Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15942

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal.

Prazas: (1) técnico/a superior de proxecto e (1) técnico/a de proxecto (referencias: CCMM-23-TSP1, CCMM-23-TP1).

Proxecto que se vai desenvolver: Programa de ciencias mariñas de Galicia.

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, para a execución do Programa de ciencias mariñas, financiado a través dos plans complementarios de I+D+i do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, para o cal se asinou convenio coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia