Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15648

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Advertidos erros na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 30, do luns 13 de febreiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 13521, na epígrafe décima, punto 2, onde di: «As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 19 de maio e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias.», debe dicir: «As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de maio e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias».

Na páxina 13526, na epígrafe décimo terceira, punto 8.a), onde di: «Os días 1 de xuño e 7 de setembro de 2023...», debe dicir: «Os días 7 de xuño e 7 de setembro de 2023...». Na mesma epígrafe, no punto 8.c), onde di: «...será publicada os días 9 de xuño e 15 de setembro de 2023...», debe dicir: «...será publicada os días 16 de xuño e 15 de setembro de 2023...».