Pola Resolución do 23 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo, mediante concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III de persoal laboral fixo, nesta entidade. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, resólvese:
1. Aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo, conforme o punto I.4 da convocatoria:
Admitidos:
Ningún.
Excluídos:
Apelidos |
Nome |
DNI |
Causa |
García Tiagonce |
Raquel |
***7613** |
Falta declaración responsable de que cumpre os requisitos I.2.5 e I.2.6 da convocatoria. |
Gómez Sánchez |
Darío Román |
***0542** |
Falta copia do DNI e declaración responsable de que cumpre os requisitos I.2.5 e I.2.6 da convocatoria. |
Prados Lence |
Juan |
***8778** |
Falta declaración responsable de que cumpre os requisitos I.2.5 e I.2.6 da convocatoria. |
2. Designar a Comisión de Selección de acordo co establecido no punto IV da convocatoria, que estará composta por:
– Presidente: José Ignacio López Cabido, subdirector técnico do Cesga.
– Secretario: Fernando Bouzas Sierra, administrador de promoción e comunicación do Cesga.
– Vogais:
• Javier Cacheiro López, técnico superior de sistemas do Cesga.
• María José Rodríguez Malmierca, administradora de e-learning do Cesga.
• Natalia Costas Lago, técnico superior de comunicacións do Cesga.
Suplentes:
– Presidente: Andrés Gómez Tato, administrador de aplicacións e proxectos do Cesga.
– Secretario: Pablo Rey Mayo, técnico superior de sistemas do Cesga.
– Vogais:
• Juan Villasuso Barreiro, técnico superior de comunicacións do Cesga.
• Bárbara Gesto Gesto, administrativa do Cesga.
• Alejandro Feijoo Fraga, técnico de sistemas do Cesga.
Concédese un prazo de 10 días hábiles para reclamar ou emendar erros na documentación presentada, tras o cal se publicarán as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023
Lois Orosa Nogueira
Director xerente do Cesga