Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16158

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial de estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para completar a aliñación do solo urbano consolidado (UC1) de Bastavales, presentado por Jesús Chaves Rivas, que actúa en representación de Servipro Consultores, S.L., o 30.1.2023 (r.e. 202399900000110), cuxo promotor é Pablo Vázquez Villar, e asinado polo arquitecto Alfredo Varela Nogueira o 30.1.2023, nas parcelas con referencia catastral 7918905NH2471N0001GS e 7918916NH2471N0001KS, situadas en Sabaxáns, Bastavales.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Brión, 8 de febreiro de 2023

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde