Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15838

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do Acordo do 17 de outubro de 2022, de constitución da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.

Visto o texto da acta do acordo de constitución da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia, que se subscribiu, con data do 17 de outubro de 2022, entre a representación de Agarte e Acolle e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais FSS-CC.OO. de Galicia e UGT-SP de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 y 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

Esta dirección xeral de relacións laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta de constitución da Comisión Paritaria do Convenio colectivo
de residencias privadas de persoas de idade de Galicia

En Santiago de Compostela, sendo as 10.30 horas do 17 de outubro de 2022, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas abaixo sinaladas.

– Representación empresarial:

Lucía del Campo Redondo (Agarte).

José Manuel Pazos Seco (Agarte).

María Teresa Rodríguez Rivas (Acolle).

– Representación social:

FSS-CC.OO. de Galicia:

Iria Estévez Casqueiro.

María Isabel Salgado Fandiño.

UGT-SP de Galicia:

Javier Martínez Fente.

E acordan:

Primeiro. Constituír a Comisión Paritaria para a interpretación, aplicación e vixilancia do Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia, composta por 4 representantes pola parte sindical (2 de UGT-SP de Galicia e 2 de FSS- CC.OO. de Galicia) e 4 representantes da parte empresarial (3 representantes de Agarte e 1 representante de Acolle). No que respecta á asistencia de persoas asesoras das distintas organizacións presentes nesta comisión, acórdase que poderán asistir dous asesores por parte de cada organización sindical ou empresarial. Estas persoas non teñen por que ser as mesmas en cada unha das reunións celebradas na Comisión Paritaria.

Segundo. Habilitar o funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, para efectuar os trámites de rexistro, depósito e publicación da presente acta.

E, non tendo máis asuntos que tratar, levántase a presente xuntanza ás 11.15 horas e as partes asinan esta en proba de conformidade.