Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación do proxecto de execución das obras ordinarias de urbanización na delimitación da UA-52 en Pastoriza e aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para a execución do referido proxecto.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 9 de febreiro de 2023, mediante Resolución da Alcaldía número 417/2023, foi aprobado o proxecto de execución das obras ordinarias de urbanización na delimitación da UA-52 en Pastoriza, Arteixo, subscrito polo arquitecto Andrés Soto Núñez en xaneiro 2023, e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do referido proxecto.

Así mesmo, consonte a dita resolución, procede someter a información pública polo período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº predio

Referencia catastral

Ref. rexistral

Sup. que se

expropiará (m²)

Titular

P01

3582503NH4938S0001GA

105

1.009,24

Aliseda, S.A.

P02

3582503NH4938S0001GA

15040

79,61

Aliseda, S.A.

P03

3582503NH4938S0001GA

22051

93,15

Ángel Manuel Castro Cea

Mª José Pombo Corral

César Pombo Prego

Manuela Corral Figueroa

P04

3582503NH4938S0001GA

23637

102,08

Aliseda, S.A.

P05

3582503NH4938S0001GA

12452

112,20

Juan Antonio Santiso Vázquez

Concello de Arteixo

3582503NH4938S0001GA

-

-

Concello de Arteixo

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben tentada esta non se puidese efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 10 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 1/2023, do 2 de xaneiro)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano