Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15649

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

O día 26 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 18 a Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

O artigo 21 da dita orde establece que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

O número de solicitudes recibidas ata a data ao abeiro desta orde permite prever que non se alcanzará a contía máxima das axudas previstas e que unha ampliación do prazo de solicitudes non prexudica os dereitos de terceiros.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B)

A Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B), queda redactada como segue:

Un. Modifícase o artigo 21, que queda redactado como segue:

Artigo 21. Prazo de presentación de solicitudes

«O prazo de presentación de solicitudes contarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o 27 de marzo de 2023. Unha vez finalizado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

As persoas solicitantes deberán ter en conta que, mentres non adquiran a condición de beneficiarias coa aprobación da axuda, non poderán transferir a solicitude a outra persoa física ou xurídica aínda no caso de que esta cumpra os requisitos e asuma os compromisos. Exceptúase o cambio de personalidade xurídica cando esta non implique ningún cambio na participación ou composición da persoa solicitante».

Dous. Modifícanse os puntos 1 e 3 do artigo 31, que quedan redactados como segue:

«1. Ser titular dunha explotación agraria inscrita a nome do solicitante da axuda, polo menos cunha antigüidade dun ano no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que soliciten nesta mesma convocatoria a axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións».

«3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de primeira instalación nesta mesma convocatoria.

As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente. Tamén se poderá considerar cumprido pola persoa xurídica que poida demostrar que, polo menos 3 dos últimos 5 anos ata a data de apertura do prazo de solicitudes, tivo contratada de forma continua unha persoa física que cumpre a condición de capacitación profesional».

Tres. Modifícanse as seguintes claves e módulos do anexo VI, que quedan redactados como segue:

8017

Ud. tractor (por cv)

0,00003654684×4-0,034899559146×3+10,304483869926×2-439,51801413899×+17528,952104515

8018

Ud fresadora/rotocultor (largo traballo, en m)

1414,5×4-21219×3+111454×2-233064×+169577

8031

Ud. fertilizadora (por litros)

0,000000000476×4-0,00000383208×3+0,009740613376×2-5,528874386238×+2594,13930205499

8045

Ud. pulverizador (por litros)

1316,6e0,0013x

8061

Ud. anciño fileirador (por largo de traballo, metros)

-1,89194×4+77,026×3-941,49×2+6086,9×-8574,1

8222

Ud. cisterna xurro (en miles de litros)

1579,7×1,1125

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural