Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2023 Páx. 16046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Baleira (Lugo), en sesión ordinaria do 1 de febreiro de 2023, aprobou a convocatoria e as bases para a selección de dez prazas de auxiliares de axuda no fogar, dúas de limpadores/as (unha a xornada completa e outra a xornada parcial), e unha de ordenanza, incluídas na oferta de emprego público de 2022, en réxime de persoal laboral fixo (proceso de estabilización de emprego temporal conforme o previsto no artigo 2 e na disposición 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público).

Estas bases foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 42, do 20 de febreiro de 2023, segundo se detallan a seguir:

Nº prazas

Denominación

Réxime xurídico

Xornada

Forma de selección

4

Auxiliar de axuda a domicilio

Laboral fixo

Completa

Concurso

6

Auxiliar de axuda a domicilio

Laboral fixo

Completa

Concurso-oposición

1

Limpador/a

Laboral fixo

Completa

Concurso

1

Limpador/a

Laboral fixo

Parcial

Concurso

1

Ordenanza

Laboral fixo

Completa

Concurso

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Baleira, 23 de febreiro de 2023

Ángel Enrique Martínez-Puga López
Alcalde