Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16157

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego ordinaria de 2023.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2023-0105, do 24 de febreiro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Bóveda para o ano 2023, que comprende unha praza de funcionario de carreira, dotada orzamentariamente, e que se relaciona a continuación:

Núm. vacantes

Denominación

Escala/subescala

Grupo

Tipo de persoal

Sistema
de acceso

1

Administrativo/a - adxunto á Secretaría

Escala de Administración xeral

C1

Funcionario de carreira

Concurso - oposición libre

Bóveda, 24 de febreiro de 2023

José Manuel Arias López
Alcalde