OBX3

1-2

1

1-2-4

1

1.1

OBX4

1-2

2-4

2

2

4

1

OBX5

3

1

1-2

1

1.1

3

1

OBX6

1-2

4

3

4

1

1

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– Os contidos da materia traballados de forma competencial que propicien a adquisición e o desenvolvemento das competencias clave buscando a interdisciplinariedade e ligándoa sempre ao contexto do alumnado.

– A posta en práctica de situacións de aprendizaxe ou actividades competenciais que enfronten o alumnado ao reto de utilizar probas e argumentar nun contexto real mediante o diálogo entre iguais, e que mobilicen, de forma integrada, unha ampla variedade de coñecementos, destrezas e actitudes.

– A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, que reforzan a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

– Realización de tarefas grupais que supoñan compilar e organizar información, expola de xeito oral e escrito, elaborar presentacións e defender as opinións propias en debates e noutras situacións de aula.

– O traballo cooperativo e colaborativo, a formulación de tarefas en contextos reais e o traballo experimental e de campo promovendo a observación, curiosidade e colaboración para permitirlle ao alumnado asimilar de xeito significativo os saberes da materia.

– A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

– Situacións de aula que fomenten a responsabilidade do alumnado no proceso de aprendizaxe, a avaliación e a autoavaliación, a autocrítica e a promoción da iniciativa do alumnado para que sexa o protagonista do proceso.

4. Métodos Estatísticos e Numéricos.

4.1. Introdución.

Os grandes retos globais, como a transformación dixital, o respecto ao ambiente, a eficiencia enerxética ou a industrialización inclusiva e sustentable, aos cales a sociedade terá que facer fronte, requiren dun alumnado capaz de adaptarse ás condicións cambiantes, de aprender de forma autónoma, de modelizar situacións, de explorar novas vías de investigación e de usar a tecnoloxía de forma efectiva.

As matemáticas proporcionan ferramentas para a creación de modelos no estudo de diferentes fenómenos. En ocasións, é posible definir relacións funcionais entre as magnitudes implicadas, de que se obteñen modelos deterministas, pero moitos fenómenos son tan complexos no seu comportamento e interveñen neles tantas magnitudes que precisan modelos estocásticos para un mellor estudo. Os métodos numéricos permítennos atopar unha solución aproximada naqueles problemas en que non é posible obter a solución exacta. Faise necesario, xa que logo, complementar a formación científica xeral que o alumnado de bacharelato acada a partir doutras materias cunha educación neste pensamento estatístico, probabilístico e de cálculo aproximado.

O desenvolvemento curricular de Métodos Estatísticos e Numéricos oriéntase ao logro dos obxectivos xerais da etapa, e presta unha especial atención ao desenvolvemento e á adquisición das competencias clave conceptualizadas nos descritores operativos do bacharelato que o alumnado debe conseguir ao finalizar a etapa. Así, a interpretación dos problemas e a comunicación dos procedementos e resultados están relacionadas coa competencia en comunicación lingüística e coa competencia plurilingüe. Establecer un plan de traballo en revisión e modificación continua enlaza coa competencia emprendedora. A toma de decisións ou a adaptación ante situacións de incerteza son compoñentes propios da competencia persoal, social e de aprender a aprender. O uso de ferramentas dixitais no tratamento da información e na resolución de problemas entronca directamente coa competencia dixital. O razoamento e a argumentación, a modelización e o pensamento computacional son elementos característicos da competencia STEM. As conexións establecidas entre as matemáticas e outras áreas de coñecemento, e a resolución de problemas en contextos sociais están relacionadas coa competencia cidadá. Doutra banda, o mesmo coñecemento matemático como expresión universal da cultura contribúe á competencia en conciencia e expresión culturais.

En continuidade coa educación secundaria obrigatoria e o bacharelato, os eixes principais dos obxectivos de Métodos Estatísticos e Numéricos son a comprensión efectiva de conceptos e procedementos matemáticos xunto coas actitudes propias do quefacer matemático, que permiten construír unha base conceptual sólida a partir da resolución de problemas, do razoamento e da investigación matemática, especialmente enfocados á interpretación e á análise de cuestións da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias. Os obxectivos céntranse nos procesos que mellor lle permiten ao alumnado desenvolver destrezas como a resolución de problemas, o razoamento e a argumentación, a representación e a comunicación, xunto coas destrezas socioafectivas. Estes procesos son os de resolución de problemas, razoamento e proba, conexións, comunicación e representación, ademais do desenvolvemento socioafectivo.

A resolución de problemas e a investigación matemática son dous compoñentes fundamentais no ensino das matemáticas, xa que permiten empregar os procesos cognitivos inherentes a esta área para abordar e resolver situacións relacionadas coa vida cotiá, coa tecnoloxía e coas ciencias, desenvolvendo o razoamento, a creatividade e o pensamento abstracto. Os obxectivos de resolución de problemas, razoamento e proba e as súas conexións están deseñados para adquirir os procesos propios da investigación matemática, como son a formulación de preguntas, o establecemento de conxecturas, a xustificación e a xeneralización, a conexión entre as diferentes ideas matemáticas e o recoñecemento de conceptos e procedementos propios das matemáticas noutras áreas de coñecemento, particularmente na tecnoloxía e nas ciencias. Débese salientar o carácter instrumental das matemáticas como ferramenta fundamental para as áreas de coñecemento científico, social, tecnolóxico, humanístico e artístico ao cal presta especial atención o currículo da materia de Métodos Estatísticos e Numéricos.

Outros aspectos importantes da educación matemática son a comunicación e a representación. O proceso de comunicación axuda a darlles significado e permanencia ás ideas ao facelas públicas. Doutra banda, para entender e utilizar as ideas matemáticas é fundamental a forma en que estas se representan. Por iso, inclúense dous obxectivos enfocados á adquisición dos procesos de comunicación e representación tanto de conceptos como de procedementos matemáticos.

Co fin de asegurar que todo o alumnado poida facer uso dos conceptos e das relacións matemáticas fundamentais, e tamén chegue a experimentar a súa beleza e importancia, incluíuse un obxectivo relacionado co aspecto emocional, social e persoal das matemáticas. Preténdese contribuír, deste xeito, a desterrar ideas preconcibidas na sociedade, como a crenza de que só quen posúe un talento innato pode aprender matemáticas, usalas e gozar delas, ou falsos estereotipos fortemente arraigados como, por exemplo, os relacionados con cuestións de xénero.

O logro dos obxectivos valorarase cos criterios de avaliación, que priorizan a adquisición das competencias fronte á memorización de conceptos ou a reprodución rutineira de procedementos.

Os criterios de avaliación e os contidos foron agrupados en bloques denominados «sentidos», entendidos como o conxunto de destrezas relacionadas co dominio en contexto de contidos numéricos, métricos, alxébricos, estocásticos e socioafectivos, que permiten empregalos dunha maneira funcional e con confianza na resolución de problemas ou na realización de tarefas.

O sentido numérico caracterízase pola aplicación do coñecemento sobre numeración e cálculo en distintos contextos, e polo desenvolvemento de destrezas e modos de facer e de pensar baseados na comprensión, a representación, o uso flexible dos números, de obxectos matemáticos formados por números e das operacións.

O sentido da medida céntrase na comprensión e comparación de atributos dos obxectos do mundo que nos rodea, así como da medida da incerteza.

O sentido alxébrico proporciona a linguaxe en que se comunican as matemáticas. Son características deste sentido ver o xeral no particular, recoñecer padróns e relacións de dependencia entre variables e expresalas mediante diferentes representacións, así como modelizar situacións matemáticas ou do mundo real con expresións simbólicas. O pensamento computacional e a modelización incorporáronse neste bloque, pero non se deben interpretar como exclusivos del, senón que se deben desenvolver tamén no resto dos bloques.

O sentido estocástico comprende a análise e a interpretación de datos, a elaboración de conxecturas e a toma de decisións a partir da información estatística, a súa valoración crítica e a comprensión e comunicación de fenómenos aleatorios nunha ampla variedade de situacións.

O sentido socioafectivo implica a adquisición e aplicación de coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para entender e manexar as emocións que aparecen no proceso de aprendizaxe das matemáticas, o dominio de estratexias para o traballo en equipo, a adecuada comunicación das ideas e a organización na resolución de problemas da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias. Este sentido non se debe traballar de forma illada, senón ao longo do desenvolvemento da materia.

Este enfoque, diferente do habitual, permite un ensino da materia de Métodos Estatísticos e Numéricos que fai predominar e dar sentido aos conceptos en contexto fronte á aprendizaxe de destrezas e algoritmos en situacións descontextualizadas.

As matemáticas non son unha colección de saberes separados e inconexos, senón que constitúen un campo integrado de coñecemento. O conxunto de obxectivos, criterios de avaliación e contidos está deseñado para constituír un todo que facilite a formulación de tarefas sinxelas ou complexas, individuais ou colectivas, de carácter multidisciplinario. Sen abandonar o uso de lapis e papel nos casos sinxelos, o emprego de ferramentas dixitais para analizar e interpretar situacións da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias posibilita que procesos e operacións que requiren sofisticados e tediosos métodos manuais se poidan abordar de forma sinxela mediante o uso de calculadoras, follas de cálculo ou outro software específico, favorecendo o razoamento fronte ás aprendizaxes memorísticas e rutineiras.

4.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Modelizar e resolver problemas da vida cotiá, da ciencia e da tecnoloxía e das ciencias sociais aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para obter posibles solucións.

• A modelización e a resolución de problemas constitúen un eixe fundamental na aprendizaxe das matemáticas, xa que son procesos centrais na construción do coñecemento matemático. Estes procesos aplicados en contextos diversos motivarán a aprendizaxe e establecerán uns alicerces cognitivos sólidos que permitan construír conceptos e experimentar as matemáticas como ferramenta para describir, analizar e ampliar a comprensión de situacións da vida cotiá ou das ciencias.

• Este obxectivo supón o desenvolvemento dos procesos de análise e formulación do problema; a sistematización na procura de datos ou obxectos relevantes e as súas relacións; a súa codificación á linguaxe matemática ou a unha linguaxe fácil de interpretar por un sistema informático; a creación de modelos abstractos de situacións reais e o uso de estratexias heurísticas de resolución, como a analoxía con outros problemas, estimación, ensaio e erro, a resolución de maneira inversa (ir cara atrás) ou a descomposición en problemas máis sinxelos, entre outras.

OBX2. Verificar a validez das posibles solucións dun problema empregando o razoamento e a argumentación para contrastar a súa idoneidade.

• A análise das solucións obtidas na resolución dun problema potencia a reflexión crítica, o razoamento e a argumentación. A interpretación das solucións e conclusións obtidas, considerando, ademais da validez matemática, diferentes perspectivas como a sustentabilidade, o consumo responsable, a equidade ou a non discriminación, entre outras, axuda a tomar decisións razoadas e a avaliar as estratexias.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón procesos reflexivos propios da metacognición, como a autoavaliación e a coavaliación, o uso eficaz de ferramentas dixitais, a verbalización ou a descrición do proceso e a selección entre diferentes modos de comprobación de solucións ou de estratexias para validar as solucións e avaliar o seu alcance.

OBX3. Formular ou investigar conxecturas ou problemas utilizando o razoamento, a argumentación, a creatividade e o uso de ferramentas tecnolóxicas, para xerar novo coñecemento matemático.

• A formulación de conxecturas e a xeración de problemas de contido matemático son dous compoñentes importantes e significativos do currículo de Métodos Estatísticos e Numéricos e están consideradas unha parte esencial do quefacer matemático. Probar ou refutar conxecturas con contido matemático sobre unha situación exposta ou sobre un problema xa resolto implica facer novas preguntas, así como a reformulación do problema durante o proceso de investigación.

• Cando o alumnado xera problemas ou realiza preguntas, mellora o razoamento e a reflexión á vez que constrúe o seu propio coñecemento, o que se traduce nun alto nivel de compromiso e curiosidade, así como de entusiasmo cara ao proceso de aprendizaxe das matemáticas.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón fomentar un pensamento máis diverso e flexible, mellorar a destreza para resolver problemas en distintos contextos e establecer pontes entre as situacións concretas e as abstraccións matemáticas.

OBX4. Utilizar o pensamento computacional de forma eficaz modificando, creando e xeneralizando algoritmos que resolvan problemas mediante o uso das matemáticas, para modelizar e resolver situacións da vida cotiá e do ámbito das ciencias.

• O pensamento computacional entronca directamente coa resolución de problemas e a formulación de procedementos algorítmicos. Co obxectivo de chegar a unha solución do problema que poida ser executada por un sistema informático, será necesario utilizar a abstracción para identificar os aspectos máis relevantes e descompoñer o problema en tarefas máis simples que se poidan codificar nunha linguaxe apropiada. Levar o pensamento computacional á vida diaria e ao ámbito das ciencias supón relacionar as necesidades de modelaxe e simulación coas posibilidades do seu tratamento informatizado.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón a creación de modelos abstractos de situacións cotiás e do ámbito das ciencias, a súa automatización e a codificación nunha linguaxe fácil de interpretar de forma automática.

OBX5. Establecer, investigar e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas establecendo vínculos entre conceptos, procedementos, argumentos e modelos, para dar significado e estruturar a aprendizaxe matemática.

• Establecer conexións entre as diferentes ideas matemáticas proporciona unha comprensión máis profunda de como varios enfoques dun mesmo problema poden producir resultados equivalentes. O alumnado pode utilizar ideas procedentes dun contexto para probar ou refutar conxecturas xeradas noutro e, ao conectar as ideas matemáticas, pode desenvolver unha maior comprensión dos problemas. Percibir as matemáticas como un todo implica estudar as súas conexións internas e reflexionar sobre elas, tanto as existentes entre os bloques de contidos como entre as matemáticas dun mesmo ou distintos niveis, ou as de diferentes etapas educativas.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón enlazar as novas ideas matemáticas con ideas previas, recoñecer e utilizar as conexións entre elas na resolución de problemas e comprender como unhas ideas se constrúen sobre outras para formar un todo integrado.

OBX6. Descubrir os vínculos das matemáticas con outras áreas de coñecemento e profundar nas súas conexións interrelacionando conceptos e procedementos, para modelizar, resolver problemas e desenvolver a capacidade crítica, creativa e innovadora en situacións diversas.

• Observar relacións e establecer conexións matemáticas é un aspecto clave do quefacer matemático. Afondar nos coñecementos matemáticos e na destreza para utilizar un amplo conxunto de representacións, así como no establecemento de conexións entre as matemáticas e outras áreas de coñecemento, especialmente coas ciencias, confírenlle ao alumnado un gran potencial para resolver problemas en situacións diversas.

• Estas conexións tamén se deberían ampliar ás actitudes propias do quefacer matemático de forma que estas poidan ser transferidas a outras materias e contextos. Neste obxectivo xoga un papel relevante a aplicación das ferramentas tecnolóxicas no descubrimento de novas conexións.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón o establecemento de conexións entre ideas, conceptos e procedementos matemáticos, outras áreas de coñecemento e a vida real. Así mesmo, implica o uso de ferramentas tecnolóxicas e a súa aplicación na resolución de problemas en situacións diversas, valorando a contribución das matemáticas á resolución dos grandes retos e obxectivos ecosociais, tanto ao longo da historia como na actualidade.

OBX7. Representar conceptos, procedementos e información matemática seleccionando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar razoamentos matemáticos.

• As representacións de conceptos, procedementos e información matemática facilitan o razoamento e a demostración, utilízanse para visualizar ideas matemáticas, examinar relacións e contrastar a validez das respostas e atópanse no centro da comunicación matemática.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón a aprendizaxe de novas formas de representación matemática e o aumento do coñecemento de como usalas de forma eficaz, recalcando as maneiras en que representacións distintas dos mesmos obxectos poden transmitir diferentes informacións e mostrando a importancia de seleccionar representacións adecuadas a cada tarefa.

OBX8. Comunicar as ideas matemáticas, de forma individual e colectiva, empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados, para organizar e consolidar o pensamento matemático.

• Na sociedade da información faise cada día máis patente a necesidade dunha comunicación clara e veraz, tanto oralmente como por escrito. Interactuar con outras persoas ofrece a posibilidade de intercambiar ideas e reflexionar sobre elas, colaborar, cooperar, xerar e afianzar novos coñecementos, convertendo a comunicación nun elemento indispensable na aprendizaxe das matemáticas.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón expresar publicamente feitos, ideas, conceptos e procedementos complexos verbal, analítica e graficamente, de forma veraz e precisa, utilizando a terminoloxía matemática adecuada, co fin de lles dar significado e permanencia ás aprendizaxes.

OBX9. Utilizar destrezas persoais e sociais identificando e xestionando as propias emocións, respectando as dos demais e organizando activamente o traballo en equipos heteroxéneos, aprendendo do erro como parte do proceso de aprendizaxe e afrontando situacións de incerteza, para perseverar na consecución de obxectivos na aprendizaxe das matemáticas.

• A resolución de problemas ou de retos máis globais nos cales interveñen as matemáticas representa a miúdo un desafío que involucra multitude de emocións que convén xestionar correctamente. As destrezas socioafectivas dentro da aprendizaxe das matemáticas fomentan o benestar do alumnado, a regulación emocional e o interese polo seu estudo.

• Doutra banda, traballar os valores de respecto, igualdade ou resolución pacífica de conflitos, á vez que se superan retos matemáticos de forma individual ou en equipo, permite mellorar a autoconfianza e normalizar situacións de convivencia en igualdade, creando relacións e contornos de traballo saudables. Así mesmo, fomenta a ruptura de estereotipos e ideas preconcibidas sobre as matemáticas, asociadas a cuestións individuais, por exemplo as relacionadas co xénero ou coa existencia dunha aptitude innata para as matemáticas.

• O desenvolvemento deste obxectivo supón identificar e xestionar as propias emocións no proceso de aprendizaxe das matemáticas, recoñecer as fontes de tensións, ser perseverante na consecución dos obxectivos, pensar de forma crítica e creativa, crear resiliencia e manter unha actitude proactiva ante novos retos matemáticos. Así mesmo, implica mostrar empatía polos demais, establecer e manter relacións positivas, exercitar a escoita activa e a comunicación asertiva no traballo en equipo e tomar decisións responsables.

4.3. Criterios de avaliación e contidos.

2º curso.

Materia de Métodos Estatísticos e Numéricos

2º curso

Bloque 1. Sentido numérico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Adquirir novo coñecemento matemático mediante a formulación, razoamento e xustificación de conxecturas e problemas de forma autónoma.

OBX3

• CA1.2. Manifestar unha visión matemática integrada investigando e conectando as diferentes ideas matemáticas.

OBX5

• CA1.3. Resolver problemas en situacións diversas utilizando procesos matemáticos, reflexionando, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real, outras áreas de coñecemento e as matemáticas.

OBX6

Contidos

• Cálculo.

– Díxitos significativos. Truncamento e arredondamento. Erro acumulado. Erro absoluto e relativo. Converxencia.

– A aproximación nas calculadoras e programas informáticos.

– Realización de estimacións en diversos contextos analizando o erro cometido.

Bloque 2. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Manifestar unha visión matemática integrada, investigando e conectando as diferentes ideas matemáticas.

OBX5

• CA2.2. Seleccionar a solución máis adecuada dun problema en función do contexto (de sustentabilidade, de consumo responsable, de equidade...) usando o razoamento e a argumentación.

OBX2

Contidos

• Medición.

– Integración numérica: método dos trapecios e de Simpson. Aplicación ao cálculo de áreas planas.

– A probabilidade como medida da incerteza asociada a fenómenos aleatorios: interpretación subxectiva, clásica e frecuentista.

Bloque 3. Sentido alxébrico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Seleccionar e utilizar diversas formas de representación valorando a súa utilidade para compartir información.

OBX7

• CA3.2. Integrar o uso de ferramentas tecnolóxicas na formulación ou investigación de conxecturas e problemas.

OBX3

• CA3.3. Obter todas as posibles solucións matemáticas de problemas da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias e describir o procedemento realizado.

OBX1

• CA3.4. Interpretar, modelizar e resolver situacións problematizadas da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias utilizando o pensamento computacional, modificando, creando e xeneralizando algoritmos.

OBX4

Contidos

• Padróns.

– Xeneralización de padróns que xorden en situacións diversas, usando regras simbólicas ou funcións definidas explícita e recorrentemente.

• Modelo matemático.

– Programación lineal: modelización de problemas. O problema dual.

• Igualdade e desigualdade.

– Programación lineal: resolución de problemas mediante algoritmos de lapis e papel, e con ferramentas dixitais. Introdución ao método simplex.

– Resolución de ecuacións con métodos numéricos (dicotomía, da secante, das tanxentes). Uso de programas informáticos.

– Resolución aproximada de sistemas de ecuacións lineais (Métodos de Jacobi e Gauss-Seidel). Uso de programas informáticos.

– Utilización de técnicas de cálculo numérico na resolución de problemas da vida cotíá, da tecnoloxía e das ciencias.

• Relacións e funcións.

– Polinomios de interpolación (lineais, de Newton, de Lagrange). Aplicación, en táboas e gráficas da vida cotíá, da tecnoloxía e das ciencias para obter información suplementaria. Uso de programas informáticos.

• Pensamento computacional.

– Análise, formulación, resolución, representación e interpretación de relacións e problemas da vida cotiá e de distintos ámbitos utilizando algoritmos, programas e ferramentas tecnolóxicas adecuados.

Bloque 4. Sentido estocástico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Adquirir novo coñecemento matemático mediante a formulación, razoamento e xustificación de conxecturas e problemas de forma autónoma.

OBX3

• CA4.2. Representar e visualizar ideas matemáticas estruturando diferentes procesos matemáticos e seleccionando as tecnoloxías máis adecuadas.

OBX7

• CA4.3. Empregar diferentes estratexias e ferramentas, incluídas as dixitais, que resolvan problemas da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias e seleccionar a máis adecuada segundo a súa eficiencia.

OBX1

• CA4.4. Resolver problemas en situacións diversas utilizando procesos matemáticos, reflexionando, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real, outras áreas de coñecemento e as matemáticas.

OBX6

Contidos

• Incerteza.

– Cálculo da probabilidade en experimentos simples e compostos.

– Probabilidade condicionada e independencia de sucesos aleatorios. Regra do produto.

– Teoremas da probabilidade total e de Bayes: resolución de problemas e interpretación do teorema de Bayes para actualizar a probabilidade a partir da observación, a experimentación e a toma de decisións en situacións de incerteza.

– Resolución de problemas utilizando técnicas de reconto, diagramas de árbore e táboas de continxencia.

– Cadeas de Markov. Grafo asociado e matriz de transición. Distribucións estacionarias e distribución límite.

– Clasificación, identificación e cálculo das probabilidades dos estados en cadeas de Markov. Uso de ferramentas tecnolóxicas.

• Distribucións de probabilidade.

– Variables aleatorias. Tipos.

– Variables aleatorias discretas. Función de masa de probabilidade e función de distribución. Esperanza matemática e varianza. Distribucións binomial e de Poisson.

– Variables aleatorias continuas. Función de densidade e función de distribución. Esperanza matemática e varianza. Distribución normal.

– Modelización de fenómenos estocásticos mediante estas distribucións. Cálculo de probabilidades asociadas mediante ferramentas tecnolóxicas.

– Teorema central do límite. Relación entre as distribucións binomial, de Poisson e normal.

– Distribucións asociadas á normal: t de Student, Chi-cadrado de Pearson e F de Fisher-Snedecor.

• Inferencia.

– Poboación e mostra. Parámetros e estatísticos. Representatividade dunha mostra segundo o seu proceso de selección. Selección de mostras representativas. Técnicas de mostraxe.

– Aproximación da distribución da media e da proporción mostrais mediante a distribución normal.

– Estimación puntual da media, a proporción e a varianza. Distribución na mostraxe. Nesgo e eficiencia dun estimador.

– Intervalos de confianza para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal: construción, análise e toma de decisións en situacións contextualizadas. Tamaño da mostra.

– Contrastes de hipóteses para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal: construción, análise e toma de decisións en situacións contextualizadas. Relación entre contrastes de hipóteses e intervalos de confianza.

– Emprego de ferramentas dixitais na realización de estudos estatísticos.

Bloque 5. Sentido socioafectivo

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Analizar a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e valorar a súa contribución na proposta de solucións a situacións complexas e aos retos que se formulan nas ciencias.

OBX6

• CA5.2. Afrontar as situacións de incerteza e tomar decisións avaliando distintas opcións, identificando e xestionando emocións e aceptando e aprendendo do erro como parte do proceso de aprendizaxe das matemáticas.

OBX9

• CA5.3. Mostrar perseveranza e unha motivación positiva, aceptando e aprendendo da crítica razoada ao facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das matemáticas.

OBX9

• CA5.4. Traballar en tarefas matemáticas de forma activa en equipos heteroxéneos respectando as emocións e experiencias dos demais, escoitando o seu razoamento, aplicando as habilidades sociais máis propicias e fomentando o benestar do equipo e as relacións saudables.

OBX9

• CA5.5. Mostrar organización ao comunicar as ideas matemáticas empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.

OBX8

• CA5.6. Recoñecer e empregar a linguaxe matemática en diferentes contextos, e comunicar a información con precisión e rigor.

OBX8

Contidos

• Crenzas, actitudes e emocións.

– Actitudes inherentes ao traballo matemático, como o esforzo, a perseveranza, a tolerancia á frustración, a incerteza e a autoavaliación, indispensables para afrontar eventuais situacións de tensión e ansiedade na aprendizaxe das matemáticas.

– Tratamento e análise do erro individual e colectivo como elemento mobilizador de saberes previos adquiridos e xerador de oportunidades de aprendizaxe na aula de matemáticas.

• Toma de decisións.

– Destrezas para avaliar diferentes opcións e tomar decisións na resolución de problemas e tarefas matemáticas.

• Inclusión, respecto e diversidade.

– Destrezas sociais e de comunicación efectivas para o éxito na aprendizaxe das matemáticas.

– Valoración da contribución das matemáticas ao longo da historia no avance das ciencias e da tecnoloxía.

• Comunicación e organización.

– Comunicación das ideas matemáticas de maneira ordenada e coherente empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.

– Recoñecemento e utilización da linguaxe matemática en diferentes contextos, comunicando a información con precisión e rigor.

– Planificación de procesos de matematización e modelización en contextos da vida cotiá, da tecnoloxía e das ciencias.

4.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Métodos Estatísticos e Numéricos desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Métodos Estatísticos e Numéricos e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1-2-3

2-5

4-5

3

OBX2

1-2

3

4

3

OBX3

1

1-2

1-2-3-5

3

3

OBX4

1-2-3

2-3-5

3

OBX5

1-3

2-3

1

OBX6

1-2

2

5

4

2-3

1

OBX7

3

1-2-5

3

4.1-4.2

OBX8

1-3

1

2-4

2-3

3.2

OBX9

3

5

1.1-1.2-3.1-3.2

2-3

2

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– A potenciación do razoamento, argumentación, investigación e comunicación, máis que os procedementos repetitivos.

– A interpretación, análise e modelización de situacións problemáticas en diferentes contextos, fomentando a adquisición do razoamento matemático e construíndo novos coñecementos a partir dos seus coñecementos previos.

– O emprego da historia das matemáticas para mostrar como se foi adquirindo o coñecemento matemático e as súas achegas á tecnoloxía e ás ciencias.

– O desenvolvemento de métodos para a realización de proxectos matemáticos e de resolución de problemas, individuais ou en grupo, dunha forma eficiente e lóxica, buscando xeneralizacións co fin de crear estratexias que poidan ser utilizadas en situacións análogas, proporcionando unha visión das matemáticas como un campo integrado de coñecemento en si mesmo e aplicado á tecnoloxía e ás ciencias.

– A realización de cálculos con lapis e papel débese limitar aos casos máis sinxelos. Nos casos máis complicados, utilizaranse as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas.

– A valoración do razoamento e a explicación dos procedementos empregados para obter os resultados, así como a súa análise crítica, primará sobre a outorgada aos cálculos realizados e aos posibles erros cometidos.

– A transmisión da importancia da comunicación das ideas matemáticas de forma ordenada e coherente, así como da utilización da linguaxe matemática en diferentes contextos coa precisión e o rigor adecuados.

– O fomento da adquisición das destrezas e actitudes necesarias para entender e manexar as emocións que xorden na aprendizaxe das matemáticas.

– O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan o traballo en equipo.

– A realización de proxectos, con ideas matemáticas relevantes, significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, que reforzan a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

– A énfase na atención individualizada á diversidade do alumnado: prevención das dificultades de aprendizaxe, detección de altas capacidades e posta en práctica de mecanismos de reforzo ou ampliación tan pronto como se detecten estas necesidades.

– O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual e a competencia dixital, e o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

5. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.

5.1. Introdución.

Como complemento á de Lingua Galega e Literatura, esta materia pretende que o alumnado galego poida ampliar o seu coñecemento da cultura da comunidade de que forma parte, aumentar o seu coñecemento do mundo, analizar de forma crítica a realidade e, así, mellorar as súas posibilidades comunicativas e estéticas.

Nesta materia de Literatura Galega preséntanse contidos referentes á literatura do século XX e da actualidade por estaren próximos á sensibilidade da xuventude, proximidade que facilitará a relación coa obra literaria a nivel contextual, textual e estético.

Todo o alumnado durante a etapa do bacharelato cursa Lingua Galega e Literatura, co cal adquire unha visión xeral da creación literaria. Polo tanto, para o desenvolvemento desta materia débese partir da materia común, de forma que non se produza unha redundancia de contidos e se favoreza o afondamento na formación literaria do alumnado.

Esta materia permitiralle ao alumnado, ademais da ampliación de coñecementos literarios, a mellora na utilización de procedementos, técnicas, habilidades e estratexias que axudarán na análise, na investigación, no desenvolvemento do xuízo crítico e na reutilización da información, aplicables non só no campo literario senón tamén noutros ámbitos do saber e en situacións da súa vida cotiá.

A lectura será actividade fundamental nesta materia, entendida como acción complexa que implica comprender, explicar, analizar, interpretar e valorar a obra literaria, de forma que se perciba como algo vivo, creativo e lúdico, que conforme lectoras e lectores con sensibilidade, curiosidade, reflexión e respecto cara a todas as manifestacións literarias, artísticas e de pensamento ou opinión.

É fundamental propiciar o traballo da aula que estimule as inquedanzas literarias do alumnado e no cal se fomente o espírito crítico, a escoita e o respecto polas distintas ideas e opinións sobre unha obra, a autoría ou un tema. O desenvolvemento destas actitudes conseguirá non só que as alumnas e os alumnos afonden nos seus coñecementos literarios, senón tamén que completen a súa personalidade como persoas responsables, críticas e tolerantes, que sexan quen de expor as súas opinións de xeito argumentado e de captar e aceptar as das doutras persoas.

A materia aparece distribuída en seis bloques:

O primeiro, «Aspectos comúns», presenta os contidos dos restantes bloques.

O segundo, «Narrativa», inclúe, entre outros aspectos, as principais características do relato (estrutura, técnicas, extensión) e os trazos definitorios da novela (tipos de narrador, personaxes, espazo e tempo).

O terceiro, «Poesía», atende á análise dos paradigmas, contextos, influencias, temas e ao estudo da forma ou expresión (voces, estrutura, figuras...) dos principais textos poéticos do período.

O cuarto, «Teatro», céntrase, por unha banda, no teatro desde o seu compoñente literario (caracterización da traxedia, comedia e drama) e, por outra, analiza o teatro como espectáculo, con especial atención ao funcionamento dos elementos e axentes escénicos.

O quinto, «Ensaio», aborda ensaios literarios (biografías, libros de viaxe, memorias, diarios, crítica literaria) e xornalísticos (artigos de opinión, crónicas e entrevistas).

E o sexto, «A literatura e outras artes», vira arredor das relacións, influencias e producións híbridas de literatura e outras manifestacións artísticas, que van desde o cinema, a música, as artes plásticas ou a fotografía, ata a banda deseñada e as novas tecnoloxías.

Esta materia contribuirá a que o alumnado coñeza a realidade galega no aspecto literario, lingüístico e cultural, cunha aproximación aos principais movementos literarios existentes no final do século XX e na actualidade a través de autoras e autores que, nesta altura, están a espallar, por medio das súas obras e da súa presenza en diversos foros ao longo de Galicia, a súa mensaxe e o seu pensamento.

5.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Realizar unha análise detallada do xénero narrativo, poético, teatral e ensaístico, e estudar a relación que existe entre a literatura e outras manifestacións artísticas.

• Abordaranse os trazos definitorios do xénero narrativo, poético, teatral e ensaístico. Posteriormente, afondarase na análise da narrativa, da poesía, do teatro e do ensaio galego do século XX e da actualidade, determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

• Realizaranse exposicións e comentarios críticos sobre obras e/ou fragmentos literarios pertencentes a cada un dos xéneros literarios.

• Este obxectivo ten tamén o propósito de analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e do cinema, a música, as artes plásticas, a fotografía, a banda deseñada e as novas tecnoloxías.

OBX2. Ler obras da literatura galega do século XX e da actualidade pertencentes aos catro xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), atendendo tanto ás relacións internas dos elementos constitutivos de cada xénero e as súas funcións nas obras como ás relacións externas das obras co seu contexto de produción e a súa inscrición na tradición cultural galega.

• Este obxectivo ten a función de desenvolver habilidades de interpretación que permitan o acceso a obras relevantes do patrimonio literario galego do século XX e da actualidade que faciliten a verbalización dun xuízo de valor fundamentado sobre as lecturas e apoiado na súa apreciación estética, e que axude a construír un mapa cultural que conxugue os horizontes galegos.

• Non se trata de abordar unha historia da literatura galega de pretensións enciclopédicas, senón de seleccionar un número reducido de obras que serán obxecto de lectura guiada e compartida na aula e que irán acompañadas dun conxunto de textos que permitirán tanto a súa contextualización histórica e cultural como a súa inscrición na tradición literaria, o acceso á historia das súas interpretacións e o diálogo con outras formas artísticas como o cinema, a música, as artes plásticas, a fotografía, a banda deseñada e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Este obxectivo ten a función de estudar a forma ou expresión dos principais textos poéticos do período, determinando o nivel actancial (actores e personaxes), a enunciación (voz, perspectiva e suxeito lírico), a estrutura e a figuración (tropos, figuras de dicción e figuras de pensamento).

OBX3. Seleccionar con criterio propio e coa consulta de recomendacións especializadas aquelas obras literarias que mellor se axustan aos gustos, intereses e necesidades persoais da xuventude, para facilitar a relación coa obra literaria a nivel contextual, textual e estético.

• Desenvolver este obxectivo implica avanzar na consolidación da autonomía e na construción da propia identidade lectora, artística e cultural, esencial para o mantemento do hábito como lector máis aló da vida escolar, dedicando un tempo periódico e constante á lectura, así como á reflexión que permita establecer relacións entre os textos lidos, as súas diversas representacións e adaptacións a outros medios como o cinema, a televisión ou os diversos formatos dixitais.

• Isto supón ampliar as formas de desfrute, a diversidade e a complexidade dos textos apreciados –que inclúa o contacto con formas literarias actuais, así como con prácticas culturais emerxentes e outras como o cinema, a música, as artes plásticas, a fotografía, a banda deseñada e as novas tecnoloxías– e a capacidade de expresar a experiencia de recepción como lectores ou como público. Trátase de ampliar a bagaxe de lecturas e, por conseguinte, enriquecer as formas de ler as obras para poder apreciar, progresivamente, a súa proposta estética, ademais de poder ampliar os elementos en que se sustente a formulación da experiencia para valoralas, incluíndo a identificación da intertextualidade entre os textos, así como a indagación e lectura de ensaio.

OBX4. Establecer vínculos entre obras literarias da literatura galega do século XX e da actualidade coas obras literarias da tradición lusófona, española e universal, para constatar a existencia de universais temáticos, tipoloxías de personaxes e canles formais recorrentes ao longo da historia, e recoñecer semellanzas e diferenzas en función dos seus respectivos contextos de produción e da interrelación entre literatura e sociedade.

• Este obxectivo incide na importancia de progresar na aprehensión do funcionamento do fenómeno literario afondando na noción de texto literario. Para isto, será necesario sustentar a aprendizaxe en procesos de indagación e de construción compartida da interpretación das obras, incluíndo a análise comparativa entre os textos literarios doutras tradicións.

• Así mesmo, a indagación, investigación e comparación constantes entre distintas obras e a súa relación con outras representacións artísticas relacionadas (cinema, música, artes plásticas, fotografía, banda deseñada e novas tecnoloxías) conducirán á constatación da existencia de temas, tópicos e personaxes universais, así como á comprensión da flutuación histórica de recursos expresivos e valores éticos e estéticos, todo o cal configura a arte dos xéneros literarios como artefactos ideolóxicos determinantes na construción dos imaxinarios colectivos.

• Trátase, en definitiva, de seleccionar para a lectura guiada e compartida na aula algunhas obras relevantes do patrimonio literario –un patrimonio que debe incorporar a obra de mulleres escritoras– en función da súa pertinencia para mostrar elementos relevantes da construción e funcionamento da literatura e das relacións que establecen con outros textos e cos valores ideolóxicos e estéticos do seu contexto de produción, así como da súa capacidade de iluminar, comprender e explicar o noso presente.

OBX5. Empregar as capacidades expresivas e creativas necesarias para a recreación ou creación de textos literarios, utilizando os elementos que configuran cada un dos catro xéneros, así como diferentes técnicas para compor a acción, o deseño de personaxes e a configuración de situacións e escenas.

• O ensino da escritura literaria en función do xénero (narrativa, poesía, teatro e ensaio) posúe un potencial expresivo e creativo para a promoción dun coñecemento diverso e experimentado que contribúe de maneira innegable ao desenvolvemento de persoas autónomas, participativas, solidarias, creativas e con cultura artística. A escritura creativa resulta moi adecuada como fonte de aprendizaxes lingüísticas, literarias e comunicativas. Conta, alén diso, coa vantaxe de relacionar de forma moi explícita a linguaxe oral e a escrita, co cal promove a mellora de ambas as formas de expresión. Tamén facilita a expresión íntima e persoal das e dos adolescentes, xa sexa sobre si mesmos ou sobre a súa visión do mundo.

• Este obxectivo require, polo tanto, que a escritura literaria non sexa vista como un proceso meramente reprodutivo; máis ben ao contrario, debe partir dun coñecemento o máis sistemático posible, aínda que nun nivel básico, da estrutura da obra literaria. Deste xeito, favorécese unha verdadeira procura de novas posibilidades creativas no alumnado, relacionando conceptos, identificando e modificando personaxes, escenarios, ambientes, conflitos, problemas e solucións, propiciando sempre o desenvolvemento da súa propia intencionalidade creativa.

OBX6. Participar na construción dun canon literario galego que integre a perspectiva de experiencia das mulleres a través da lectura, para establecer contrapuntos de interese, respecto e sensibilidade fronte a outras voces e para desenvolver o pensamento crítico a respecto da construción discursiva do mundo e dos seus imaxinarios.

• A sensibilidade contemporánea e os estudos literarios recentes coinciden ao sinalaren estrondosas ausencias na construción do canon literario. Ausentes as mulleres, faise inescusable unha reconstrución do canon que as incorpore, ao tempo que indaga nas causas da súa exclusión. Se a literatura e a arte son axentes determinantes nas construcións dos imaxinarios –a construción social dos xéneros, a configuración dun «nós» fronte aos «outros», ou o trazado de modelos sentimentais e amorosos– da educación literaria, neste caso ao redor do xénero literario, debe incorporar habilidades de lectura, interpretación e reapropiación dos textos que desenvolvan unha ollada distanciada e que favorezan unha reflexión crítica da construción discursiva do mundo.

5.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Materia de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

1º curso

Bloque 1. Aspectos comúns

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Ler e interpretar textos significativos do século XX e da actualidade, identificar neles os aspectos formais e temáticos que os individualizan e valoralos como expresión da sensibilidade autorial e da identidade cultural de Galicia.

OBX2

• CA1.2. Analizar os elementos intratextuais e extratextuais que impregnan as obras literarias, así como a estrutura e técnica que os sustentan.

OBX6

• CA1.3. Estudar a relación entre a obra literaria e o contexto sociocultural en que foi creada, e recoñecer as influencias literarias e non literarias presentes nela.

OBX2

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.4. Valorar a pluralidade de estéticas e temáticas literarias do século XX e da actualidade a través da análise do seu tratamento por diferentes autoras e autores e como medio de enriquecemento persoal.

OBX4

• CA1.5. Analizar a relación entre textos da literatura galega do século XX e da actualidade con textos doutras literaturas (lusófona, española e universal), e explicar as conexións formais e temáticas existentes entre eles distinguindo os trazos propios da nosa cultura literaria.

OBX4

• CA1.6. Estudar a relación entre a obra literaria e outras artes (cinema, pintura, música, etc.) e describir influencias e hibridacións.

OBX1

• CA1.7. Elaborar traballos de investigación escritos, orais ou multimodais sobre algunha obra ou aspecto salientable dela, empregando as fontes de documentación necesarias, e emitir unha opinión persoal argumentada.

OBX1

• CA1.8. Crear textos persoais ou colectivos de intención literaria nos cales se teñan presentes as técnicas e os coñecementos adquiridos no estudo e na análise das obras da literatura galega do século XX e da actualidade.

OBX5

• CA1.9. Participar na construción dun canon literario galego que integre a perspectiva de experiencia das mulleres.

OBX6

Contidos

• Lectura e interpretación de textos significativos do século XX e da actualidade, descrición neles dos aspectos formais e temáticos que os individualizan e valoración destes como expresión da sensibilidade autorial e da identidade cultural de Galicia.

• Análise dos elementos intratextuais e extratextuais que impregnan as obras literarias, así como da estrutura e da técnica que os sustentan.

• Estudo da relación entre a obra literaria e o contexto sociocultural en que foi creada, e recoñecemento das influencias literarias e non literarias presentes nela.

• Valoración da pluralidade de estéticas e temáticas literarias do século XX e da actualidade a través da análise do seu tratamento por diferentes autoras e autores. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo feminino.

• Análise da relación entre textos da literatura galega do século XX e da actualidade con textos doutras literaturas, e descrición das conexións formais e temáticas existentes entre eles.

• Estudo da relación entre a obra literaria e outras artes (cinema, pintura, música, etc.) e descrición de influencias e hibridacións.

• Elaboración de traballos de investigación escritos, orais ou multimodais sobre algunha obra ou aspecto salientable dela, empregando as fontes de documentación necesarias e cunha opinión persoal argumentada.

• Creación de textos de intención literaria nos cales se teñan presentes as técnicas e os coñecementos adquiridos no estudo e na análise das obras da literatura galega do século XX e da actualidade.

Bloque 2. Narrativa

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Analizar a narrativa galega do século XX e da actualidade determinando os seus paradigmas, os contextos e as influencias.

OBX1

• CA2.2. Comentar e comparar textos narrativos da literatura galega do século XX e da actualidade, e describir a coincidencia ou diverxencia temática, formal ou estilística.

OBX4

• CA2.3. Estudar o relato e sinalar as súas principais características: estrutura, técnicas e extensión.

OBX1

• CA2.4. Estudar a novela e describir os seus trazos definitorios: tipo de persoa narradora, deseño de personaxes e tratamento das categorías de espazo e tempo.

OBX1

• CA2.5. Realizar exposicións orais ou escritas acerca de relatos ou novelas coa axuda de medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e a comunicación, expresando as propias opinións e seguindo un esquema preparado previamente.

OBX1

• CA2.6. Elaborar comentarios críticos ou recensións de textos narrativos, xa sexan orais, escritos ou multimodais, participar en debates ou mesas redondas sobre lecturas, nos cales se incorpore a perspectiva de xénero, así como calquera outro discurso de interese na nosa sociedade.

OBX6

• CA2.7. Recreación e creación de textos narrativos utilizando os elementos que configuran o xénero, así como diferentes técnicas para compor a acción, o tempo, o deseño de personaxes e a configuración de espazos.

OBX5

Contidos

• Análise da narrativa galega do século XX e da actualidade, e descrición dos seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

• Comparación dalgúns textos narrativos da literatura galega do século XX e da actualidade, describindo a converxencia ou diverxencia temática ou estilística.

• Estudo do relato e descrición das súas principais características: estrutura, técnicas e extensión.

• Estudo da novela e descrición dos seus trazos definitorios: tipo de persoa narradora, deseño de personaxes e tratamento das categorías de espazo e tempo.

• Recomendación de lecturas de textos narrativos en soportes variados atendendo a aspectos temáticos, formais e intertextuais.

• Creación de textos narrativos a partir das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados.

Bloque 3. Poesía

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Analizar a poesía galega do século XX e da actualidade, determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

OBX1

• CA3.2. Comentar e comparar textos poéticos da literatura galega do século XX e da actualidade con textos da tradición lusófona, española e universal, e describir a coincidencia ou diverxencia temática, formal ou estilística.

OBX4

• CA3.3. Estudar o fondo ou contido dos principais textos poéticos do período, determinando temas e motivos.

OBX1

• CA3.4. Estudar a forma ou expresión dos principais textos poéticos do período, determinando o nivel actancial (actores e personaxes), a enunciación (voz, perspectiva e suxeito lírico), a estrutura e a figuración (tropos, figuras de dicción e figuras de pensamento).

OBX2

• CA3.5. Realizar lecturas e/ou exposicións orais ou escritas sobre obras poéticas da literatura galega do século XX e da actualidade.

OBX2

• CA3.6. Valorar a poesía como expresión estética dos sentimentos, ideas e inquietudes da persoa sobre o mundo que a rodea.

OBX2

• CA3.7. Recreación e creación de textos poéticos utilizando os elementos que configuran o xénero, así como diferentes técnicas para compor o poema.

OBX5

Contidos

• Análise da poesía galega do século XX e da actualidade, determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

• Comparación dalgúns textos poéticos da literatura galega do século XX e da actualidade, describindo a converxencia ou diverxencia temática ou estilística.

• Estudo do fondo ou contido dos principais textos poéticos do período, determinando temas e motivos.

• Estudo da forma ou expresión dos principais textos poéticos do período, determinando o nivel actancial (actores e personaxes), a enunciación (voz, perspectiva e suxeito lírico), a estrutura e a figuración (tropos, figuras de dicción e figuras de pensamento).

• Recomendación de lecturas de poemas en soportes variados atendendo a aspectos temáticos, formais e intertextuais. Utilización das redes sociais e formatos dixitais para o fomento da poesía: o videopoema.

• Creación de textos poéticos a partir das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados.

• Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos entre as obras lidas e aspectos da actualidade.

Bloque 4. Teatro

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Analizar o teatro galego do século XX e da actualidade, determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

OBX1

• CA4.2. Comentar e comparar textos teatrais da literatura galega do século XX e da actualidade, e describir a coincidencia ou diverxencia temática, formal ou estilística.

OBX1

• CA4.3. Analizar o teatro desde o seu compoñente literario e caracterizar a traxedia, a comedia e o drama do período.

OBX1

• CA4.4. Analizar o teatro como espectáculo e describir o funcionamento dos elementos e axentes escénicos.

OBX2

• CA4.5. Valorar a especificidade do teatro como medio de comunicación colectivo e como enriquecemento cultural da sociedade.

OBX6

• CA4.6. Recreación e creación de textos narrativos utilizando os elementos que configuran o xénero, así como diferentes técnicas para compor a acción, o deseño de personaxes e a configuración de escenas.

OBX5

Contidos

• Análise do teatro galego do século XX e da actualidade determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

• Comparación dalgúns textos teatrais da literatura galega do século XX e da actualidade, describindo a converxencia ou diverxencia temática ou estilística.

• Análise do teatro desde a súa compoñente literaria e caracterización da traxedia, a comedia e o drama do período, destacando os trazos distintivos dos distintos subxéneros literarios.

• Análise do teatro como espectáculo e descrición do funcionamento dos elementos e axentes escénicos.

• Lectura expresiva, dramatización e recitado atendendo aos procesos de comprensión, apropiación e oralización implicados.

• Creación de textos teatrais a partir das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados.

• Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos entre as obras lidas e aspectos da actualidade.

Bloque 5. Ensaio

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Analizar o ensaio galego do século XX e da actualidade, determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

OBX6

• CA 5.2. Comentar e comparar textos ensaísticos da literatura galega do século XX e da actualidade e describir a coincidencia ou diverxencia temática, formal ou estilística.

OBX4

• CA5.3. Analizar diferentes tipos de ensaios literarios: (auto)biografías, libros de viaxe, memorias, diarios e críticas literarias.

OBX1

• CA5.4. Analizar diferentes tipos de ensaios xornalísticos, artigos de opinión, crónicas e entrevistas, diferenciando información e opinión.

OBX1

• CA5.5. Realizar un proxecto de investigación sobre o ensaio como xénero emerxente na literatura galega no século XX.

OBX1

• CA5.6. Recreación e creación de textos ensaísticos utilizando os elementos que configuran o xénero.

OBX5

Contidos

• Análise do ensaio galego do século XX e da actualidade, determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.

• Comparación dalgúns textos ensaísticos da literatura galega do século XX e da actualidade, describindo a converxencia ou diverxencia temática ou estilística.

• Análise de diferentes tipos de ensaios literarios: (auto)biografías, libros de viaxe, memorias, diarios e críticas literarias.

• Análise de diferentes tipos de ensaios xornalísticos: artigos de opinión, crónicas e entrevistas.

• Selección de obras ensaísticas coa axuda de recomendacións especializadas.

• Estratexias de procura e selección das ideas máis relevantes en función da intención comunicativa e dos elementos da comunicación.

Bloque 6. A literatura e outras artes

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e o cinema.

OBX3

• CA6.2. Analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a música.

OBX3

• CA6.3. Analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as artes plásticas.

OBX3

• CA6.4. Analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a fotografía.

OBX3

• CA6.5. Analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a banda deseñada.

OBX3

• CA6.6. Analizar as relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as novas tecnoloxías.

OBX3

• CA.6.7. Establecer relacións significativas entre a literatura e o resto das artes e interpretar de maneira crítica algunhas obras ou fragmentos significativos adaptados a outras manifestacións artísticas analizando as relacións, similitudes e diferenzas entre as diferentes linguaxes expresivas.

OBX6

• CA6.8. Valorar o coñecemento das distintas artes como manifestacións de natureza social, cultural e artística posuidoras de códigos específicos e significativamente diferenciadores.

OBX1

• CA6.9. Desenvolver proxectos de investigación que dean lugar a unha exposición oral e a unha presentación multimodal arredor dunha cuestión que estableza vínculos argumentados entre obras dos distintos xéneros da literatura galega e outras manifestacións artísticas de onte e de hoxe, en función de temas, tópicos, estruturas, personaxes, linguaxe, recursos expresivos e valores éticos e estéticos, e que amose a implicación e a resposta persoal da lectora ou do lector na obra.

OBX1

Contidos

• Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e o cinema.

• Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a música.

• Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as artes plásticas.

• Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a fotografía.

• Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a banda deseñada.

• Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as novas tecnoloxías.

• Vínculos intertextuais entre obras e outras manifestacións artísticas en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes. Elementos de continuidade e ruptura.

• Recoñecemento das principais características das distintas linguaxes artísticas.

• Mobilización da propia experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre as obras lidas e outros textos e manifestacións artísticas, incluídas as prácticas culturais emerxentes.

• Participación activa no circuíto literario e cultural nun contexto presencial e dixital.

5.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

2-4

3

1

1.2-5

1-2-3.1-4.2

OBX2

4

3

1-3

1.1

1

1-2

OBX3

2-3-4

3

1

1-3

1.1-1.2

1-2

OBX4

2-3-4-5

1-2-3

4

1

1.1-5

1-2-3

1-2

4.1-4.2

OBX5

1-5

1-2

3-4

3

1.1-1.2-3.2-5

3

3

3.1-3.2-4.1-4.2

OBX6

2-3-4-5

3

3-4

1-3

1.1-3.2-4

1-2-3

3

1-2

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, que a capacidade de aprender por si mesmos e promovan o traballo en equipo. A metodoloxía deberá ser activa e participativa, de maneira que fomente a creatividade e o espírito crítico a través da investigación, da análise e do comentario de fragmentos e obras literarias de cada modalidade ou xénero textual, tendo en conta as interrelacións existentes entre os contextos socioculturais en que se producen as ditas obras, así como as formas e os contidos destas.

– A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, que reforzan a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. O profesorado que guíe estes proxectos didácticos debe propiciar a cooperación e a repartición equitativa de tarefas entre as alumnas e os alumnos participantes. A escenificación dunha peza teatral, a realización dun programa de radio sobre literatura ou a gravación dunha curtametraxe a partir dunha obra literaria son accións que requiren esforzo conxunto, toma de decisións, respecto pola opinión dos demais e outras dinámicas positivas que enriquecerán o desenvolvemento da personalidade adulta do alumnado.

– A atención á diversidade e a detección e prevención das dificultades de aprendizaxe ou outros problemas que se adoitan manifestar no ámbito escolar. Alén de reforzar os contidos académicos cunha atención máis individualizada aos estudantes que o precisaren, a clase de literatura galega, a través da lectura e do comentario de textos escollidos, pódese converter nunha canle de expresión das distintas problemáticas que poden afectar as alumnas e os alumnos dunhas aulas cada vez máis diversas (identidade de xénero, adaptación sociocultural, acoso escolar, violencia doméstica...).

– O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital e o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A proposta de lecturas e comentarios de textos de distinta temática e tipoloxía (ensaísticos, xornalísticos...) non só servirá para reforzar a adquisición das destrezas lingüísticas e outros saberes interdisciplinarios, senón que tamén serán fundamentais para achegar aspectos singulares da realidade sociocultural galega e acordar a capacidade crítica nun alumnado que debe saber interpretar a información dos medios e identificar boatos e noticias falsas.

– A proposta de obras e fragmentos literarios atendendo ás preferencias do público xuvenil e aos valores socioculturais e éticos que promovan a defensa dos dereitos humanos (a igualdade entre mulleres e homes, a paz, a solidariedade...) e a conciencia ambiental (a sustentabilidade do planeta, a conservación do medio natural, o benestar animal...). Tampouco se debe esquecer a abordaxe de textos desde unha perspectiva de xénero. As charlas con escritoras e escritores, os faladoiros e clubs de lectura ou os obradoiros literarios resultarán unha boa ferramenta para afondar nestes contidos.

– O coñecemento e a posta en valor de todos os axentes culturais relacionados coa literatura galega dos séculos XX e XXI. Poderanse promover iniciativas que permitan afondar e difundir as figuras máis destacadas nos distintos ámbitos: a organización de entrevistas con escritoras/es, ilustradoras/es, contacontos, regueifeiras/os, a participación en roteiros literarios por distintos lugares da xeografía galega, así como o desenvolvemento de traballos de investigación (exposicións, monográficos, compilacións, etc.) en formato analóxico ou dixital (realidade aumentada, códigos QR...).

– O fomento da interdisciplinariedade co fin de complementar o estudo e o desfrute das obras literarias. O traballo conxunto co profesorado e alumnado das disciplinas máis vinculadas ás artes (educación musical, artes escénicas...) axudará a explorar novos camiños de interpretación e profundar nos vínculos entre a literatura galega e outras manifestacións artísticas. Poderanse propor actividades en que se combinen, por exemplo, a poesía e a música (poemas musicados, videopoemas, raps, videoclips), a poesía e a expresión plástica (concursos de poemas ilustrados asociados a imaxes, fotografías...), e a novela e o cinema (dobraxe de películas, sesións de cinefórum sobre filmes baseados en novelas que se levaron á gran pantalla, etc.).

– A expresión e difusión dos gustos propios sobre as experiencias de lectura a través de distintos medios e soportes. A revista do centro (recensións, artigos...), a radio escolar (podcasts, sección de recomendacións lectoras, programas de literatura...), a TV escolar (coloquios, conversas con escritoras/es), as redes sociais ou as plataformas dixitais (booktrailers, booktubers...) serán espazos axeitados para que o alumnado vaia perfilando a súa identidade lectora e manifeste as súas opinións, tanto sobre os libros de lectura obrigatoria como doutros títulos que foren do seu interese.

– A potenciación da creatividade literaria oral e escrita a través de distintas canles, fomentado os produtos audiovisuais e a divulgación a través das TIC. Poderanse propor concursos virtuais de microrrelatos, micropoemas, micropílulas teatrais para difundir en dispositivos móbiles, relatos en banda deseñada creados con aplicacións informáticas, curtas de animación gravadas coa técnica stop motion ou retos e xogos interactivos como o escape room. Cómpre incidir especialmente na recuperación e actualización temática da regueifa e outras mostras da tradición oral galega próximas ao repentismo ou ao feestyle rap, de tanta aceptación entre a mocidade actual. Poderanse organizar concursos, obradoiros e festivais intercentros que teñan como protagonista a regueifa e outras formas de improvisación oral en verso, presentes en Galicia e noutras comunidades.

– A énfase na interterritorialidade e a lectura comparada de textos literarios e non literarios de autoras e autores galegos dos séculos XX e XXI con outros coetáneos de escritoras e escritores portugueses e tamén cataláns e vascos. O coñecemento de manifestacións literarias doutros territorios, con especial atención a Portugal e ás comunidades lusófonas, servirá tamén para profundar en distintas realidades socioculturais e lingüísticas. A organización de iniciativas conxuntas (concursos, exposicións...) ou os intercambios presenciais ou virtuais con alumnado que curse un nivel similar da materia en centros portugueses poden resultar actividades moi atractivas para o alumnado.

6. Psicoloxía.

6.1. Introdución.

A Psicoloxía é unha rama do saber cuxa finalidade esencial é tanto a comprensión da propia individualidade como das condutas sociais e a súa interrelación. Desde uns antecedentes históricos afastados, moi ligados ao desenvolvemento do saber filosófico, a Psicoloxía evolucionou cun cariz, en certo xeito, bifronte. Por unha banda, ten unha indubidable filiación humanística; por outra parte, a súa temática busca regularidades e explicacións científicas. Con estas características distintivas, polo seu obxecto de estudo e a súa metodoloxía, a Psicoloxía pódese considerar unha disciplina moi interesante para o alumnado de segundo de bacharelato, cunha indubidable vertente práctica, na medida en que o axudará a coñecerse mellor como individuo, a desenvolverse como persoa e, ao tempo, a afrontar os diversos problemas e retos que a convivencia suscita.

A propia complexidade, inscrita de seu no propio ser humano, faise visible na súa capacidade de relación con outros saberes, sinaladamente coa bioloxía, a socioloxía, a química e, desde logo, a filosofía. O significativo carácter dual da Psicoloxía pode axudar a desenvolver e adquirir de xeito especial as seguintes competencias clave: as vencelladas á competencia persoal, social e de aprender a aprender, a competencia cidadá e a competencia en conciencia e expresións culturais, así como a competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría. Trátase, xa que logo, dunha materia que, dada a súa riqueza de contidos e amplitude de horizontes, se pode converter en paradigmática para a adquisición da maior parte das competencias clave.

A Psicoloxía é, por outra banda, unha disciplina que contribúe ao desenvolvemento dalgúns elementos transversais do currículo, posto que axuda ao coñecemento das propias emocións e porque traballa o contido transversal referente á educación para a convivencia e o respecto nas relacións interpersoais, a competencia emocional, a autoestima e o autoconcepto como elementos necesarios para o adecuado desenvolvemento persoal, así como o rexeitamento e a prevención de situacións de acoso escolar, discriminación ou maltrato. Así mesmo, pode axudar a acadar a promoción do benestar, a seguridade e a protección de todos os membros da comunidade educativa. De xeito sinalado, a materia pode contribuír a desenvolver os valores e as actuacións necesarias para o impulso da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como o recoñecemento da contribución de ambos os sexos ao desenvolvemento da nosa sociedade, por canto a psicoloxía estuda, desde o respecto á diversidade, a variedade de comportamentos humanos dependentes de distintos padróns físicos, biolóxicos e/ou culturais.

Unha das finalidades da materia é iluminar o alumnado a respecto das significativas diferenzas entre os seus conceptos intuitivos do que é a Psicoloxía e as achegas máis específicas da Psicoloxía como ciencia, de modo que sexan capaces de profundar nas causas e consecuencias da conduta humana e da construción do seu coñecemento. A materia debe aproveitar as peculiaridades do alumnado como adolescente, explotando o desexo nesta etapa de coñecerse a si mesmo, para entender os procesos psíquicos e socioafectivos polos cales está pasando, e así poder contribuír a que se enfronte mellor ao seu propio desenvolvemento persoal. A través da materia de Psicoloxía, o alumnado ten a oportunidade de realizar experiencias e experimentos didácticos e participativos sobre o modo en que os seres humanos perciben a realidade, a interpretan e actúan en consecuencia, favorecendo, en suma, a construción cooperativa do coñecemento e a aplicación dunha metodoloxía dinámica e colaborativa no grupo.

A materia organízase en seis bloques: «A Psicoloxía como ciencia», «Fundamentos biolóxicos da conduta», «Os procesos cognitivos básicos: percepción, atención e memoria», «Procesos cognitivos superiores: aprendizaxe, intelixencia e pensamento», «A construción do ser humano. Motivación, personalidade e afectividade» e «Psicoloxía social». Daquela, desde a consideración da disciplina como ciencia analízanse os fundamentos biolóxicos da conduta, as capacidades cognitivas como a percepción, a memoria e a intelixencia, afondando na aprendizaxe e na construción da nosa personalidade individual e social. En suma, a materia de Psicoloxía, desde a dobre vertente humanística e científica, pode colaborar dun xeito representativo e versátil a fomentar o espírito científico aplicado ao seu campo de acción, pero tamén, desde unha vertente práctica, como disciplina que pode cooperar na mellora xenérica das condicións de vida das persoas e, ao mesmo tempo, patrocinar, desde o autocoñecemento, o xenuíno desenvolvemento persoal.

6.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Entender e valorar a especificidade da Psicoloxía como saber científico e metodolóxico, diferenciando as súas facetas teórica e práctica, identificando as súas áreas de aplicación e recoñecendo o seu carácter unitario entre a enorme variedade de intereses, teorías e escolas que a conforman desde as súas orixes, para xustificar a pertinencia do seu estudo á hora de dar conta da conduta e dos procesos mentais que nos caracterizan como individuos e como humanos.

• As interrogantes sobre o que sucede dentro da mente e o que pode explicar os comportamentos propios e os das outras persoas son comúns a todas as culturas. A cultura occidental situou a reflexión psicolóxica como unha cuestión central dentro da filosofía ata hai pouco máis dun século. Desde entón, e por obra de autores pioneiros, a Psicoloxía presentouse como saber científico, reivindicou a súa dobre faceta de coñecemento teórico e de práctica con vocación terapéutica, fixou o seu obxecto de estudo nos procesos mentais e no comportamento, e despregouse en moi distintos contextos aplicados e en escolas con intereses e enfoques moi diversos. O que unifica esta diversidade é un conxunto de obxectivos e temas que semellan perennes na nosa concepción dos seres humanos, e a suxeición aos principios metodolóxicos da ciencia, que lles garanten obxectividade e racionalidade ás súas hipóteses e teorías.

OBX2. Tomar conciencia das bases fisiolóxicas que posibilitan e determinan o noso comportamento e os nosos procesos mentais, e identificar os distintos niveis desa determinación (o xenético, o celular, o anatómico ou o químico) e as estruturas e funcións deses elementos fisiolóxicos, ademais de participar de xeito dialóxico, respectuoso e argumentado, en debates sobre as implicacións éticas, sociais e políticas do grao da dita determinación en temas como as diferenzas comportamentais entre sexos ou os avances tecnolóxicos na manipulación do xenoma, para afondar e entender con maior criterio o comportamento propio e o dos demais, e para formar unha opinión propia, reflexiva e fundamentada sobre temas que conforman o panorama de retos que nos presenta este século.

• A Psicoloxía, como saber que pretende estudar o noso comportamento e os procesos mentais, non pode quedar allea ás achegas que nas últimas décadas se están producindo nas ciencias biolóxicas ao respecto das bases fisiolóxicas do funcionamento do noso organismo en xeral e do sistema nervioso en concreto, en especial aos avances que as novas técnicas de imaxe nos proporcionan sobre o coñecemento do que sucede no interior do noso encéfalo. É preciso dominar a terminoloxía básica da xenética, saber recoñecer as partes dunha neurona e o seu funcionamento específico, apreciar o determinante dos niveis de certos axentes químicos (neurotransmisores ou neuronas) no estado do organismo e nas situacións de carga emocional, ou diferenciar as distintas partes do encéfalo coas súas funcións correspondentes se pretendemos non agocharnos ante o feito de que todo fenómeno psíquico corresponde a un determinado estado fisiolóxico material que o determina e posibilita.

• Pero esta correspondencia entre estados psicolóxicos e estados fisiolóxicos abre a porta a múltiples debates de transcendencia ética, política e social, onde está comprometida a mesma idea do que podemos entender como ser humano. Desde os límites que se lles poden pór aos avances nas biotecnoloxías (en campos como a enxeñería xenética ou a produción e síntese, e a xeneralización do consumo de produtos químicos psicoactivos), aos problemas éticos relacionados coa facilidade de caer na falacia naturalista e de dar por moralmente válidos e inmodificables os achados das ciencias biolóxicas ao respecto de cuestións abertas no debate social e político (como as bases biolóxicas que poden explicar as diferenzas comportamentais entre sexos, o que permite entender a crítica ao «reducionismo biolóxico» que é predominante no pensamento feminista), ou ao fenómeno de politización da ciencia, politización cada vez máis xeneralizada, pero que se dá nas cuestións referidas a este ámbito de maneira especialmente intensa, e que pon en perigo o aval social e comunitario que a investigación científica merecidamente posúe e precisa. O noso alumnado ten que ser quen de investigar e atopar os mellores argumentos das posturas enfrontadas, e sometelos a debate crítico, colaborativo e tolerante, no cal forme unha opinión propia e fundamentada sobre estes temas.

OBX3. Coñecer, distinguir e apreciar a importancia, para a nosa adaptación ao medio e para a supervivencia, dos procesos cognitivos básicos, percepción, atención e memoria, así como a súa interrelación no psiquismo humano, estudando os seus aspectos fundamentais para expresar, comprender e interpretar desde distintas fontes de información, de maneira científica, os ditos procesos que lle permitirán comprender as bases dos procesos psíquicos superiores, e ser quen de aplicar as consecuencias do estudo ás súas características persoais.

• Percepción, atención e memoria constitúen os procesos cognitivos básicos do noso psiquismo. Trátase de analizar neste bloque os procesos mentais que leva a cabo o noso cerebro para traballar coa información recibida do exterior e do noso propio interior. Ademais, a nosa psique elabora a dita información, acumúlaa para cando lle faga falta e analízaa para aplicala e poder tomar decisións en relación co medio que habitamos e que nos permite sobrevivir. Son, por iso, esenciais. A través da sensación e a percepción, captamos, elaboramos e traballamos sobre a información para darlle sentido. Mediante a atención, seleccionamos a información recibida, centrándonos sobre certos estímulos. A memoria permítenos reter e almacenar información ata que sexa necesaria a súa recuperación para ser procesada posteriormente a curto ou a longo prazo. Os tres procesos están intimamente relacionados: a atención exixe da percepción para poder procesar a información rexistrada e a memoria traballa sobre aquilo en que se centrou a atención do percibido. Ademais, constitúen o fundamento para os procesos psíquicos superiores de intelixencia, aprendizaxe e pensamento.

• Con este obxectivo perséguese que o alumnado comprenda, distinga e relacione estes procesos básicos, o cal lle servirá para coñecerse mellor e poder aplicar os ditos coñecementos para potenciar algúns aspectos da súa persoa, como a memorización e a recuperación da información, e tamén para ter consciencia das súas capacidades ou dificultades relativas á atención.

OBX4. Definir os procesos cognitivos superiores analizando que é a Psicoloxía cognitiva e, dentro desta, estudando a aprendizaxe, a intelixencia e o pensamento, para comprender como estes procesos nos permiten elaborar a información e acadar unha mellor adaptación ao contorno.

• Dentro da Psicoloxía cognitiva, de tanta actualidade, os procesos cognitivos superiores son operacións mentais que, a partir de habilidades cognitivas que se poden adestrar e mellorar, permiten procesar toda a información que chega ao noso cerebro e dá lugar á adquisición de coñecementos, o cal determina a nosa conduta e, polo tanto, a adaptación ao contorno. Estes procesos son múltiples, pero as alumnas e os alumnos poden centrarse nestes tres fundamentais e que se relacionan entre si: a aprendizaxe, a intelixencia e o pensamento. No seu estudo poderán comprender que non son procesos dados e estancos, senón interdependentes e en continua construción. Ademais, deberán comprender que, en calquera caso, poderiamos falar de diferentes tipos ou modelos de cada proceso, o cal lles achegará unha visión crítica e aberta de cada un deles.

OBX5. Comprender como a motivación, a afectividade e a personalidade, así como os diferentes trastornos e mesmo frustracións, contribúen a desenvolver, alterar e construír o ser humano, coa finalidade de tomar conciencia, con sentido crítico, das habilidades sociais necesarias para adquirir un posicionamento propio ante a realidade e os demais.

• Analizar a construción do ser humano implica reflexionar sobre tres elementos fundamentais: a motivación, a afectividade e a personalidade, sen esquecer a relevancia das posibles frustracións, alteracións e trastornos. Dentro da afectividade adoita distinguirse entre emocións, que son estados afectivos intensos que sobreveñen súbita e bruscamente en forma de crises máis ou menos violentas e máis ou menos pasaxeiras; os sentimentos, que son estados afectivos máis complexos, máis estables e duradeiros que as emocións e menos intensos, e as paixóns, que teñen características dos dous estados anteriores, a forza e a intensidade da emoción e a estabilidade e a duración do sentimento. Outro dos elementos fundamentais na construción do ser humano é a motivación. As emocións e a motivación están intimamente relacionadas. As emocións activan e dirixen a conduta da mesma maneira en que o fan as motivacións básicas. Neste sentido, podemos dicir que a afectividade tingue a conduta humana e que, en certo sentido, a condiciona. A afectividade é unha peza básica da nosa personalidade e chega a determinar, en moitos casos, o grao de madurez. A personalidade pódese definir, nunha primeira aproximación, como o modo característico e habitual en que cada persoa pensa, sente e se comporta. É algo que comeza a formarse na infancia e que se desenvolve ao longo da nosa vida. A personalidade non ten por que ser algo «feito dunha vez para sempre», aínda que, chegados a unha etapa de madurez, logremos unha conduta estable e consistente.

OBX6. Comprender a perspectiva psicosocial do ser humano atendendo á articulación e interacción entre os procesos individuais e os procesos sociais, axudando a entender e explicar a importancia do contexto social no comportamento do ser humano, coa finalidade de aprender a pensar de maneira crítica sobre as condutas cotiás e valorando como nos vemos a nós mesmos e como afectamos e nos afectan nas relacións cos demais.

• A Psicoloxía social trata de responder de maneira científica á relación da persoa co contorno social. A Psicoloxía social foi definida como o intento de comprender e explicar como o pensamento, o sentimento e a conduta das persoas individuais resultan influídos pola presenza real, imaxinada ou implícita doutras persoas. Esta definición é quizais a mellor maneira de reflectir de que trata esta ciencia que comprende multitude de contidos: o autoconcepto, a percepción dos demais, a influencia que exercen os demais sobre nós, as actitudes que mantemos sobre os demais, a atracción interpersoal, os comportamentos positivos e negativos cara aos demais, os estereotipos e os prexuízos, etc. Englobariamos todos estes procesos en tres: intrapersoais, interpersoais e grupais ou societais.

• En resumo, esta ciencia estuda como inflúen unhas persoas nas outras, que pensan unhas das outras e como se relacionan entre si, é dicir, da interdependencia dos procesos psicolóxicos e sociais.

• Este obxectivo ten como fin mellorar o coñecemento propio do noso alumnado e do mundo en que vive, así como aprender a manter unha postura crítica acerca do seu comportamento afectado pola influencia do ámbito social e da súa personalidade.

6.3. Criterios de avaliación e contidos.

2º curso.

Materia de Psicoloxía

2º curso

Bloque 1. A Psicoloxía como ciencia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Entender e apreciar a especificidade e a importancia do coñecemento psicolóxico como ciencia que trata da conduta e dos procesos mentais do individuo, valorando que se trata dun saber e unha actitude que estimula a crítica, a autonomía, a investigación e a innovación.

OBX1

• CA1.2. Identificar a dimensión teórica e práctica da Psicoloxía, os seus obxectivos, as súas características e as súas ramas e técnicas de investigación relacionándoas, como ciencia multidisciplinar, con outras ciencias cuxo fin é a comprensión dos fenómenos humanos, como a filosofía, a bioloxía, a antropoloxía e a economía, entre outras.

OBX1

• CA1.3. Recoñecer e expresar as achegas máis importantes da Psicoloxía, desde os seus inicios ata a actualidade, identificando os principais problemas formulados e as solucións achegadas polas correntes psicolóxicas contemporáneas, e realizando unha análise crítica de textos significativos e breves de contido psicolóxico, identificando as problemáticas formuladas e relacionándoas co estudado na unidade.

OBX1

Contidos

• O saber psicolóxico.

– Obxecto propio da Psicoloxía. A Psicoloxía e outros saberes.

– Facetas teórica e práctica da Psicoloxía, e áreas de aplicación.

– Obxectivos que caracterizan a Psicoloxía.

• O desenvolvemento histórico da Psicoloxía.

– A Psicoloxía desde as súas orixes en Grecia ata o século XIX.

– A constitución da Psicoloxía como ciencia desde finais do século XIX a principios do século XX.

– As distintas teorías psicolóxicas.

• Os métodos de investigación en Psicoloxía.

– O método científico.

– A descrición: observación naturalista, estudo de casos, enquisas.

– A investigación correlacional. Correlación e causalidade.

– O método experimental: variables, grupos e mostras.

Bloque 2. Fundamentos biolóxicos da conduta

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Identificar as células neuronais, a súa estrutura e as funcións das súas partes, mediante esquemas e imaxes, apreciando o papel básico que o impulso neuroeléctrico desempeña como unidade fundamental da cal está composto todo proceso psicolóxico, e estimando o papel que xogan no mantemento do sistema neural as células gliais.

OBX2

• CA2.2. Analizar e apreciar a importancia da organización do sistema nervioso central, fundamentalmente do encéfalo humano, recompilando información de fontes fiables, sintetizándoa de xeito rigoroso e producindo, de xeito colaborativo e co uso de ferramentas tecnolóxicas, distintos esquemas e traballos de investigación nos cales se distingan as localizacións e as funcións das estruturas que o compoñen e determinan a conduta dos individuos.

OBX2

• CA2.3. Entender e valorar as técnicas actuais de investigación do cerebro e o seu impacto no avance científico acerca da explicación da conduta e na superación dalgúns trastornos e dalgunhas doenzas mentais.

OBX2

• CA2.4. Distinguir a importancia do sistema nervioso periférico como interface necesaria na comunicación entre o encéfalo e o resto do organismo, salientando o papel central do sistema nervioso autónomo na regulación automática e inconsciente das actividades vitais do organismo e dos cambios fisiolóxicos que acompañan os distintos estados emocionais.

OBX2

• CA2.5. Investigar e resumir a influencia dos distintos neurotransmisores sobre o cerebro, xunto coa relación que gardan os distintos órganos encefálicos co sistema endócrino, comparando así os modos distintivos que teñen as hormonas e os neurotransmisores de preparar o corpo para todo tipo de reaccións comportamentais.

OBX2

• CA2.6. Comprender e recoñecer algunhas das bases fisiolóxicas que determinan a conduta humana, mediante a participación nun debate onde se expoñan e analicen de xeito argumentado e crítico as posturas ao respecto das limitacións que estas bases (xenéticas, hormonais, e outras) impoñen á liberdade humana en temas tan centrais na nosa visión do ser humano como as diferenzas comportamentais entre sexos, a identidade persoal, o uso de substancias psicoactivas ou a capacidade científico-técnica de alterar o xenoma humano.

OBX2

Contidos

• A neurona.

– A estrutura da neurona.

– O impulso neuroeléctrico e a sinapse.

– As células gliais.

• O sistema nervioso.

– Estrutura do sistema nervioso central e función das distintas partes.

– As novas técnicas de imaxe e os avances no coñecemento do encéfalo.

– O sistema nervioso periférico.

• A química da mente.

– Os distintos neurotransmisores.

– O sistema endócrino: glándulas, hormonas e conduta.

• Xenética e conduta.

– O xenoma humano.

– O estudo da influencia da xenética na conduta.

– Enfermidades xenéticas con repercusións mentais e condutuais.

– Implicacións sociais dos avances tecnolóxicos en xenética.

• Bases fisiolóxicas das diferenzas condutuais entre sexos.

– As diferenzas psicolóxicas transculturais.

– O papel das hormonas.

– O debate sobre as diferenzas na estrutura encefálica.

– As teses da Psicoloxía evolucionista.

– As críticas ao enfoque bioloxicista das diferenzas de xénero.

Bloque 3. Os procesos cognitivos básicos: percepción, atención e memoria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Comprender, distinguir e relacionar a sensación e a percepción como procesos cognitivos básicos da información, e analizar en profundidade a percepción identificando a súa importancia para dar significado ao mundo exterior e interior do ser humano.

OBX3

• CA3.2. Apreciar na percepción a capacidade para xerar nas alumnas e nos alumnos un sentido estético de achegamento á realidade, e impulsar a súa creatividade artística.

OBX3

• CA3.3. Distinguir e relacionar a atención e a percepción, así como coñecer e identificar os distintos tipos de atención e os trastornos asociados a ela, analizando os seus trazos fundamentais para poder aplicar o coñecido á nosa estrutura psíquica persoal.

OBX3

• CA3.4. Relacionar a atención e a memoria e enunciar os principios básicos desta, a través de distintos rexistros sensoriais, analizándoa brevemente a través de distintas teorías e estudando os tipos de memoria e o esquecemento para aplicar o seu coñecemento ás nosas capacidades e poder melloralas.

OBX3

Contidos

• Sensación e percepción. Definición e relación.

• Organización da percepción e constancias perceptivas.

– A percepción de obxectos, do movemento e da profundidade. A Gestalt.

• A percepción extrasensorial. As ilusións perceptivas. A percepción subliminar.

• Percepción e atención.

– Tipos de atención.

– Trastornos da atención.

• A memoria. Memoria e atención.

– Rexistros sensoriais: visual, auditivo e táctil.

• Breve aproximación ás teorías sobre a memoria.

• A memoria como proceso psicolóxico: codificación, almacenamento e recuperación.

• Tipos de memoria.

– Memoria a curto prazo, memoria operativa e memoria a longo prazo.

– Memoria episódica, semántica e procedemental.

• O esquecemento: factores que interveñen.

– Métodos para mellorar o recordo.

Bloque 4. Procesos cognitivos superiores: aprendizaxe, intelixencia e pensamento

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Definir que son os procesos cognitivos superiores, incidindo na súa relación coas habilidades cognitivas.

OBX4

• CA4.2. Explicar en que consiste a aprendizaxe, estudando os principais factores que inflúen nela e as teorías máis importantes.

OBX4

• CA4.3. Expor que é a intelixencia, explicando os modelos de intelixencia máis relevantes.

OBX4

• CA4.4. Analizar o pensamento desde un punto de vista psicolóxico e explicar os seus tipos.

OBX4

Contidos

• Definición de procesos cognitivos superiores.

– As habilidades cognitivas.

• A aprendizaxe. Factores que inflúen na aprendizaxe e teorías da aprendizaxe.

– O condutismo e o condicionamento na publicidade, o cognitivismo e o construtivismo.

– Tipos de aprendizaxe.

• A intelixencia.

– Modelos de intelixencia.

– Fases do desenvolvemento da intelixencia.

– A medición da intelixencia e o coeficiente intelectual.

• O pensamento. Características e tipos de pensamento segundo a Psicoloxía.

Bloque 5. A construción do ser humano. Motivación, personalidade e afectividade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Explicar e valorar a importancia da motivación, a súa clasificación e a súa relación con outros procesos cognitivos, desenvolvendo os supostos teóricos que a explican e analizando as deficiencias e os conflitos que no seu desenvolvemento conducen á frustración.

OBX5

• CA5.2. Comprender que é a personalidade analizando as influencias xenéticas, ambientais e culturais sobre as cales se edifica, as teorías que a estudan e os factores motivacionais, afectivos e cognitivos necesarios para a súa adecuada evolución en cada fase do seu desenvolvemento.

OBX5

• CA5.3. Entender a complexidade de definir que é un trastorno mental, describindo algúns dos factores xenéticos, ambientais e evolutivos implicados, co fin de comprender as perspectivas psicopatolóxicas e os seus métodos de estudo.

OBX5

• CA5.4. Recoñecer e valorar os tipos de afectos, así como a orixe dalgúns trastornos emocionais, co obxecto de espertar o interese do alumnado polo desenvolvemento persoal desta capacidade.

OBX5

• CA5.5. Coñecer a importancia que na maduración da persoa teñen as relacións afectivas e sexuais, e analizar criticamente os seus aspectos fundamentais.

OBX5

Contidos

• A motivación.

– Teorías sobre a motivación.

– Motivación e logros no ámbito educativo e profesional.

– A frustración e as súas causas.

• A personalidade.

– Teorías sobre a personalidade.

– Fases da personalidade.

– Métodos de avaliación da personalidade.

– Consciencia e inconsciencia.

– Identidade e autoestima.

– Alteracións da conciencia e da personalidade.

– Psicopatoloxía e trastornos da personalidade.

• A afectividade.

– Teorías sobre a afectividade.

– As emocións e os trastornos.

– Afectividade e sexualidade.

Bloque 6. Psicoloxía social

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Identificar, describir e explicar os procesos psicosociais que teñen lugar tanto no plano intrapsíquico como no interpersoal e no colectivo, que inflúen no que pensamos de nós mesmos e dos demais, das nosas actitudes e das atribucións que facemos sobre os demais, para comprender mellor a nosa identidade e a dos demais.

OBX6

• CA6.2. Determinar no eido interpersoal os factores psicosociais que inciden na conformidade e a obediencia á autoridade e dentro dos grupos, a atracción interpersoal, as condutas prosociais e antisociais dos individuos e dos grupos humanos, e levar a cabo esta determinación dun xeito colaborativo dentro da aula.

OBX6

• CA6.3. Coñecer os principios psicosociais do funcionamento dos grupos de analizar os estereotipos e os prexuízos, os estereotipos de xénero, o conflito, a cohesión e a polarización grupal, para comprender o nosos comportamentos e pensamentos na vida cotiá.

OBX6

Contidos

• A cognición social.

– O eu social: autoconcepto e identidade.

– Percepción e atribución social.

• Influencia social.

– Conformidade e obediencia. Influencia do líder.

– Impacto emocional das redes sociais.

• Actitudes e cambio de actitudes.

– Procesos de persuasión.

• Comportamento interpersoal.

– A atracción interpersoal.

– Comportamentos prosociais e antisociais.

• Relacións intergrupais.

– Estereotipos e prexuízos. Estereotipos de xénero.

– Conflito, cohesión e cooperación.

• Psicoloxía dos grupos: a polarización grupal.

6.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Psicoloxía desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Psicoloxía e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1-2

1

1.1-3.1

1

OBX2

1-2-3-5

1-2-4

1-2-3

4

1-3

2

OBX3

1-2-3

3

1-2-4

1

2

1

3.1-4.1

OBX4

1-2

1

1-2-4

1

4-5

1

OBX5

1-5

1

2-4

1

1.1-1.2-2-3.1

2-3

OBX6

5

1-2-4

1

2-3.1-3.2

2-4

3

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmo e promovan o traballo en equipo.

– A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, que reforzan a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

– A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

– O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento, e que permitan, en suma, abordar un tratamento integrado das competencias, facendo realidade palpable a construción colaborativa do coñecemento.

– A elaboración de tarefas ou situacións-problema, suscitadas cun obxectivo concreto, para resolvelas facendo un uso adecuado de distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores.

– A incentivación dun afán de indagación e necesidade de novos coñecementos a través da capacidade de xeración de curiosidade.

– O uso de estratexias para traballar o carácter transversal e práctico, empregando no proceso de ensino e aprendizaxe de xeito asiduo as tecnoloxías da información e da comunicación, que permiten o acceso a recursos virtuais.

– O emprego de metodoloxías activas que procuren un «saber facer» que conecte coas habilidades prácticas.

7. Segunda Lingua Estranxeira.

7.1. Introdución.

Instrumento de coñecemento, comunicación e creatividade, as linguas vehiculan, ademais, culturas e modos de ser e de facer. Así, o coñecemento de varias linguas pon a persoa usuaria en contacto cunha diversidade rica e complexa de experiencias e de construcións culturais, tanto individuais como colectivas.

O coñecemento de linguas é, pola súa vez, un instrumento esencial para a existencia curiosa e participativa nun mundo global, no cal se desenvolve un sentido de comunidade que está a dar lugar a comunidades dixitais, estilos de vida, hábitos de consumo e sensibilidades comúns respecto do que consumimos ou das condicións ambientais. Transitar adecuadamente, con instrumentos lingüísticos e culturais suficientes, por estes ámbitos da globalización, converteuse nunha necesidade para que poidan fluír o diálogo intercultural, a solidariedade internacional e os dereitos humanos universais.

Ao acceder ao bacharelato, o alumnado ten desenvolvidas a competencia en comunicación lingüística e a competencia plurilingüe grazas ás experiencias de aprendizaxe nas linguas ambientais e en dúas linguas estranxeiras, que o puxeron en relación con culturas e modos de interaccións diferentes ao seu contexto habitual. Na etapa previa, educación secundaria obrigatoria, adquiriu e desenvolveu un repertorio plural de recursos lingüísticos e culturais, consciencia de metalinguaxe para describir os sistemas lingüísticos das linguas, coñecementos discursivos e estratexias comunicativas de comprensión, produción, interacción e mediación. Así, nesta nova etapa educativa o alumnado posúe xa unha madurez lingüística e social que lle permitirá ampliar as marxes da súa competencia plurilingüe e pluricultural e utilizar conscientemente todo o repertorio de recursos lingüísticos e culturais que posúe, para enfrontarse con maior dominio ás actividades lingüísticas de produción, comprensión, interacción e mediación nesta segunda lingua estranxeira, á vez que fai evolucionar tal repertorio.

Mediante a competencia plurilingüe e pluricultural, o alumnado poderá mobilizar o repertorio plural dos recursos lingüísticos e culturais das linguas que conforman o seu repertorio lingüístico (linguas cooficiais da nosa comunidade, linguas estranxeiras –vivas ou clásicas– e linguas de migración, se é o caso) e así enfrontarse á necesidade de comunicar noutra lingua estranxeira apoiado polos coñecementos e as experiencias lingüísticas e culturais adquiridos en todas as linguas coñecidas ou aprendidas. Pois, á fin e ao cabo, todas as linguas seguen un desenvolvemento similar e serven ao entendemento e á comunicación humana.

Pola súa banda, a segunda lingua estranxeira contribuirá a que o alumnado desenvolva a súa competencia intercultural, abríndolle o ámbito da alteridade e axudándoo a comprender mellor o outro, ampliando as súas competencias de mediación entre diferentes grupos sociais e a súa capacidade de cuestionar aqueles aspectos da súa propia cultura que poidan parecer incuestionables. Así, mediante a aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira desenvolveranse actitudes abertas para aprender tanto a xestionar con intelixencia emocional outras formas de contacto coa alteridade como a afrontar con curiosidade, empatía e seguridade o encontro co descoñecido.

En consecuencia con todo o anterior, os obxectivos da materia de Segunda Lingua Estranxeira no bacharelato toman en consideración as competencias adquiridas durante a educación secundaria obrigatoria. Isto implica ter en conta como coñecementos previos as súas estratexias comunicativas, xa adquiridas, de comprensión, produción, interacción e mediación. Enténdese esta última, neste contexto de adquisición dunha segunda lingua estranxeira, como a actividade orientada a transmitir mensaxes comúns e habituais co fin de facilitar a comprensión mutua e de transferir información, actuando de intermediario entre persoas interlocutoras de linguas e culturas diferentes en situacións de comunicación que non presenten unha especial dificultade.

En canto aos criterios de avaliación da materia, aseguran a consecución dos obxectivos, polo que se presentan directamente vinculados a eles. Na súa formulación competencial, exponse enunciando o proceso ou a capacidade que o alumnado debe mostrar, xunto co contexto ou modo de aplicación e uso do dito proceso ou capacidade. A nivelación dos criterios de avaliación está adecuada á madurez, experiencias de aprendizaxe lingüísticas previas e desenvolvemento psicoevolutivo do alumnado da etapa de bacharelato.

Pola súa banda, os contidos son os coñecementos (saber), as destrezas (saber facer) e as actitudes (saber ser) necesarios para a realización das aprendizaxes e a avaliación das capacidades ou procesos enunciados nos criterios de avaliación. Estrutúranse en tres bloques. O bloque «Comunicación» abrangue os coñecementos, destrezas e actitudes que é necesario mobilizar para o desenvolvemento das actividades lingüísticas de comprensión, produción, interacción e mediación, incluídos os relacionados coa procura de fontes de información e a xestión das fontes consultadas. O bloque «Plurilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe» engloba as estratexias e os procesos, de maneira que aqueles traballados nunha lingua sexan igualmente utilizados nas actividades lingüísticas das demais. O dominio das aprendizaxes establecidas neste bloque vai permitir que o alumnado poida focalizar, no proceso de ensino e aprendizaxe, nos elementos propios da lingua estranxeira e en todos aqueles aspectos que teñen incidencia directa na capacidade de comunicarse adecuadamente. Por último, no bloque «Interculturalidade» agrúpanse os coñecementos, destrezas e actitudes sobre as culturas vehiculadas a través da lingua estranxeira e a oportunidade de enriquecemento e de relación cos demais que estas posibilitan. Resultan esenciais neste bloque as actitudes de interese, aprecio e respecto por outras linguas, variedades lingüísticas e culturas. Neste sentido, o currículo de Segunda Lingua Estranxeira estrutúrase ao redor da variedade estándar da lingua coa única finalidade de que a persoa usuaria se poida comunicar cun maior número de persoas interlocutoras.

7.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Comprender as ideas principais e as liñas argumentais básicas de textos expresados na lingua estándar, buscando fontes fiables e facendo uso de estratexias de inferencia e comprobación de significados, para responder ás necesidades comunicativas.

• Comprender textos orais, escritos ou multimodais é un proceso non só lingüístico, senón tamén perceptivo, cognitivo, de actitude, sociolóxico e tecnolóxico, no caso da multimodalidade, que nos pode levar á interpretación e á valoración persoal do texto tanto desde a discriminación de fonemas, sílabas, palabras, sons, etc., como desde a atribución dun significado global, que interpretamos en función da situación de comunicación, a posta en páxina do texto, as imaxes, voces ou xestualidade que o acompañan, pois os textos orais, escritos ou multimodais están inseridos en contextos lingüísticos e extralingüísticos, e en figuras visuais que crean o seu sentido.

• Neste percorrido de comprensión debemos acompañar e guiar o alumnado, axudándo a incorporar ao proceso os seus coñecementos previos, lingüísticos e pragmáticos, e o seu coñecemento do mundo, recorrendo ás estratexias de comprensión adquiridas na aprendizaxe doutras linguas, ao seu coñecemento da metalinguaxe, á súa información extratextual, e ao seu coñecemento e manexo de diversos tipos de recursos visuais e vocais; en definitiva, á súa experiencia como aprendiz de linguas e dos múltiples recursos para construír e consumir textos multimodais que nos ofrece a tecnoloxía.

• No bacharelato, o alumnado ten xa experiencia en aplicar as estratexias e coñecementos que posúe para comprender o sentido xeral, a información esencial e os detalles máis relevantes dos textos orais, escritos e multimodais. Igualmente, é coñecedor de que a oralidade é un produto en construción que lle permite acceder ao sentido preguntando ás persoas interlocutoras, solicitando repeticións, paráfrases ou substitucións, mentres que o texto escrito é o resultado dun pensamento acabado, e o multimodal está creado a partir de sistemas semióticos ou de linguaxes diversas que contribúen ao seu significado.

• Do mesmo modo, o alumnado é consciente de que a súa actitude ante a propia capacidade de comprensión e a empatía cara á cultura que transmite a lingua estranxeira son esenciais no desenvolvemento da capacidade de comprender, de chegar ao significado. Porén, a experiencia das e dos aprendices na aprendizaxe de linguas estranxeiras non garante o seu éxito.

• Por iso, o profesorado debe coidar a selección dos recursos didácticos, os medios, os métodos e as actividades que proporá para desenvolver esta actividade lingüística da comprensión en lingua estranxeira, adecuados especialmente á idade, ao intereses e ao nivel escolar do alumnado.

OBX2. Producir textos claros, ben organizados e con certo detalle, usando estratexias tales como a planificación, a síntese, a compensación ou a autorreparación, para expresar ideas e argumentos de forma adecuada, de acordo con propósitos comunicativos concretos.

• Producir textos orais, escritos ou multimodais é un proceso non só lingüístico, senón tamén perceptivo, cognitivo, de actitude, sociolóxico e, no caso da multimodalidade, tecnolóxico, que a persoa leva a cabo recorrendo a unha serie de estratexias comunicativas propias da expresión, como son planificar de antemán o discurso, controlar sobre a marcha a súa intelixibilidade, comprensión ou aceptación por parte das persoas destinatarias ou, cando cómpre, compensar unha carencia tecnolóxica, renunciando, por exemplo, a un sistema semiótico, ou a insuficiencia na lingua estranxeira, parafraseando, explicando ou mesmo evitando expresar o que se desexa: tales estratexias son idénticas ás que empregan as persoas na produción da súa propia lingua.

• As estratexias de produción consideran unha fase inicial de planificación consciente ou intuitiva da actividade, para o cal se seleccionan os sistemas semióticos (lingüístico, visual, audio, xestual ou espacial), o rexistro, o ton, a estrutura discursiva, o léxico, etc. e, tendo en conta, para iso, a persoa destinataria, o contexto comunicativo e a finalidade da produción. No caso da escrita, esta fase abrangue o recurso a dicionarios, tradutores, etc., , en todo tipo de produción textual, un posible reaxuste, tanto se o que se pretende dicir excede os recursos lingüísticos ou tecnolóxicos, no caso dos textos multimodais, como se o emisor se ve con recursos suficientes para enriquecer o seu texto. Por último, para asegurarse do éxito da comunicación, recórrese ás estratexias de autorreparación, como son a revisión formal e do sentido do texto escrito, a verificación da comprensión ou a observación da actitude da persoa destinataria, o que pode dar lugar a reconducir a produción oral para facerse comprender ou á reelaboración do texto escrito ou multimodal.

• Así, ao finalizar esta etapa, o alumnado terá adquirida na segunda lingua estranxeira a competencia lingüística suficiente para producir textos escritos, orais ou multimodais sinxelos e coherentes sobre temas que lle son familiares ou nos cales ten un interese persoal, e para describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como para xustificar brevemente as súas opinións ou explicar os seus plans adecuándose á situación de comunicación.

OBX3. Interactuar con outras persoas, con corrección e fluidez suficiente, cunha pronuncia claramente intelixible para facerse entender sen dificultade, usando estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a propósitos comunicativos en intercambios respectuosos coas normas de cortesía.

• A interacción é unha actividade lingüística na cal polo menos dous individuos participan nun intercambio oral ou escrito e que para realizarse necesita tanto a comprensión como a expresión. Así, tal como sinala o Marco común europeo de referencia (MCER), na interacción, a expresión e a comprensión altérnanse (e poden, no caso da comunicación oral, solaparse), polo que interactuar abrangue as estratexias propias das outras actividades lingüísticas sinaladas e, na oralidade espontánea, incorpora estratexias de quenda de palabra propias do texto conversacional.

• Cómpre, pois, diferenciar entre a interacción escrita e a interacción oral. Aquela refírese especialmente a textos como cartas, notas, mensaxes ou formularios. As condicións en que esta actividade se produce difire substancialmente da interacción oral espontánea/conversacional, que implica presenza das persoas interlocutoras, inmediatez na comprensión e na produción, e memoria a curto prazo. En consecuencia, a súa produción é completamente diferente da escrita, pois utiliza estruturas simples, prevalece a parataxe ou inexistencia de subordinación, e a supresión de elementos sintácticos ou elipse; úsanse frases feitas e o léxico é máis xenérico que específico; os elementos prosódicos substitúen os marcadores discursivos para indicarlle á persoa destinataria-oínte as partes do discurso que deben ser cointerpretadas, e as frases non se rematan, polo que quedan incompletas e ás posibles interpretacións do destinatario. Ademais, desde o punto de vista da cohesión, repítense palabras propias ou ditas pola persoa interlocutora e utilízanse pouco as anáforas, e desde o punto de vista do contido da interacción, hai escasa densidade temática. Estas características da interacción oral deberían facer moi doado o seu ensino e aprendizaxe. Porén, a dificultade da interacción reside nas claves culturais que a rexen, tales como os criterios que serven de referente para identificar as relacións sociais que se establecen entre as persoas interlocutoras, os temas que se poden abordar en cada situación de comunicación, a persoa que debe iniciar a conversa, a maneira de iniciar a conversa, o xeito no que se establecen as quendas de palabra e a secuencia de actos de fala que asegura a coherencia dunha conversa.

• As dificultades sinaladas son elementos que o profesorado debe resolver para asegurar a adquisición desta actividade lingüística no marco das relacións interculturais, propias do ensino e da aprendizaxe dunha lingua estranxeira, que implican tanto a comunicación verbal como non verbal, e as normas de cortesía tanto na interacción cara a cara e escrita como dixital.

OBX4. Mediar entre distintas linguas ou variedades, en intercambios sinxelos de información relacionados con asuntos cotiáns ou con información persoal básica, usando estratexias e coñecementos eficaces para crear unha atmosfera positiva que facilite a comunicación.

• A mediación é un dos catro modos de comunicación considerados no Marco común europeo de referencia: recepción, interacción, produción e mediación. Esta é unha combinación da recepción, a produción e a interacción. Na mediación, a linguaxe non se utiliza só para comunicar unha mensaxe, senón tamén para facilitar as interaccións cotiás sociais e profesionais, co fin de tender pontes de entendemento entre persoas interlocutoras de linguas e culturas diferentes.

• A mediación considera diversos tipos. Por unha banda, a mediación de textos, de conceptos e da comunicación e, pola outra, a comunicación interlinguas. Algunhas escalas de mediación textual, como procesar textos, ou estratexias de mediación, como simplificar ou aclarar un texto, implican actividades que requiren un grao de competencia lingüística e de complexidade cognitiva que o alumnado de segunda lingua estranxeira xa posúe no bacharelato. Igualmente, en contraposición coas e cos adolescentes da educación secundaria obrigatoria, nesta etapa superior si ten adquiridas as habilidades interpersoais necesarias para mediar na comunicación entre persoas interlocutoras de linguas e culturas diferentes. En consecuencia, nesta etapa, este modo de comunicación amplía a mediación entre linguas coa cal facilita as interaccións cotiás sociais e profesionais. Igualmente, nesta etapa, o alumnado estará capacitado para facer mediación de textos, como a toma de notas ou a transmisión de información do escrito ao oral, así como para actuar de intermediario en situacións de comunicación que non presenten unha especial dificultade.

OBX5. Ampliar e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas e reflexionar de forma crítica sobre o seu funcionamento facendo explícitos e compartindo as estratexias e os coñecementos propios, para mellorar a resposta ás súas necesidades comunicativas.

• No contexto escolar, a aprendizaxe das linguas está dirixida ao logro de obxectivos similares, aínda que con diferentes niveis de dominio. Po iso, a educación plurilingüe e intercultural ten a finalidade de retirar barreiras artificiais entre as linguas, encerradas tradicionalmente nos sistemas escolares en compartimentos estancos, e promover o uso integral do repertorio lingüístico, discursivo, estratéxico e intercultural que posúe o alumnado e que vai adquirindo ao longo das súas diversas experiencias lingüísticas dentro e fóra do ámbito educativo. No bacharelato, o alumnado será quen de expresar as súas estratexias de transferencia dos coñecementos e experiencias lingüísticas adquiridos nunha lingua para abordar tarefas de comunicación, creación e aprendizaxe na segunda lingua estranxeira, manifestando a súa consciencia de que o coñecemento morfolóxico ou léxico dunha lingua pode axudar á comprensión noutra lingua, as estratexias de comprensión de lectura desenvolvidas nunha lingua poden ser transferidas para a lectura noutros idiomas, o coñecemento da estrutura dos textos descritivos permitirá producilos en calquera lingua e o coñecemento das normas que ordenan as relacións entre xeracións, sexos, clases e grupos sociais nunha lingua informa e sensibiliza sobre a necesidade de coñecer e respectar as normas que rexen a dimensión social do uso da lingua noutra comunidade lingüística.

• A capacidade de expresar e comunicar a transferencia lingüística permite compartir as estratexias para relacionar as regularidades dunha lingua con aquelas observadas noutras linguas que coñece, ou para identificar termos emparentados en todas as linguas. Ademais, impulsa nas persoas destinatarias a tolerancia ante palabras descoñecidas, fundamentalmente importante nos contextos de comprensión que necesitan a fluidez, como son a lectura extensiva e a comprensión de textos orais sen posibilidade de verificación do entendido. A transmisión, por parte do alumnado, da eficacia da competencia plurilingüe na aprendizaxe das linguas facilitará, pois, a inferencia de significados e o desenvolvemento de competencias heurísticas eficaces para identificar as mensaxes dun texto oral, escrito ou multimodal.

OBX6. Valorar criticamente e adecuarse á diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, reflexionando e compartindo as semellanzas e as diferenzas entre linguas e culturas, para actuar de forma empática, respectuosa e eficaz, e fomentar a comprensión mutua en situacións interculturais.

• A educación en cidadanía democrática é unha prioridade do Consello de Europa, que considera a competencia plurilingüe como elemento esencial para tomar parte na vida pública e política de Europa e no mundo globalizado, non só no propio país. Isto implica a aceptación positiva das linguas dos demais e a curiosidade por elas. Estas actitudes de acollida e interese polas linguas son esenciais para a apertura a outras comunidades culturais e a perduración das linguas minoritarias.

• Así, para aprender outras linguas, unha maior consciencia metalingüística permitiralle ao aprendiz apoiarse nas competencias sociolingüísticas e pragmáticas que xa posúe, á vez que as amplía, transcendendo o ámbito persoal e preservando, con iso, a diversidade lingüística nos ámbitos público e educativo.

• No bacharelato, o alumnado xa pode garantir o intercambio intercultural mediante o uso dun repertorio lingüístico limitado para presentar persoas de diferentes culturas, facer e responder preguntas, e demostrar que ela/el é consciente de que certos aspectos poden ser percibidos de maneira diferente dependendo da cultura. Igualmente, pode axudar a crear unha cultura eficaz de comunicación compartida simplemente intercambiando información sinxela sobre valores e comportamentos específicos dunha lingua e cultura.

7.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Materia de Segunda Lingua Estranxeira I

1º curso

Bloque 1. Comunicación

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Identificar a información esencial e os puntos máis relevantes en textos, breves ou de lonxitude media e ben estruturados, escritos en lingua estándar, que traten de asuntos cotiáns ou de temas de interese ou relevantes para os propios estudos, a ocupación ou o traballo, e que conteñan estruturas e un léxico de uso moi común.

OBX1

• CA1.2. Comprender o esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social nunha variedade de lingua estándar, que traten de necesidades inmediatas, temas cotiáns e coñecidos con que se estea familiarizado ou experiencias persoais e predicibles, sempre que se poidan utilizar estratexias que faciliten a comprensión, como apoios visuais e, no caso da oralidade, se dean repeticións ou reformulacións.

OBX1

• CA1.3. Aplicar autonomamente as estratexias, recursos e coñecementos máis adecuados (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), para comprender o sentido xeral, a información esencial e detalles relevantes dos textos, inferindo o significado de palabras e expresións non coñecidas, e interpretar elementos non verbais.

OBX1

• CA1.4. Comprender información relevante en textos do seu interese, expositivos ou narrativos, en distintos soportes, de lonxitude media e ben estruturados, nos cales se presentan en termos simples fenómenos, accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións con expresións sinxelas e sen implícitos, e, no caso da interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.

OBX1

• CA1.5. Buscar información en fontes confiables sobre temas de investigación de interese persoal, educativo ou ocupacional, considerando a selección das fontes de información adecuadas como parte esencial do proceso de investigación para o traballo ou proxecto que se está realizando.

OBX1

• CA1.6. Expresar oralmente textos sinxelos e comprensibles, previamente preparados, de extensión breve ou media, nun rexistro neutro, sobre temas de interese persoal sobre os cales teña coñecementos previos, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias tales como a de planificación, de compensación e de cooperación.

OBX2

• CA1.7. Producir textos, tanto cara a cara como por medios técnicos, nun rexistro neutro, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar e manter a comunicación.

OBX2

• CA1.8. Redactar e difundir textos claros e coherentes, con cohesión sinxela, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, nun rexistro neutro, respectando as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal ou de interese público próximos á súa experiencia, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.

OBX2

• CA1.9. Completar documentos básicos nos cales se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos, en soporte tanto impreso como dixital.

OBX2

• CA1.10. Aplicar e comunicar coñecementos e estratexias para planificar, producir e revisar textos sinxelos comprensibles, coherentes e adecuados ás intencións comunicativas, á persoa destinataria e ás características contextuais.

OBX2

• CA1.11. Participar en situacións interactivas de intercambios de información breves referidos a asuntos da vida cotiá e próximos á súa experiencia, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal propia da cultura estranxeira, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.

OBX3

• CA1.12. Interactuar con pronuncia intelixible pedindo que se lle repitan os puntos clave, se o necesita, e sen que as súas posibles vacilacións e reformulacións de expresións ou estruturas impidan a comunicación.

OBX3

• CA1.13. Interaccionar utilizando os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (nos ámbitos persoal, educativo e ocupacional), comportamento (posturas, expresións faciais, volume da voz, contacto visual e proxémico) e convencións sociais (actitudes, normas e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando empatía e a cortesía debida.

OBX3

• CA1.14. Utilizar estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións.

OBX3

• CA1.15. Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.

OBX3

• CA1.16. Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.

OBX3

Contidos

• Manifestación de autoconfianza e iniciativa. Actitude reflexiva ante o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe.

• Uso de estratexias de uso común para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais contextualizados.

• Utilización dos coñecementos, destrezas e actitudes que permiten levar a cabo actividades de mediación en situacións cotiás (explicar costumes, manifestacións culturais, relacións familiares ou de amizade, relacións laborais…).

• Funcións comunicativas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: establecer e manter de xeito sinxelo a comunicación e a organización elemental do discurso. Dar información persoal e familiar básica e, en termos simples, narrar acontecementos pasados e describir estados e situacións presentes, e expresar sucesos futuros. Solicitar e dar información e indicacións, e expresar de xeito sinxelo opinións e advertencias. Expresar de forma sinxela coñecemento, descoñecemento, certeza e dúbida. Expresar a vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresar interese, aprobación, aprecio, satisfacción e sorpresa, así como os seus contrarios. Resumir.

• Uso de modelos contextuais e xéneros discursivos de uso común na comprensión, produción e coprodución de textos orais, escritos e multimodais, breves e sinxelos, considerando as características e o recoñecemento do contexto (participantes e situación), as expectativas xeradas polo contexto, a organización e estruturación segundo o xénero, a función textual e a estrutura.

• Utilización de unidades lingüísticas de uso común e habitual e significados asociados a estas, tales como a expresión da entidade (obxectos, persoas, ideas, estados, accións, sucesos, etc.) e as súas propiedades (existencia, inexistencia, dimensións...), cantidade e calidade (forma, tamaño, cor, idade...), o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais (anterioridade, secuencia, posterioridade...), as formas básicas da afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, e as relacións lóxicas habituais.

• Utilización de léxico común de interese para o alumnado, relativo a tempo e espazo; estados, eventos e acontecementos; actividades, procedementos e procesos; relacións persoais, sociais, académicas e profesionais; educación, traballo; lingua e comunicación intercultural; ciencia e tecnoloxía; historia e cultura, así como uso básico de estratexias de enriquecemento léxico (derivación, familias léxicas, polisemia, sinonimia, antonimia...).

• Utilización e recoñecemento de padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación: sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos básicos, acento fónico dos elementos léxicos illados e na oración, e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a eses padróns.

• Utilización e recoñecemento de padróns gráficos e convencións ortográficas: uso das normas de ortografía da palabra, utilización adecuada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas) e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a eses padróns.

• Utilización de convencións e estratexias conversacionais de uso común, en formato síncrono ou asíncrono, para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, pedir e dar aclaracións e explicacións, reformular, comparar e contrastar, resumir e parafrasear, colaborar e negociar significados.

• Uso de recursos para a aprendizaxe e estratexias de uso común de procura e selección de información, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas, mediatecas, etiquetas na rede, recursos dixitais (tradutores, conxugadores...) e informáticos (correctores ortográficos, gramaticais, etc.).

• Respecto á propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e contidos utilizados: utilización de ferramentas para o tratamento de datos bibliográficos e de recursos para evitar o plaxio.

• Emprego de ferramentas analóxicas e dixitais de uso común para a comprensión, produción e coprodución oral, escrita e multimodal, e de plataformas virtuais de interacción, colaboración e cooperación educativa (aulas virtuais, videoconferencias, ferramentas dixitais colaborativas...) para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con falantes ou estudantes da lingua estranxeira.

Bloque 2. Plurilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Inferir e explicar textos e conceptos breves, sinxelos e predicibles en situacións moi cotiás e familiares, e transmitir a terceiras persoas a información dun xeito simple, aínda que se deban usar palabras soltas ou axudarse de elementos non lingüísticos, mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.

OBX4

• CA2.2. Participar na solución de problemas de incomprensión e de entendemento no seu contorno próximo, debidos á diversidade sociocultural e lingüística, resumindo, simplificando ou explicando mensaxes ou hábitos socioculturais sinxelos e coñecidos, para crear pontes e facilitar a comprensión e a comunicación.

OBX4

• CA2.3. Comparar e argumentar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento.

OBX5

• CA2.4. Utilizar os coñecementos, estratexias e experiencias das linguas do seu repertorio lingüístico para comprender e producir textos, e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece, valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

OBX5

• CA2.5. Identificar os progresos e as dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira realizando actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo estratexias de logro propias e alleas, reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.

OBX5

• CA2.6. Valorar a adquisición dunha competencia plurilingüe suficiente sen necesidade de acadar niveis de competencia iguais nin similares aos que posúe na súa lingua primeira ou máis utilizada.

OBX5

Contidos

• Utilización de estratexias e técnicas para responder eficazmente e con niveis crecentes de autonomía, adecuación e corrección a unha necesidade comunicativa concreta superando as limitacións derivadas do nivel de competencia na lingua estranxeira e nas demais linguas do repertorio lingüístico propio.

• Reaxuste da tarefa ou da mensaxe, emprendendo unha versión máis modesta, tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles.

• Uso de elementos coñecidos obtidos de modelos sinxelos de textos e de frases feitas e locucións básicas, para elaborar os propios textos.

• Comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal, para recoñecer estratexias de uso común (identificar, organizar, reter, recuperar e utilizar unidades lingüísticas –léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.–).

• Uso de estratexias e ferramentas de uso común, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación.

• Manexo de expresións e léxico específico de uso común para reflexionar e compartir a reflexión sobre a comunicación, a lingua, a aprendizaxe e as ferramentas de comunicación e aprendizaxe (metalinguaxe).

• Comparación sistemática entre linguas, a partir de elementos da lingua estranxeira e doutras linguas, para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.

Bloque 3. Interculturalidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Participar en proxectos nos cales se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

OBX6

• CA3.2. Actuar de forma adecuada, empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, identificando e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais, como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade, como vías de solución.

OBX6

• CA3.3. Incorporar a crítica e a reflexión para adquirir valores, como o respecto á diversidade lingüística, á igualdade e á inclusión, e desenvolver unha visión empática para convivir nunha sociedade intercultural.

OBX6

• CA3.4. Identificar os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais que forman parte da competencia lingüística e da competencia cultural, valorando o plurilingüismo como salvagarda das especificidades culturais.

OBX6

• CA3.5. Valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas, saberes e coñecementos de procedencia cultural distinta, co obxectivo de contribuír á cohesión social desde valores ecosociais.

OBX6

• CA3.6. Valorar criticamente, desde a consideración dos dereitos humanos, as manifestacións culturais (linguas, costumes, tradicións, crenzas relixiosas, etc.) dos países en que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural.

OBX6

Contidos

• Consideración da lingua estranxeira como medio de comunicación interpersoal e internacional, facilitador do acceso a outras culturas e outras linguas, e como ferramenta de participación social e de enriquecemento persoal.

• Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos a través de diferentes medios con falantes ou estudantes da lingua estranxeira, así como por coñecer informacións culturais dos países onde se fala a lingua estranxeira.

• Achegamento a algúns aspectos socioculturais e sociolingüísticos propios de países onde se fala a lingua estranxeira (convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; institucións, costumes e rituais; valores, normas, crenzas e actitudes; estereotipos e tabús; linguaxe non verbal; historia, cultura e comunidades, etc.).

• Utilización de estratexias de uso común para entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística atendendo a valores ecosociais e democráticos.

• Identificación dalgunhas similitudes e diferenzas significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o propio.

• Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, aos países e ás comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia.

• Utilización de estratexias de prevención, detección, rexeitamento e actuación ante usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

2º curso.

Materia de Segunda Lingua Estranxeira II

2º curso

Bloque 1. Comunicación

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Comprender as ideas principais e as liñas argumentais básicas de textos de certa lonxitude, sobre os cales se teñan coñecementos previos ou que sexan próximos á súa experiencia persoal ou académica, expresados na lingua estándar.

OBX1

• CA1.2. Comprender o esencial e os detalles relevantes en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social, que impliquen a solicitude de información xeral expresada nun rexistro neutro, nun repertorio de uso común e, no caso da oralidade, se se fala sen precipitación e con claridade.

OBX1

• CA1.3. Seleccionar e aplicar as estratexias, recursos e coñecementos adecuados (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece, e a través de diversas fontes de información), para comprender a información global e específica, inferir significados e interpretar elementos non verbais, e buscar, seleccionar e contrastar información.

OBX1

• CA1.4. Comprender información relevante en textos do seu interese, expositivos, descritivos ou narrativos, en distintos soportes, de certa lonxitude e ben estruturados, nos cales se informa de acontecementos, se describen fenómenos, accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións, crenzas ou valores con expresións sinxelas e sen implícitos e, no caso da interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.

OBX1

• CA1.5. Comprender en textos formais un repertorio básico de expresións fixas para rexeitar (agradecendo ou xustificando), acceder (con reservas ou condicións), expresar posibilidade, imposibilidade ou obriga de facer algo, conceder e denegar (con ou sen obxeccións), aconsellar, recomendar ou animar a facer algo.

OBX1

• CA1.6. Buscar información en fontes confiables sobre temas de investigación de interese persoal, educativo ou ocupacional, considerando a selección das fontes de información adecuadas como parte esencial do proceso de investigación para o traballo ou proxecto que se está realizando.

OBX1

• CA1.7. Expresar oralmente textos de lonxitude media, comprensibles, previamente preparados, nun rexistro neutro, sobre temas de relevancia persoal ou académicos sobre os cales teña coñecementos previos, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias tales como a de planificación, de compensación e de cooperación.

OBX2

• CA1.8. Expresarse de xeito adecuado á situación de comunicación, de forma clara e comprensible e coa suficiente fluidez para facerse entender, aínda que se poidan producir pausas e mesmo se as persoas interlocutoras poden necesitar repeticións, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar, manter e facer progresar a comunicación.

OBX2

• CA1.9. Redactar, en papel ou en soporte electrónico, textos breves ou de lonxitude media, coherentes e de estrutura clara, sobre temas de interese persoal, ou asuntos cotiáns ou menos habituais, nun rexistro neutro ou informal, utilizando adecuadamente os recursos de cohesión, as convencións ortográficas e os signos de puntuación máis comúns, e amosando un control razoable de expresións e estruturas, e un léxico de uso frecuente, tanto de carácter xeral como máis específico, dentro da propia área de especialización ou de interese.

OBX2

• CA1.10. Completar documentos comúns nos cales se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos ou á súa formación, en soporte tanto impreso como dixital.

OBX2

• CA1.11. Aplicar e comunicar coñecementos e estratexias para planificar, producir e revisar textos comprensibles, coherentes e adecuados ás intencións comunicativas, á persoa destinataria e ás características contextuais.

OBX2

• CA1.12. Participar en situacións interactivas relacionadas coa experiencia persoal, desenvolvéndose de forma comprensible e clara, aínda que resulten evidentes as pausas e titubeos e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación das persoas interlocutoras para manter a comunicación, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.

OBX3

• CA1.13. Interactuar con pronuncia clara e intelixible, pedindo que se lle repitan os puntos clave se o necesita, e sen que as súas posibles vacilacións e reformulación de expresións ou estruturas impidan a comunicación.

OBX3

• CA1.14. Interaccionar, utilizando os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos, relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (nos ámbitos persoal, educativo e ocupacional), comportamento (posturas, expresións faciais, volume da voz, contacto visual e proxémica) e convencións sociais (actitudes e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando empatía e a cortesía debida.

OBX3

• CA1.15. Utilizar estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións e explicacións.

OBX3

• CA1.16. Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.

OBX3

• CA1.17. Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.

OBX3

Contidos

• Manifestación de autoconfianza e iniciativa. Actitude reflexiva ante o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe.

• Uso habitual e autónomo de estratexias para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais contextualizados.

• Utilización dos coñecementos, destrezas e actitudes que permiten levar a cabo actividades de mediación en situacións que así o requiran (explicar costumes, manifestacións culturais, relacións familiares ou de amizade, relacións laborais…).

• Funcións comunicativas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: establecer e manter de xeito simple a comunicación e a organización elemental do discurso, describir, en termos simples pero suficientes, fenómenos e acontecementos; dar instrucións, advertencias e consellos; narrar acontecementos pasados puntuais e habituais; describir estados e situacións presentes, e expresar sucesos futuros e predicións a curto, medio e longo prazo; expresar emocións; xustificar as súas opinións e explicar os seus plans. Resumir.

• Uso de modelos contextuais e xéneros discursivos de uso común e académico na comprensión, produción e coprodución de textos orais, escritos e multimodais, breves e sinxelos: características e recoñecemento do contexto (participantes e situación), expectativas xeradas polo contexto, organización e estruturación segundo o xénero, a función textual e a estrutura.

• Utilización de unidades lingüísticas de uso común e significados asociados ás ditas unidades, tales como expresión da entidade (obxectos, persoas, ideas, estados, accións, sucesos, etc.) e as súas propiedades (existencia, inexistencia, dimensións...), cantidade e calidade (forma, tamaño, cor, idade...), o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais (anterioridade, secuencia, posterioridade...), formas básicas da afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, e relacións lóxicas habituais.

• Utilización de léxico común de interese para o alumnado, relativo a tempo e espazo; estados, eventos e acontecemento; actividades, procedementos e procesos; relacións persoais, sociais, académicas e profesionais; educación, traballo; lingua e comunicación intercultural; ciencia e tecnoloxía; historia e cultura, así como uso básico de estratexias de enriquecemento léxico (derivación, familias léxicas, polisemia, sinonimia, antonimia...).

• Utilización e recoñecemento de padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación: sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos básicos, acento fónico dos elementos léxicos illados e na oración, e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a estes padróns.

• Utilización e recoñecemento de padróns gráficos e convencións ortográficas: uso das normas de ortografía da palabra, utilización adecuada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas) e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a estes padróns.

• Utilización de convencións e estratexias conversacionais de uso común, en formato síncrono ou asíncrono, para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, pedir e dar aclaracións e explicacións, reformular, comparar e contrastar, resumir e parafrasear, colaborar e negociar significados.

• Uso de recursos para a aprendizaxe e estratexias de uso común de procura e selección de información, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas, mediatecas, etiquetas na rede, recursos dixitais (tradutores, conxugadores...) e informáticos (correctores ortográficos, gramaticais, etc.).

• Respecto á propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e contidos utilizados: emprego de ferramentas para o tratamento de datos bibliográficos e recursos para evitar o plaxio.

• Utilización de ferramentas analóxicas e dixitais de uso común para a comprensión, produción e coprodución oral, escrita e multimodal, e de plataformas virtuais de interacción, colaboración e cooperación educativa (aulas virtuais, videoconferencias, ferramentas dixitais colaborativas...) para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con falantes ou estudantes da lingua estranxeira.

Bloque 2. Plurilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Inferir e explicar textos e conceptos breves, sinxelos e predicibles en situacións cotiás e familiares, e transmitir a terceiras persoas a información dun xeito simple, aínda que se deban axudar, ademais, de elementos non lingüísticos, mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.

OBX4

• CA2.2. Participar na solución de problemas de incomprensión e de entendemento debidos á diversidade sociocultural e lingüística, resumindo, simplificando ou explicando mensaxes ou hábitos socioculturais coñecidos, para crear pontes e facilitar a comprensión e a comunicación.

OBX4

• CA2.3. Comparar e argumentar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas reflexionando sobre o seu funcionamento.

OBX5

• CA2.4. Utilizar os coñecementos, estratexias e experiencias das linguas, do seu repertorio lingüístico para comprender e producir textos, e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece, valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

OBX5

• CA2.5. Identificar os progresos e as dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira realizando actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo estratexias de logro propias e alleas, e reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.

OBX5

• CA2.6. Valorar a adquisición dunha competencia plurilingüe suficiente sen necesidade de acadar niveis de competencia iguais nin similares aos que posúe na súa lingua primeira ou máis usada.

OBX5

Contidos

• Utilización de estratexias e técnicas para responder eficazmente e con niveis crecentes de autonomía, adecuación e corrección a unha necesidade comunicativa concreta, superando as limitacións derivadas do nivel de competencia na lingua estranxeira e nas demais linguas do repertorio lingüístico propio.

• Reaxuste da tarefa (emprender unha versión máis modesta) ou da mensaxe (facer concesións no que realmente lle gustaría expresar), tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles.

• Uso de elementos coñecidos obtidos de modelos de textos e de frases feitas e locucións comúns, para elaborar os propios textos.

• Comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal para recoñecer estratexias de uso común (identificar, organizar, reter, recuperar e utilizar unidades lingüísticas –léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.–).

• Uso de estratexias e ferramentas de uso común, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación.

• Manexo de expresións e léxico específico de uso común para reflexionar e compartir a reflexión sobre a comunicación, a lingua, a aprendizaxe e as ferramentas de comunicación e aprendizaxe (metalinguaxe).

• Comparación sistemática entre linguas, a partir de elementos da lingua estranxeira e doutras linguas, para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.

Bloque 3. Interculturalidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Participar en proxectos nos cales se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

OBX6

• CA3.2. Actuar de forma adecuada, empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, identificando e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais, como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade, como vías de solución.

OBX6

• CA3.3. Incorporar a crítica e a reflexión para adquirir valores, como o respecto á diversidade lingüística, á igualdade e á inclusión, e desenvolver unha visión empática para convivir nunha sociedade intercultural.

OBX6

• CA3.4. Identificar os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais que forman parte da competencia lingüística e da competencia cultural, valorando o plurilingüismo como salvagarda das especificidades culturais.

OBX6

• CA3.5. Valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas, saberes e coñecementos de procedencia cultural distinta, co obxectivo de contribuír á cohesión social desde valores ecosociais.

OBX6

• CA3.6. Valorar criticamente, desde a consideración dos dereitos humanos, as manifestacións culturais (linguas, costumes, tradicións, crenzas relixiosas, etc.) dos países en que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que reflicte a diversidade cultural.

OBX6

Contidos

• Consideración da lingua estranxeira como medio de comunicación interpersoal e internacional, facilitador do acceso a outras culturas e outras linguas, e como ferramenta de participación social e de enriquecemento persoal.

• Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos a través de diferentes medios con falantes ou estudantes da lingua estranxeira, así como por coñecer informacións culturais dos países onde se fala a lingua estranxeira.

• Achegamento a algúns aspectos socioculturais e sociolingüísticos propios de países onde se fala a lingua estranxeira (convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; institucións, costumes e rituais; valores, normas, crenzas e actitudes; estereotipos e tabús; linguaxe non verbal; historia, cultura e comunidades, etc.).

• Utilización de estratexias de uso común para entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística atendendo a valores ecosociais e democráticos.

• Identificación dalgunhas similitudes e diferenzas significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e a propia.

• Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, aos países e ás comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia.

• Utilización de estratexias de prevención, detección, rexeitamento e actuación ante usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

7.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Segunda Lingua Estranxeira desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo nos distintos niveis da etapa as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Segunda Lingua Estranxeira e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

2-3

1-2

1

1

4

OBX2

1-5

1-2

1

1-3

4

3.2

OBX3

5

1-2

1

3.1

3

OBX4

5

1-2-3

1

3.1

OBX5

2

1

3

1.1

OBX6

5

3

3.1

3

1

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– Unha serie de elementos propios das metodoloxías: as actividades, tarefas ou proxectos que facilitarán a adquisición das aprendizaxes e o desenvolvemento das competencias consideradas nos obxectivos; os agrupamentos necesarios para facilitar a realización das actividades en contextos de aprendizaxe colaborativos, a coavaliación e autoavaliación; os materiais e recursos que serán necesarios para pór o alumnado en contacto coa lingua meta; a avaliación e, en todo momento, o seu rol de docente e o rol do alumnado.

– Actividades ou tarefas non só de orientación exclusivamente lingüística, senón tamén para o desenvolvemento cognitivo. Este tipo de actividades cunha orientación humanística e sociocultural pon o desenvolvemento comunicativo ao servizo da formación integral do alumnado, ao considerar contidos como a autoconfianza, a autonomía, a iniciativa, o respecto á diversidade lingüística e cultural, o enriquecemento persoal e social, etc.

– Actividades que guíen o alumnado na explotación da diversidade de experiencias das súas aprendizaxes lingüísticas, promovendo o recurso ás linguas que coñece para comprender e facerse comprender; en definitiva, comunicar nunha sociedade global en que existe cada día unha maior interrelación.

– Actividades que promovan o coñecemento dos padróns culturais que ordenan as relacións entre xeracións, sexos, clases e grupos sociais da propia cultura, para informar e sensibilizar sobre a necesidade de coñecer e respectar as normas que rexen a dimensión social do uso da lingua noutra comunidade lingüística.

– Propostas que tomen en consideración a motivación do alumnado, así como os seus intereses e preferencias.

– En definitiva, débese lograr a convivencia entre actividades controladas de memorización, exercicios gramaticais, etc. e actividades comunicativas como xogos de rol, realización de proxectos, xogos, debates, etc., xa que, ao cabo, a finalidade das actividades de aprendizaxe non é outra que contribuír ao logro das competencias establecidas no currículo de Segunda Lingua Estranxeira, facilitando o desenvolvemento da competencia comunicativa, a toma de conciencia das estratexias e coñecementos propios para mellorar a aprendizaxe, e o interese e respecto pola diversidade lingüística e cultural.

8. Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

8.1. Introdución.

A revolución tecnolóxica que vivimos na actualidade fai que cada día manexemos dispositivos capaces de conectarnos, crear e acceder á información dunha forma tan global, rápida e diversa que, hai uns anos, nin sequera podiamos imaxinar.

A importancia dos ditos dispositivos radica na súa incorporación tanto ao ámbito profesional como ás actividades da vida cotiá e de ocio, nas cales cada vez facemos máis uso deles. Isto provoca a necesidade de adquirir unhas habilidades e desenvolver capacidades que ata hai ben pouco non eran necesarias na nosa vida. De aí xorde a necesidade dunha alfabetización dixital que nos permita dominar tanto a linguaxe propia destas tecnoloxías como o manexo seguro delas.

Na sociedade actual, as tecnoloxías da información e da comunicación desenvolvéronse arredor da electrónica, da informática e das telecomunicacións, pero non consideradas de forma illada, senón como un conxunto que permitiu evolucionar desde os primeiros ordenadores persoais ata a telefonía móbil.

A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación ten o obxectivo de ir máis alá dese proceso de alfabetización dixital, xa iniciado na etapa de primaria e continuado na educación secundaria obrigatoria nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización, Educación Dixital e Dixitalización, de tal forma que dotará o alumnado das competencias necesarias que lle permitan acceder con autonomía, capacidade de adaptación e autoaprendizaxe permanente no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, de xeito que consiga estar preparado para atender ás demandas deste campo de tan rápida evolución.

O uso de ordenadores e dispositivos electrónicos non está exento de riscos nin de ser susceptible de delitos, polo que cómpre a creación duns límites éticos e legais que vaian vinculados á xeración e ao intercambio de datos, sobre todo, considerando as posibilidades infinitas que implican a versatilidade, a capacidade multimedia e a popularidade dos novos dispositivos e as súas aplicacións. De aí que tamén sexa necesario educar no uso de ferramentas que faciliten a interacción con este contorno dixital en condicións de seguridade e reflexión ética apropiadas a esta nova era.

Por todo o exposto, a competencia dixital vai ser transversal ao longo de todas as etapas e as diferentes materias, polo que é vital a integración do uso das tecnoloxías da información e da comunicación e o desenvolvemento dunha cultura dixital na aula.

A contribución da materia á competencia en comunicación lingüística é clara, xa que está directamente vinculada coa comunicación da información, o cal lle exixe ao alumnado recibir e emitir mensaxes claras, coherentes e concretas, facendo uso dun vocabulario adecuado.

Para iso, ademais das situacións de ensino-aprendizaxe diarias que se traballan na aula, o alumnado débese enfrontar a situacións concretas e contextualizadas en que teña que comunicarse. Para iso, e tendo en conta as estratexias metodolóxicas que se aplican nas diferentes materias, o alumnado deberá elaborar documentos técnicos para informar sobre os traballos prácticos realizados, realizar exposicións ou presentacións específicas, defender e convencer sobre os produtos deseñados ou elaborados, realizar buscas de información e, polo tanto, establecer técnicas adecuadas para conseguir un adecuado tratamento da información.

Así mesmo, a materia repercute de forma directa na adquisición da competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría, pois o alumnado debe abordar e resolver os problemas e as situacións que se lle propoñan, os cales estarán relacionados, na medida do posible, coa vida cotiá, na cal estas tecnoloxías toman hoxe en día un carácter relevante, cando non case imprescindible, no noso modo de vida. Para iso, debe determinar, analizar e propor preguntas adecuadas, identificar situacións similares para contrastar diferentes solucións e utilizar aplicacións tecnolóxicas en dispositivos de comunicación.

A proposta da materia incide no desenvolvemento de estratexias de busca, análise e procesamento da información facendo uso da web, ordenadores e outros dispositivos no propio proceso de ensino-aprendizaxe, dominio do software adecuado para deseñar e xerar produtos de comunicación (textos, son, imaxes e vídeo), manexo de procesadores de texto, programas de cálculo, deseño de presentacións, deseño web, etc., para crear, procesar, publicar e compartir información de xeito colaborativo ou individual, e todo iso respectando os dereitos e as liberdades individuais e de grupo, e mantendo unha actitude crítica e de seguridade no uso da rede.

A propia natureza empírica da materia e a dinámica no uso de dispositivos de comunicación e información xustifican a súa contribución á competencia persoal, social e de aprender a aprender, xa que o alumnado debe ser capaz, de xeito autónomo, de buscar estratexias organizativas e de xestión para resolver situacións que se propoñan, tomando conciencia do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe. Proporánselle en todo momento situacións nas cales, antes de empezar a actuar, debe pasar por un proceso de reflexión no cal se fai necesaria a organización e planificación de tarefas para xestionar individualmente, ou de forma colaborativa, as accións que se van levar a cabo, de xeito que, a partir dunhas instrucións dadas, sexa quen de obter os resultados que se lle piden e constrúa as aprendizaxes necesarias para iso, e sexa quen, ademais, de extrapolar estas accións a outras situacións.

A contribución da materia á competencia cidadá realízase a través de varias vías, e unha delas é o traballo colaborativo en rede, no cal se fomentan a tolerancia, a toma de decisións de forma activa e democrática, o respecto aos dereitos sobre a propiedade e a igualdade de xénero, onde se traballa para evitar esta discriminación, ás veces patente na sociedade actual, sobre todo pondo especial énfase na linguaxe textual e multimedia, a cal debe estar desprovista de intencionalidade sexista, traballando así as actitudes non discriminatorias por razón de sexo, cultura ou rango social, e fomentando, no eido das tecnoloxías da información e da comunicación, especialmente a vocación das nenas e das adolescentes.

As tecnoloxías da información e da comunicación están directamente vinculadas ás destrezas e habilidades esenciais relacionadas coa competencia emprendedora; así, a capacidade de planificar, organizar e xestionar para transformar as ideas en resultados trabállase de xeito case constante nesta materia. A metodoloxía activa proposta vai permitir unha aprendizaxe colaborativa, de maneira que o alumnado actúe como axente social, asuma responsabilidades e desafíos e sexa quen de levar a cabo negociacións para chegar a acordos consensuados para transformar as ideas en produtos finais, de modo que, a través da aplicación das aprendizaxes traballadas e de estratexias persoais e grupais, consiga a resolución, con éxito, dos problemas e das situacións propostos. A materia dota o alumnado, ademais, de habilidades que están moi recoñecidas e valoradas no mundo laboral actual nun eido, o das tecnoloxías da información e da comunicación, que supón unha das liñas profesionais con máis perspectivas de futuro.

Esta materia contribúe á competencia en conciencia e expresión culturais na medida en que o alumnado, a través das situacións que se lle propoñan, sexa quen de desenvolver a súa capacidade creadora nos diferentes contextos e tipos de produtos, entre os cales destacan as producións audiovisuais. Neste punto, fomentará a súa imaxinación e creatividade co deseño e coa mellora dos produtos multimedia, analizará a súa influencia nos modelos sociais e expresará as súas ideas e experiencias buscando as formas e canles de comunicación máis axeitadas para cada situación. Co traballo colaborativo desenvolve actitudes nas cales toma conciencia da importancia de apoiar tanto as súas producións como as alleas, de reelaborar as súas ideas, de axustar os procesos para conseguir os resultados desexados e de apreciar as contribucións do grupo con interese, respecto e recoñecemento do traballo realizado.

8.2. Obxectivos.

Obxectivos das materias

OBX1. Entender o papel principal das tecnoloxías da información e da comunicación na sociedade actual e o seu impacto nos ámbitos social, económico e cultural, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz e innovadora.

• Este obxectivo pretende que o alumnado recoñeza a importancia das tecnoloxías da información e da comunicación na sociedade actual e como inflúe na vida dos cidadáns e cidadás. Búscase que coñezan técnicas e ferramentas dixitais para idear e deseñar solucións a problemas definidos que teñen que cumprir unha serie de requirimentos, e orienta na organización das tarefas que deberán desempeñar, de maneira persoal ou en grupo, ao longo do proceso de resolución do problema.

• As metodoloxías de resolución de problemas requiren a posta en marcha dunha serie de actuacións ou fases que marcan a dinámica do traballo persoal e en grupo.

• A combinación de coñecementos con certas destrezas e actitudes de carácter interdisciplinario, tales como autonomía, innovación, creatividade, valoración crítica de resultados, traballo cooperativo e colaborativo, resultan imprescindibles para obter resultados eficaces na resolución de problemas ou retos propostos.

OBX2. Seleccionar, usar e combinar múltiples aplicacións informáticas para crear producións dixitais que cumpran uns obxectivos complexos, incluíndo a recollida, a análise, a avaliación e a presentación de datos e información, así como o cumprimento duns requisitos de persoa usuaria.

• Debido a que os medios dixitais están cada vez máis presentes nas nosas vidas e que a información se encontra hoxe en día en formato dixital, cómpre que o alumnado adquira as competencias necesarias para producir e deseñar información de diversa índole de modo dixital para poder publicala e difundila en concordancia cos medios de que se dispón actualmente. Así, ao abordar as posibilidades que nos ofrecen as ferramentas dixitais de comunicación, favorece a creatividade, o espírito de innovación, o traballo colaborativo, sempre tendo presente un uso responsable e ético das tecnoloxías aplicadas.

• Por outra banda, é necesario dominar a xestión dos datos producidos, tanto na fase de deseño e produción como na fase de difusión, co fin de manter a seguridade destes e garantir o seu almacenamento.

OBX3. Desenvolver e depurar aplicacións informáticas analizando e aplicando os principios da programación para crear solucións a problemas concretos de maneira creativa.

• Con este obxectivo, o alumnado adquire coñecementos, habilidades e técnicas de programación desenvolvendo algoritmos que permitan atopar solucións a problemas reais da vida cotiá, empregando diagramas de fluxo e linguaxes de programación.

• Así mesmo, o dito obxectivo presenta a importancia de traballar no deseño, creación, depuración e optimización de software propio dentro dun marco colaborativo a través de grupos de traballo dentro e fóra da aula.

OBX4. Crear proxectos audiovisuais de maneira creativa utilizando os recursos técnicos necesarios e aplicando os principios da linguaxe audiovisual.

• Preténdese desenvolver unha formación responsable, crítica e autónoma na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación, así como un desenvolvemento das competencias comunicativas, dixitais e tecnolóxicas necesarias para realizar produtos audiovisuais e multimedia con criterio estético e sensibilidade creativa.

• Para levar a cabo unha produción audiovisual é importante definir un plan de traballo no cal se establezan as diferentes fases de creación, planificación, execución, montaxe e edición. En todo o proceso deberanse ter en conta os recursos técnicos dispoñibles e os recursos artísticos da linguaxe audiovisual, para así chegar á creación e posta en escena de escenarios audiovisuais cunha composición realista. Para iso, traballarase con diferentes programas informáticos que ofrecen a integración da imaxe e do son nos produtos audiovisuais e multimedia.

OBX5. Usar os sistemas informáticos e de comunicacións de forma segura, responsable e respectuosa, protexendo a identidade en liña e a privacidade, recoñecendo contido, contactos ou condutas incorrectas e sabendo como informar ao respecto.

• Con este obxectivo, preténdese que o alumnado adquira as competencias necesarias para a produción colaborativa e difusión de contidos na rede de forma crítica e respectuosa coas persoas e cos dereitos de autoría, ao mesmo tempo que é quen de aplicar medidas de seguridade activa e pasiva, asegurando a protección de datos persoais, información e dispositivos.

8.3. Criterios de avaliación e contidos.

1º curso.

Materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación I

1º curso

Bloque 1. Desenvolvemento de proxectos dixitais

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.

OBX1

• CA1.2. Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.

OBX1

• CA1.3. Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.

OBX1

• CA1.4. Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.

OBX1

• CA1.5. Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.

OBX1

Contidos

• Deseño creativo de proxectos.

• Estratexias de procura crítica de información.

• Estratexias, técnicas e marcos de desenvolvemento dun proxecto en diferentes contextos e as súas fases.

• Documentación de proxectos.

• Comunicación de información e de contidos dixitais en diferentes plataformas.

Bloque 2. Creación, tratamento e presentación da información e dos datos

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para crear, editar e expor documentos de texto e presentacións dixitais.

OBX2

• CA2.2. Elixir e utilizar aplicacións informáticas de escritorio ou web para realizar o tratamento de datos mediante a creación e xestión de follas de cálculo e bases de datos.

OBX2

• CA2.3. Interactuar en espazos virtuais de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa compartindo e publicando información e datos, adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.

OBX2

Contidos

• Creación e edición de documentos de texto e de presentacións dixitais, aplicados á documentación de proxectos dixitais: maquetación, formatado, modelos e integración de multimedia.

• Tratamento de datos con folla de cálculo: formato de datos, uso de fórmulas e funcións, filtrado da información e creación de gráficos.

• Tratamento de datos a través de bases de datos: almacenaxe, consulta e presentación da información.

• Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na rede.

Bloque 3. Programación

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Identificar e analizar problemas desenvolvendo algoritmos que os resolvan.

OBX3

• CA3.2. Desenvolver e programar aplicacións para ordenadores e/ou dispositivos móbiles, e dar solución a problemas definidos.

OBX3

Contidos

• Diagramas de fluxo: elementos e símbolos, e o seu significado.

• Utilización de estruturas de programación: secuenciais, de selección e iterativas. Utilización de operadores.

• Uso de datos. Tipos de datos primitivos e compostos.

• Utilización de funcións. Parámetros, código e retorno.

• Utilización de librarías.

• Desenvolvemento e programación de aplicacións para ordenadores e/ou dispositivos móbiles. Utilización da programación orientada a obxectos.

• Execución, proba, depuración e documentación de programas.

Bloque 4. Creación e edición de contidos audiovisuais

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Realizar o tratamento dixital de imaxes fixas empregando técnicas de xeración, procesamento e retoque.

OBX4

• CA4.2. Analizar e utilizar os recursos expresivos propios das producións audiovisuais, como os encadramentos, ángulos e movementos de cámara, e efectos sonoros, mantendo a continuidade narrativa.

OBX4

• CA4.3. Gravar pezas audiovisuais aplicando técnicas de captación de imaxes fotográficas, de vídeo e son, mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual.

OBX4

• CA4.4. Editar pezas audiovisuais aplicando técnicas de creación de secuencias dinámicas de gráficos e imaxes fixas, e de montaxe audiovisual, integrando e axustando a súa banda sonora e tendo en conta os recursos expresivos da linguaxe audiovisual.

OBX4

• CA4.5. Exportar un proxecto audiovisual a un ficheiro co formato necesario para a súa posterior reprodución e difusión a través da rede.

OBX4

Contidos

• Edición dixital da imaxe fixa: retoques e montaxes fotográficas.

• Resolución da imaxe e almacenamento.

• Encadramento e ángulo de cámara. Tipos de plano: uso e funcionalidade.

• Aplicación dos conceptos de plano, toma, exposición, enfoque, punto de vista e ángulo de encadramento. Escenas e secuencias.

• Raccord e ritmo na edición.

• Proceso de posprodución: selección de tomas, aplicación dos conceptos de ritmo e continuidade narrativa.

• Recursos técnicos da montaxe e a edición: corte, fundido e encadeamento.

• Banda sonora da produción audiovisual: diálogos, efectos de son e música.

• Formatos de arquivo empregados no tratamento dixital de imaxe, audio e vídeo na produción multimedia.

Bloque 5. Seguridade, benestar e cidadanía dixital

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede, escollendo a mellor solución entre diversas opcións.

OBX5

• CA5.2. Desenvolver prácticas saudables e seguras no uso das tecnoloxías da información e da comunicación, valorando o benestar físico e mental, tanto persoal coma colectivo.

OBX5

• CA5.3. Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada na internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.

OBX5

• CA5.4. Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual, recoñecendo e respectando as licenzas e os dereitos de autoría.

OBX5

• CA5.5. Facer un uso ético dos datos e das ferramentas dixitais aplicando as normas de etiqueta dixital e respectando a privacidade na comunicación, colaboración e participación activa na rede.

OBX5

Contidos

• A seguridade da información: principios de integridade, dispoñibilidade, confidencialidade e autenticación.

• Estratexias saudables e seguras no uso de dispositivos e na interacción na rede.

• Identificación de software malicioso.

• Condutas de seguridade activa e pasiva na protección dos equipamentos informáticos fronte a ataques externos.

• Propiedade intelectual: respecto e aplicación de licenzas de software e dereitos de autoría.

• Pegada dixital e protección de datos persoais na rede.

• Etiqueta dixital.

2º curso.

Materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación II

2º curso

Bloque 1. Desenvolvemento de proxectos dixitais

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Definir problemas ou necesidades expostas para o desenvolvemento dun proxecto dixital, buscando e contrastando información de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade.

OBX1

• CA1.2. Deseñar e desenvolver proxectos dixitais que resolvan un problema ou que cubran unha necesidade real.

OBX1

• CA1.3. Documentar un proxecto dixital empregando as ferramentas axeitadas.

OBX1

• CA1.4. Comunicar de maneira eficaz e organizada un proxecto dixital empregando o soporte, a terminoloxía e o rigor apropiados.

OBX1

• CA1.5. Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, fomentando o traballo en equipo e aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a súa ideación máis eficaz, accesible e innovadora posible.

OBX1

Contidos

• Deseño creativo de proxectos.

• Estratexias de procura crítica de información.

• Estratexias, técnicas e marcos de desenvolvemento dun proxecto en diferentes contextos e as súas fases.

• Documentación de proxectos.

• Comunicación de información e de contidos dixitais en diferentes plataformas.

Bloque 2. Creación, tratamento e presentación da información e dos datos

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Analizar e comprender a estrutura dun contorno web respectando a autoría.

OBX2

• CA2.2. Automatizar operacións de tratamento de datos con folla de cálculo e/ou bases de datos mediante creación de macros e/ou aplicacións.

OBX3

• CA2.3. Crear contidos de interacción virtual en espazos de comunicación e plataformas de aprendizaxe colaborativa, compartindo e publicando información e datos, e adaptándose a diferentes audiencias cunha actitude participativa e respectuosa.

OBX2

Contidos

• Análise de estruturas básicas da linguaxe HTML e CSS. Configuración e adaptación dunha web ou blog.

• Automatización do tratamento de datos con folla de cálculo e/ou bases de datos: creación de macros e/ou aplicacións para resolver problemas reais.

• Ferramentas de interacción virtual para a aprendizaxe na rede.

Bloque 3. Programación

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Desenvolver e programar aplicacións para ordenadores, dispositivos móbiles ou web, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.

OBX3

• CA3.2. Utilizar contornos de programación para deseñar programas que resolvan problemas concretos.

OBX3

• CA3.3. Utilizar plataformas de desenvolvemento colaborativo de software.

OBX3

Contidos

• Introdución á programación orientada a obxectos: clases, obxectos, atributos e métodos.

• Desenvolvemento de aplicacións para ordenadores, dispositivos móbiles e/ou webs.

• Uso básico dun contorno de desenvolvemento: edición de programas e xeración de executables.

• Proceso de detección de erros e depuración con axuda de contornos integrados de desenvolvemento. Probas, optimización e validación.

• Plataformas de desenvolvemento colaborativo. Introdución a Git.

Bloque 4. Creación e edición de contidos audiovisuais

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Captar e corrixir imaxes fixas empregando técnicas de xeración, procesamento e retoque.

OBX4

• CA4.2. Analizar e utilizar os recursos expresivos utilizados nas producións audiovisuais aplicando as técnicas de linguaxe audiovisual que garanten o mantemento da continuidade narrativa.

OBX4

• CA4.3. Gravar pezas audiovisuais aplicando técnicas de captación de imaxes fotográficas, de vídeo e son, mediante os recursos e medios técnicos da linguaxe audiovisual.

OBX4

• CA4.4. Editar e exportar pezas audiovisuais na liña de tempo dun programa de edición realizando transicións, elaborando títulos e subtítulos, e sincronizando a imaxe co son.

OBX4

• CA4.5. Crear e integrar unha composición de efectos visuais (VFX) a través de técnicas dixitais no proceso de posprodución dun proxecto audiovisual de maneira creativa.

OBX4

Contidos

• Axustes da imaxe fixa: balance de brancos, contraste, brillo e saturación. Corrección de cor. Correccións perspectivas.

• Conceptos espaciais da imaxe: posta en escena, campo e fóra de campo.

• Elementos específicos da posprodución: transicións, efectos dixitais e sonorización.

• Recursos específicos de linguaxe sonora. Procura e elaboración de recursos sonoros para produtos audiovisuais.

• Elaboración de títulos e subtítulos.

• Realización de efectos visuais (VFX) na edición de vídeo.

Bloque 5. Seguridade, benestar e cidadanía dixital

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede, escollendo a mellor solución entre diversas opcións.

OBX5

• CA5.2. Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada na internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e dos espazos virtuais de traballo.

OBX5

• CA5.3. Utilizar recursos dixitais de acordo coas leis de propiedade intelectual, recoñecendo e respectando as licenzas e os dereitos de autoría.

OBX5

• CA5.4. Coñecer diferentes métodos de identificación persoal e certificación na rede.

OBX5

Contidos

• Xestión de riscos e seguridade da información.

• Ciberseguridade: clases de ataques e mecanismos de protección e defensa.

• Conectividade de redes locais de forma segura á internet.

• Protocolos seguros de interconexión.

• Uso e creación de recursos dixitais respectando a propiedade intelectual.

• Certificados dixitais e autoridades de certificación. Sinatura dixital.

8.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo nos distintos niveis da etapa as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto de materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1-2-3

3

1-2

1-2

3.1-4

1

1-2-3

OBX2

1-3

4

2-3-5

OBX3

1-2-4

2-3

3.1-4

1-2-3

OBX4

2-3

2-3

2-5

1.1

1

1-2-3

3.1-3.2

OBX5

1-2-3

2-5

3-5

1.1-1.2

1-3

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– O primeiro bloque de contidos, «Desenvolvemento de proxectos dixitais», debe funcionar como eixe vertebrador da materia, que pretende que o alumnado sexa quen de realizar proxectos significativos e de resolver problemas de forma colaborativa, o que reforza a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

– A aplicación dos proxectos sobre os bloques de contidos «Creación, tratamento e presentación da información e os datos», «Programación» e «Creación e edición de contidos audiovisuais» permite que a materia sexa flexible e adaptable aos diferentes intereses e motivacións do alumnado, de xeito que lle poidamos dar un enfoque máis técnico ou más artístico-creativo segundo o grupo de alumnado.

– O último bloque, «Seguridade, benestar e cidadanía dixital», debe ser abordado tamén de forma transversal, de maneira que en todo momento o alumnado adquira unha actitude de respecto na interacción na rede e manteña a seguridade tanto da súa persoa como dos equipamentos con que traballa.

– Deberanse empregar distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan o traballo en equipo.

– A énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.

– A distribución de espazos, debido ao carácter práctico da materia, orientarase a unha aula equipada cos dispositivos informáticos e a conectividade necesarios para a realización das actividades atendendo a pautas básicas de accesibilidade.

– A organización por grupos debe proporcionar un marco de colaboración para acadar obxectivos onde o liderado estea compartido e as persoas teñan a capacidade de ser críticas consigo mesmas e coas demais.

– A selección de ferramentas, recursos e materiais didácticos deberase orientar cara a aqueles que favorezan o traballo colaborativo en rede a través da variedade de posibilidades que existen na actualidade.

9. Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia.

9.1. Introdución.

A realidade xeográfica, histórica e artística de Galicia, como unha das tres nacionalidades históricas recollidas na Constitución española de 1978, demanda o estudo científico dos aspectos históricos, xeográficos, artísticos e antropolóxicos de maior transcendencia para coñecer e explicar a evolución e a situación da sociedade galega actual. Daquela, Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia complementa os coñecementos e as competencias que lle achegan ao alumnado as materias de Historia de España, de Historia do Mundo Contemporáneo e de Historia da Arte, polo que debe afondar no coñecemento crítico das especificidades históricas de Galicia en perspectiva comparada co resto do Estado español e co contexto mundial.

A selección de contidos desta materia atende á descrición dos procesos e dos fenómenos máis salientables da conformación xeográfica e histórico-artística de Galicia. A dita selección de contidos fomenta, tamén, a aplicación de técnicas de análise de fontes diversas e perspectivas interpretativas propias das ciencias sociais, así como o estudo do pasado como estratexia de ensino e aprendizaxe que favoreza a comprensión crítica da multicausalidade histórica e das características da Galicia actual. Os referidos contidos organizan, tanto cronoloxicamente como tematicamente, os aspectos económicos, sociais, político-institucionais, relixiosos e culturais que marcaron o devir histórico de Galicia.

O estudo desta materia debe fomentar a capacidade para contextualizar cronolóxica e espacialmente o espazo xeográfico e os feitos e procesos históricos, interrelacionando as variables económicas, políticas, sociais e culturais. Deste xeito, o alumnado será quen de analizar fontes diversas, sintetizando a información e elaborando interpretacións razoadas e multicausais, e para iso utilizará tanto o material bibliográfico e as fontes escritas como os medios propios das tecnoloxías da información e da comunicación dixital.

O patrimonio artístico e cultural galego caracterízase pola súa riqueza, diversidade e extensión xeográfica, así como pola vinculación á paisaxe que o rodea. O estudo do seu patrimonio permite comprender que elementos materiais e inmateriais do seu acervo cultural son obxecto de protección, conservación e difusión consonte a normativa de referencia, tanto por parte das administracións públicas como por parte dos particulares. As distintas competencias clave desenvólvense ao longo da materia mediante elementos que son propios da historia da arte de Galicia, mediante o estudo e o aprecio do patrimonio ou a través das vertentes máis actitudinais e procedementais das competencias.

Os criterios de avaliación e os contidos agrúpanse en seis bloques que abranguen desde a xeografía á historia, a arte e o patrimonio cultural de Galicia. Estes bloques teñen a seguinte denominación: bloque I «A xeografía de Galicia», bloque II «As raíces da historia de Galicia», bloque III «A eclosión de Galicia na Idade Media; o Camiño de Santiago», bloque IV «O éxito dunha sociedade tradicional: Galicia no Antigo Réxime», bloque V «Galicia no camiño da modernización. A Idade Contemporánea», bloque VI «Patrimonio material e cultural en Galicia». Optouse pola presentación cronolóxica, coa cal o profesorado e o alumnado se encontran máis familiarizados, pero na súa propia definición e articulación pódese observar unha intención temática, incidindo naqueles aspectos ou elementos que resultan máis relevantes de cada época histórica.

O enfoque competencial do bacharelato e da materia abre novas oportunidades e posibilidades para crear escenarios de aprendizaxe máis activos e atractivos nos cales dotar de maior protagonismo o alumnado, que permitan o traballo en equipo, os procesos de indagación e investigación, a creatividade e a transferencia do coñecemento adquirido.

9.2. Obxectivos.

Obxectivos da materia

OBX1. Analizar a diversidade natural de Galicia e a súa singularidade xeográfica dentro de España e Europa a través da comparación de características comúns e específicas do relevo, o clima, a hidrografía e a biodiversidade.

• A comprensión do espazo xeográfico, físico e social implica asumir a súa complexidade como sistema en que se combinan elementos abióticos, bióticos e antrópicos. A teoría xeral de sistemas achega os conceptos necesarios para entender a imbricación deses compoñentes e as súas relacións. Polas súas características integradoras e o potencial visual como fonte de información e recurso creativo, as tecnoloxías da información xeográfica (TIX) deben adoptar unha posición prioritaria como ferramenta manexada competentemente polo alumnado.

OBX2. Interpretar o legado histórico de Galicia e a súa conexión coa historia mundial, sinalando as analoxías e singularidades da súa evolución nun contexto global cambiante por medio da procura e do tratamento de información.

• Valorar e interpretar o legado histórico e cultural de Galicia permítelle ao alumnado conectar o presente co pasado, coa aplicación de técnicas de análise de fontes diversas e perspectivas interpretativas específicas das ciencias sociais, así como o estudo do pasado na aula e no contexto escolar, como estratexia de ensino e aprendizaxe que favoreza a comprensión crítica da multicausalidade histórica e das características da Galicia actual.

OBX3. Identificar e caracterizar os principais movementos artísticos galegos ao longo da historia, recoñecendo as relacións de influencia, préstamo, continuidade e ruptura que se producen entre eles, para comprender os mecanismos que rexen a evolución da historia da arte galega, identificando e contextualizando espacial e temporalmente as máis relevantes manifestacións artísticas de Galicia, analizando o seu contorno social, político e cultural.

• Un dos eixes da materia debe ser entender as creacións artísticas como expresión da actividade humana e as súas circunstancias en determinada cultura e momento histórico. O estudo dunha obra de arte adquire así todo o seu significado cando se pon en relación co seu contexto sociocultural. Convén, ademais, ter en conta o carácter bidireccional da dita relación de maneira que, aínda que ningunha obra pode ser plenamente entendida sen considerar os factores e circunstancias espazo-temporais que interviñeron na súa creación, o estudo da obra de arte resulta igualmente un factor que cómpre ter en conta para o coñecemento da época, a cultura e a personalidade que a xestou.

OBX4. Coñecer e valorar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, analizando exemplos concretos do seu aproveitamento e as súas funcións, para contribuír á súa conservación e promoción como elemento conformador da identidade individual e colectiva, e como dinamizador da cultura e da economía.

• O recoñecemento do patrimonio cultural galego como un elemento que nos foi legado polas xeracións pasadas e a necesidade da súa conservación, uso sustentable e promoción representan un imperativo fundamental para calquera sociedade e cultura. Neste sentido, o papel da materia resulta crucial, xa que dificilmente se pode valorar aquilo que non se coñece. Trátase, pois, de que o alumnado tome conciencia, a través da análise pormenorizada de casos concretos, do valor simbólico e da importancia social, ambiental e material do patrimonio material, artístico e cultural de Galicia.

OBX5. Integrar a perspectiva de xénero no estudo da materia, analizando o papel que ocuparon as mulleres e a imaxe que delas se deu nas diferentes etapas históricas e movementos artísticos de Galicia, para promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

• Analizando os estereotipos e símbolos relacionados coas mulleres e o ámbito feminino presentes na historia de Galicia, e nos cales se representan espazos, roles, actividades e modos de vida, pódense contextualizar e comprender mellor as relacións entre ambos os sexos ao longo da historia. Trátase aquí de, a partir dunha análise crítica destas representacións e da súa función como xeradoras de conformidade social, promover no alumnado actitudes de rexeitamento fronte a condutas e comportamentos sexistas e de discriminación cara ás mulleres.

OBX6. Valorar o significado histórico da idea de progreso e as súas repercusións sociais, ambientais e territoriais na evolución xeográfica, artística e histórica, a través do uso de métodos cuantitativos e da análise multifactorial do desenvolvemento económico, os ritmos de crecemento e a existencia de distintos modelos e sistemas, valorando a situación actual de Galicia nos parámetros indicadores de progreso económico e social e adoptando un compromiso activo coa sustentabilidade e a defensa dos dereitos sociais.

• Para analizar este proceso é necesario o uso de procedementos cuantitativos para o tratamento de datos numéricos, así como o manexo de variables econométricas e a súa representación gráfica, de maneira que o alumnado poida describir e comprender os ritmos e ciclos de crecemento, os diferentes modelos de desenvolvemento, e as crises e as respostas dadas ao longo do tempo histórico a estas a través da xestación e aplicación de novas teorías e políticas económicas. A análise da experiencia histórica debida á aplicación de diferentes políticas inspiradas nas principais doutrinas económicas debe promover no alumnado unha actitude comprometida con comportamentos responsables que favorezan un modelo de desenvolvemento no cal resulten compatibles as expectativas de crecemento e de benestar, tanto individual como colectivo, coa xustiza social e a sustentabilidade do planeta.

OBX7. Recoñecer e valorar a diversidade identitaria de Galicia, por medio do contraste da información e a revisión crítica de fontes, tomando conciencia do papel que xoga na actualidade, para respectar os sentimentos de pertenza e as normas e os símbolos que establece o noso marco común de convivencia.

• A Constitución de 1978 iniciou a etapa de convivencia pacífica e democrática máis longa e duradeira da nosa historia. O alumnado debe concibir o Estado social e de dereito actual non só como resultado do entendemento e da acción das mulleres e homes comprometidos coa liberdade, senón tamén como o froito do exercicio diario dunha cidadanía activa identificada cos seus principios e inspirada nos seus valores.

9.3. Criterios de avaliación e contidos.

2º curso.

Materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia

2º curso

Bloque 1. A Xeografía de Galicia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Distinguir as singularidades do espazo xeográfico galego e situar e analizar as súas unidades de relevo.

OBX1

• CA1.2. Distinguir as variantes climáticas galegas e sinalar os elementos e os factores que as conforman.

OBX1

• CA1.3. Describir a biodiversidade, os solos e a rede hídrica, e analizar o aproveitamento destes recursos.

OBX1

• CA1.4. Describir e reflectir nun mapa a singularidade das paisaxes naturais de Galicia e relacionar o medio natural coa actividade humana.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.5. Analizar a realidade demográfica galega e a súa evolución histórica, comprender os factores que a determinan e a cuestión do avellentamento poboacional e identificar as redes urbanas de Galicia.

OBX1

• CA1.6. Identificar o espazo rural e as actividades do sector primario (agricultura e gandaría).

OBX6

• CA1.7. Apreciar a importancia do mar na economía e na sociedade galegas e a industrialización do sector, así como os problemas e as oportunidades da explotación forestal.

OBX1

• CA1.8. Recoñecer os factores da industria en Galicia, describindo os eixes de desenvolvemento industrial e identificando as liñas mestras da problemática industrial galega.

OBX6

• CA1.9. Analizar a terciarización da economía galega utilizando as fontes dispoñibles na rede, coñecendo as pautas do seu desenvolvemento e os seus sectores.

OBX6

Contidos

• Coñecemento das ferramentas e dos métodos propios da ciencia xeográfica. Análise de planos, mapas e representacións gráficas. Dominio do concepto de espazo xeográfico.

• Características físicas do territorio galego: formación do relevo, unidades xeomorfolóxicas, acción erosiva e tipos de solo.

• Variantes climáticas de Galicia e factores que as determinan. Uso de webs e aplicacións móbiles.

• Rede hidrográfica de Galicia.

• Paisaxes naturais galegas. Biodiversidade, ecosistemas, espazos naturais protexidos. Políticas ambientais.

• A demografía de Galicia. Evolución histórica e realidade actual.

• Distribución territorial da poboación. Desequilibrios entre a costa e o interior. Envellecemento e despoboamento rural.

• Movementos naturais de poboación. Migracións: razóns estruturais e conxunturais.

• Espazo urbano de Galicia. O eixe atlántico, a función das vilas como modelos sustentables.

• O espazo rural e agrario. Transformacións das actividades agropecuarias. Pesca e acuicultura. Política comunitaria: a política agraria común (PAC) e a política pesqueira común (PPC).

• Fontes de enerxía e espazo industrial galego. Proceso de industrialización en Galicia. Sectores industriais en Galicia.

• Terciarización da economía galega. Transportes: eixes de fluxo comercial. Turismo, economía dixital e globalización.

Bloque 2. As raíces da historia de Galicia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Recoñecer e valorar os procesos máis significativos para a formación histórica da identidade de Galicia coñecendo a cronoloxía dos feitos culturais da prehistoria galega, as principais estacións arqueolóxicas e as características principais dos achados materiais.

OBX2

• CA2.2. Explicar as diferenzas entre a economía e a organización social do Paleolítico e o mundo megalítico.

OBX2

• CA2.3. Explicar a función social, ritual, relixiosa e xerarquizadora da arte prehistórica en Galicia especificando o papel desenvolvido pola sociedade, especialmente no que respecta ao rol da muller nas comunidades prehistóricas.

OBX3

• CA2.4. Explicar o fenómeno coñecido como romanización, os novos usos sociais e económicos, e a articulación viaria do territorio.

OBX2

• CA2.5. Recoñecer as características esenciais das culturas castrexa e romana e relacionalas co seu respectivo contexto histórico, artístico e cultural.

OBX3

Contidos

• Prehistoria de Galicia. Primeiras pegadas do ser humano en Galicia: Paleolítico. Grandes depósitos de Portomaior, Arbo, As Gándaras de Budiño e a cova Eirós en Triacastela. O home de Cromagnon: depósito de Cova da Valiña en Castroverde. Función da arte prehistórica en Galicia.

• O Megalitismo e a Idade dos Metais: dolmen de Axeitos, dolmen de Dombate e lapa de Gargantáns.

• A cultura castrexa: os castros de Santa Trega, San Cibrán de Las e Elviña. Escultura e ourivaría castrexa: torque de Burela, casco de Leiro, cabeza de Rubiás e guerreiro de Armeá.

• A civilización romana: a conquista, o proceso de romanización, os trazos principais dos castros romanizados a través do castro de Viladonga ou do castro de Baroña. Características principais da cidade romana: o exemplo de Lugo. A arquitectura relixiosa tardorromana a través do templo de Santalla de Bóveda.

Bloque 3. A eclosión de Galicia na Idade Media; o Camiño de Santiago

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Analizar a pegada da monarquía sueva, o seu ámbito territorial e a súa organización, e explicar as circunstancias que a levaron a verse dominada polos visigodos.

OBX2

• CA3.2. Recoñecer e explicar as concepcións estéticas e as características esenciais da arte prerrománica en relación cos seus respectivos contextos históricos e culturais.

OBX3

• CA3.3. Analizar os fundamentos xeopolíticos da mudante estrutura dos reinos peninsulares en permanente dialéctica con Al-Andalus e o papel representado polo territorio galego.

OBX7

• CA3.4. Entender a evolución dos tempos medievais cara ao restablecemento das producións artesanais e dos intercambios comerciais, baixo os parámetros dunha sociedade fondamente estamental.

OBX6

• CA3.5. Comprender a xénese e articulación do Camiño de Santiago e a súa importancia política, social relixiosa e económica.

OBX2

• CA3.6. Recoñecer as concepcións estéticas e as características esenciais da arte románica en Galicia en relación co seu contexto histórico e cultural, explicando a función da arte románica e o papel dos mosteiros (Cluny e Císter).

OBX3

• CA3.7. Recoñecer e explicar as concepcións estéticas e as características esenciais da arte gótica en relación co seu contexto histórico e cultural, estudando o papel das ordes mendicantes.

OBX3

• CA3.8. Analizar as mudanzas baixomedievais: crise demográfica, economía urbana, rol da muller, conflitos sociais e guerras irmandiñas, pacificación do territorio e nova Administración implantada polos Reis Católicos.

OBX5

Contidos

• O dominio suevo, avances na cristianización e integración na monarquía visigoda.

• A arte prerrománica. Características xerais. A arquitectura visigótica en Galicia: Santa Comba de Bande.

• Galicia na Idade Media: características da sociedade feudal galega, integración no reino astur-leonés; primeira acepción de Galicia como reino e o seu mantemento honorífico ao longo do Antigo Réxime. Expansión artesanal, comercial e urbana arredor dos camiños de Santiago e das zonas costeiras: Compostela e Pontevedra. Auxe do monacato.

• Configuración e desenvolvemento da arte románica. Igrexas e mosteiros. Iconografía románica. Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa Cristina de Ribas de Sil e Santa María de Ferreira de Pantón.

• Primeiro Románico. Basílica de San Martiño de Mondoñedo.

• Románico pleno: catedral de Santiago de Compostela, Santa María de Cambre, Santa María do Campo, igrexa de Santiago na Coruña, colexiata de Santa María de Sar, igrexa de Vilar de Donas, San Nicolás de Portomarín, catedral de Ourense, fachada de Praterías, Pórtico da Gloria.

• Tardorrománico. Arquitectura do Císter. San Lourenzo de Carboeiro, mosteiro de Santa María de Oseira e mosteiro de Santa María da Armenteira.

• Achega da arte gótica, expresión dunha cultura urbana. Catedral e arquitectura civil. A escultura gótica: pórtico da catedral de Tui, porta do Colexio de San Xerome e sepulcro de Fernán Peres de Andrade «O Boo».

• As ordes mendicantes: San Domingos de Bonaval, San Domingos de Pontevedra e San Francisco de Betanzos.

• Mudanzas baixomedievais: crise demográfica, economía urbana, conflitos sociais e guerras irmandiñas; pacificación do territorio e nova Administración implantada polos Reis Católicos. As mulleres na Idade Media.

Bloque 4. O éxito dunha sociedade tradicional: Galicia no Antigo Réxime

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Analizar e explicar os cambios estruturais producidos en Galicia durante o Antigo Réxime no contexto peninsular e europeo, describindo as principais institucións galegas da Idade Moderna: Xunta do Reino de Galicia, Real Audiencia, Real Intendencia e concellos.

OBX2

• CA4.2. Estudar as características da sociedade estamental galega do Antigo Réxime e a situación social das mulleres.

OBX5

• CA4.3. Explicar as peculiaridades do intenso crecemento da demografía galega na Idade Moderna, a pronta superación da crise do século XVII e o forte crecemento experimentado no século XVIII.

OBX6

• CA4.4. Analizar a estrutura xeral do sistema produtivo do Antigo Réxime, de base agraria e economía de subsistencia, explicando as claves de acumulación de capital necesarias para o desenvolvemento comercial e manufactureiro.

OBX6

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.5. Recoñecer e explicar as concepcións estéticas e as características esenciais da arte do Renacemento e do Barroco en relación co contexto histórico e cultural, a unidade e diversidade do Barroco e o uso da linguaxe artística ao servizo do poder civil e eclesiástico.

OBX3

• CA4.6. Analizar a pegada da Ilustración na Galicia do Antigo Réxime, coñecendo as iniciativas protoindustriais (transformacións nos sectores do curtume, a pesca e a metalurxia), o exemplo de Sargadelos, o comercio interior e exterior (intercambios con América) e o establecemento do arsenal de Ferrol.

OBX4

• CA4.7. Recoñecer e explicar as concepcións estéticas e as características esenciais do Neoclasicismo e a influencia do pensamento ilustrado na arte.

OBX3

Contidos

• O éxito dunha sociedade tradicional: demografía galega no Antigo Réxime.

• Actividades económicas: economía de base agraria; a expansión do millo e da pataca, os foros, manufacturas artesanais e iniciativas protoindustriais (transformacións nos sectores do curtume, a pesca e a metalurxia); exemplo de Sargadelos; comercio interior e exterior (intercambios con América); establecemento do arsenal de Ferrol.

• A sociedade galega durante a Idade Moderna: elites (nobreza absentista e fidalguía rendista), campesiñado, os diversos sectores do clero, comerciantes e artesáns. Formas de vida e mentalidades colectivas dos grupos sociais. O papel das mulleres.

• Institucións políticas do Antigo Réxime: Real Audiencia, Xunta do Reino, corrixidores e intendentes.

• A arte renacentista. Patróns e artistas. Iconografía na arquitectura do século XVI. Comentario de obras de arte do Renacemento en Galicia. Colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, Hospital Real de Santiago de Compostela e Pazo de Fonseca. Estatuas da fachada do mosteiro de San Martiño Pinario.

• Unidade e diversidade do Barroco. Linguaxe artística ao servizo do poder civil e eclesiástico. Barroco compostelán. Urbanismo barroco. Igrexas e pazos. Comentario de obras de arte do Barroco en Galicia. Obras de Domingo de Andrade, Fernando de Casas, Simón Rodríguez, Clemente F. Sarela, Pedro de Monteagudo (mosteiros de San Xoán de Poio e de Santa María de Sobrado) e Lucas Ferro Caaveiro. Pazos rurais e pazos de Fefiñáns, de Oca e de Santa Cruz de Ribadulla. Obras de Francisco de Moure, Gregorio Fernández e Mateo de Prado.

• Ilustración en Galicia: ensino, ciencia, pensamento e cultura letrada. O Padre Feijoo e Frei Martín Sarmiento.

• Neoclasicismo. Enxeñeiros técnicos na arquitectura do Neoclasicismo en Galicia, o arsenal de Ferrol. Estilo academicista. Comentario de obras de arte do Neoclasicismo en Galicia. Obras de Domingo Lois Monteagudo. Pazo de Raxoi, fachada da Acibecharía, reforma da torre de Hércules, casas de Paredes e arquivo do Reino de Galicia en Betanzos.

Bloque 5. Galicia no camiño da modernización. A Idade Contemporánea

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Caracterizar as grandes correntes ideolóxicas e os movementos sociopolíticos que propiciaron a evolución histórica da Galicia contemporánea, desde unha sociedade rexida baixo o predominio dos grupos sociais tradicionais ata o triunfo do Liberalismo.

OBX2

• CA5.2. Explicar a arquitectura do proceso político e institucional ideado por Cánovas del Castillo e a súa aplicación en Galicia, as súas fortalezas e debilidades e os trazos esenciais do Rexurdimento.

OBX7

• CA5.3. Describir as dificultades do tránsito dunha economía e unha estrutura demográfica tradicionais cara á modernidade, estudando as características da industrialización, da expansión comercial e da modernización agraria na Galicia contemporánea e os conflitos sociopolíticos derivados deses cambios estruturais.

OBX6

• CA5.4. Comprender a evolución política de Galicia durante a Segunda República e o comezo da Guerra Civil, analizando os cambios acaecidos no rol social e institucional da muller no período republicano.

OBX5

• CA5.5. Coñecer as características esencias da posguerra e a economía autárquica propia do primeiro franquismo.

OBX6

• CA5.6. Caracterizar a realidade da etapa dos plans de desenvolvemento coas súas transformacións económicas e sociais e estudando o papel das mulleres na etapa franquista.

OBX6

• CA5.7. Analizar o tardofranquismo estudando a inestabilidade política, os apoios e as oposicións ao réxime.

OBX2

• CA5.8. Recoñecer e explicar as concepcións estéticas e as características esenciais da arquitectura e as artes plásticas nos séculos XIX e XX en Galicia.

OBX3

• CA5.9. Describir o proceso autonómico en Galicia, identificando as características do Estatuto de autonomía no marco da Constitución de 1978, e analizar a estrutura e os principios que regulan a organización política e territorial do Estado español nas comunidades autónomas.

OBX7

• CA5.10. Coñecer o impacto do ingreso na Unión Europea en Galicia, as súas fortalezas e as súas debilidades.

OBX6

Contidos

• Absolutistas e liberais: guerra contra Francia; o papel da Igrexa. O problema carlista e a expansión do Liberalismo nas cidades durante o reinado de Fernando VII. Implantación da nova estrutura político-administrativa e institucional do Estado liberal en Galicia durante o reinado de Isabel II. O Provincialismo.

• O difícil tránsito da sociedade e a demografía galega cara á modernidade: esgotamento do complexo agrario e crise das manufacturas domésticas na primeira metade do século XIX; desaxustes demográficos e comezos da emigración masiva a América.

• O desigual balance do proceso desamortizador. Permanencias no mundo rural e os cambios lentos nas vilas e cidades: devalar das vellas elites rurais e formación dunha pequena burguesía comercial de orixe foránea.

• Galicia na Restauración: as quendas e o fenómeno do caciquismo. Redes clientelares dos partidos dinásticos como mecanismo de exercicio do poder; organizacións políticas dos novos grupos sociais; mobilización agrarista do campesiñado.

• O Neoclasicismo. Enxeñeiros técnicos na arquitectura do Neoclasicismo en Galicia. Estilo academicista.

• Arte galega do século XIX: arquitectura do século XIX. Impacto dos novos materiais: Historicismo e Eclecticismo. Obra de Jenaro de la Fuente. Nacemento do urbanismo moderno. Homoxenización de modelos e creación dos barrios obreiros. Escultura do Rexurdimento galego (Isidoro Brocos) e adopción da liturxia liberal na escultura galega do século XIX. Pintura no século XIX galego: do Romanticismo e o Historicismo ao Exotismo e o Realismo.

• Galicia no camiño da modernización (1874-1936). Unha sociedade en cambio: evolución demográfica e éxodo ultramarino; características e consecuencias da emigración de retorno. Auxe da burguesía industrial e comercial; proletarización do campesiñado; desaparición da fidalguía. Transformacións no sistema agrario galego: mercantilización das pequenas explotacións familiares, privatización dos montes comunais, especialización produtiva e aplicación dos avances científicos e tecnolóxicos nas primeiras décadas do século XX. Desenvolvemento industrial e comercial: pesca, sector hidroeléctrico, comunicacións e sistema financeiro; orixes da banca galega.

• Crise do sistema político da Restauración. Evolución política de Galicia desde o Rexionalismo ata a xeración das Irmandades: organizacións políticas; autonomismo, Estatuto de 1936. O Nacionalismo galego: Afonso Daniel R. Castelao. Polarización da sociedade galega durante a Segunda República. Primeiras formas de participación feminina en política. Segunda República e primeiro Estatuto de autonomía de Galicia.

• Arquitectura do século XX en Galicia. Renovación da linguaxe arquitectónica: funcionalismo do movemento moderno e arquitectura orgánica. Fenómeno das vangardas nas artes plásticas en Galicia. Vangardas e novos medios: a fotografía e o cinema en Galicia. Comentario de obras de arte, arquitectura e artes plásticas do século XX en Galicia. Obras de Julio Galán y Carvajal, Manuel Gómez Román, Antonio Palacios, Antonio Tenreiro, Andrés Fernández Albalat, Iago Seara, César Portela, Pascuala Campos de Michelena, X.M. Casabella e Manuel Gallego Jorreto.

• Escultura do século XX en Galicia: obras de Francisco Asorey, Xosé Eiroa, Xoán Piñeiro, Camilo Otero, José María Acuña, Eduardo Parrado e Cristino Mallo.

• Pintura do século XX en Galicia. Obra pictórica de Colmeiro, Laxeiro, Arturo Souto, Fernando Álvarez de Sotomayor, Luis Seoane, Eugenio Granell, Tino Grandío, María Antonia Dans, Maruxa Mallo, Manuel Abelenda, Isaac Díaz Pardo, Menchu Lamas, Francisco Lloréns, Urbano Lugrís, Alfonso Daniel R. Castelao, Xesús Corredoira, Carlos Maside, Xulia Minguillón, Reimundo Patiño, Julio Prieto Nespereira, Xaime Quessada e Alberto Datas, A. Lago Rivera, Luís Caruncho, Antonio Tenreiro, Lino J. Villafínez, Concha Vázquez, M. López Garabal, Alfonso Sucasas, Mercedes Ruibal, José Solla, Virxilio, Antón Abreu, Felipe Criado, Elena Gago e María Victoria de la Fuente.

• Posguerra: fame, racionamento e estraperlo; consecuencias económicas e sociais da política autárquica durante o primeiro franquismo.

• Anos do desenvolvemento: transformacións económicas e sociais; consecuencias dos plans de desenvolvemento en Galicia. Tardofranquismo: inestabilidade política, apoios e oposición ao réxime. A muller na etapa franquista.

• A realidade galega actual: proceso autonómico e consecución do Estatuto no contexto da transición á democracia en España. Evolución política da Galicia autonómica; construción dunha Administración propia desde 1977 á actualidade.

• Integración na Unión Europea e novos retos sociais e económicos: consecuencias estruturais para os sectores produtivos e para a sociedade galega. Cambios sociais, económicos e culturais: construción do Estado de benestar e posta en valor dos propios recursos.

Bloque 6. Patrimonio material e cultural en Galicia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Coñecer o concepto de patrimonio cultural de Galicia e a súa categorización.

OBX4

• CA6.2. Entender e valorar os principios de conservación, posta en valor, fomento e difusión dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.

OBX4

• CA6.3. Coñecer as liñas fundamentais de posta en valor do patrimonio cultural galego e valorar o seu significado e implicacións socioeconómicas.

OBX4

Contidos

• O patrimonio cultural en Galicia. Principios esenciais da normativa específica sobre o patrimonio cultural de Galicia. Patrimonio material e inmaterial. Os bens declarados de interese cultural e as súas categorías. O Rexistro de bens de Interese Cultural de Galicia. Os bens catalogados e o seu rexistro.

• A conservación, posta en valor, fomento e difusión dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia: axentes, problemática e logros.

• Os camiños de Santiago. O Sistema galego de museos. O Plan de catedrais. Parques e centros arqueolóxicos (intervención en castros, dolmens e petróglifos). O patrimonio industrial. Bens patrimonio da Unesco.

9.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da materia e, en combinación co resto das materias, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos da materia e as competencias clave a través dos descritores operativos e das liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos da materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e as competencias clave a través dos descritores operativos establecidos no anexo I:

Obxectivos

da materia

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

2-3

2-4

1-3

1.2-3.2-4

4

1

OBX2

2-3

1

2-4

1-3

3.1-3.2-4

1-2-3

OBX3

3

1

1-2-3

3.2-4

1-2-3

1-2-3.1

OBX4

3-4

1

1-3

3.2-4

1-2-3

1-2-3.1

OBX5

3.1-4

1-2-3

OBX6

3-4-5

1-3

2

4

1-2

OBX7

3

3.1

1-2

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

– O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan o traballo en equipo. Todo iso implica dispor de novos instrumentos para valorar un conxunto amplo e diverso de accións, tendo en conta a diversidade e individualidade do alumnado.

– O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

– Utilizar estratexias nas cales o alumnado exercite tanto os procesos instrumentais como as actitudes, utilizando as bases discursivas do pensamento histórico na construción do coñecemento.

– O uso da metodoloxía propia da historia e das ciencias sociais, promovendo a análise crítica das fontes e o desenvolvemento da terminoloxía e dos coñecementos que lle permitan ao alumnado afrontar con solvencia a redacción de composicións históricas.

– O emprego de métodos cuantitativos de carácter serial, gráfico e estatístico de longa e curta duración, que lle permitan ao alumnado comprender e explicar as variables sociais e económicas que incidiron no devir histórico da historia de Galicia.

– A análise do enclave espazo-temporal da produción artística para unha adecuada comprensión e explicación do contexto político, social, cultural, económico, relixioso e ideolóxico en que esta se desenvolve.

– A explicación dos aspectos técnicos, conceptuais e formais das artes plásticas e da arquitectura, que lle permitan ao alumnado afrontar con solvencia a análise dunha obra.

– Facer énfase nas diversas orientacións de carácter competencial (indutivas e dedutivas) á disposición da persoa historiadora, para o coñecemento crítico dos procesos e transformacións sociais, as súas causas e as consecuencias derivadas, traballando especialmente sobre conceptos e logros esenciais como a perspectiva de xénero e o acceso á cidadanía, á liberdade, á igualdade, á equidade e ao benestar social.

– Fomentar no alumnado a fundamentación de xuízos propios baseados no uso habitual de fontes primarias e textos historiográficos que lle permitan o achegamento crítico ás diversas ideoloxías e identidades presentes no pensamento sociopolítico da historia de Galicia.

– O exercicio do pensamento crítico, fundamentado e razoado, ao igual que a transferencia de información e do coñecemento elaborado que, ademais de supor o uso avanzado de medios dixitais, implique tamén o desenvolvemento de estratexias comunicativas eficaces.

– Realizar traballos de investigación e «obradoiros de historia», xerando produtos a través da indagación e da investigación que poñan en valor o patrimonio histórico considerado como un ben común que cómpre conservar. Realización concreta dun traballo de investigación sobre o patrimonio cultural galego, a súa protección legal, e accións públicas e privadas para a súa conservación, mantemento e posta en valor.

ANEXO II

Especialidades do profesorado con atribución docente
nas materias optativas do bacharelato

Materias optativas

Especialidades

Anatomía Aplicada

Bioloxía e Xeoloxía

Educación Física

Antropoloxía

Filosofía

Xeografía e Historia

Cultura Científica

Bioloxía e Xeoloxía

Física e Química

Métodos Estatísticos e Numéricos

Matemáticas

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Lingua e Literatura Galega

Psicoloxía

Filosofía

Segunda Lingua Estranxeira

Alemán

Francés

Inglés

Italiano

Portugués

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Informática

Sistemas e Aplicacións Informáticas

Tecnoloxía

Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia

Xeografía e Historia