Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza en propiedade de inspector de policía, funcionario de carreira (promoción interna).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 36, do 21 de febreiro de 2023, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, pola quenda de promoción interna, vacante no cadro de persoal do Concello da Estrada, incluída na oferta de emprego público do ano 2018, dun posto de inspector de policía integrado no grupo A, subgrupo A2, escala Administración especial, subescala servizos especiais, polo sistema concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 21 de febreiro de 2023

José C. López Campos
Alcalde