Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de incoación do procedemento de declaración do incumprimento das obrigas relativas á edificación, á conservación e á rehabilitación do inmoble sito na rúa Damas, 3.

O concelleiro da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, ao abeiro das facultades que lle confire o capítulo II do título X da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, engadido pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, e de acordo coa delegación de competencias realizada no Decreto da Alcaldía 3846/2019, do 26.6.2019 (publicado no Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 124, do 3 de xullo), o 30 de xaneiro de 2023 ditou o seguinte decreto, anotado no libro de resolucións da Alcaldía, actas, co número DEC/AYT/609/2023.

«Decreto:

Primeiro. Incoar o procedemento de declaración do incumprimento das obrigas relativas á edificación, á conservación e á rehabilitación do inmoble sito na rúa Damas, 3, previsto no artigo 26 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, xa que concorren as circunstancias de incumprimento das obrigas de edificación, conservación e rehabilitación, dado que o inmoble está declarado en ruína física, con reiteradas ordes de execución incumpridas durante anos, e consta ordenada a rehabilitación integral, impostas multas coercitivas, así como reiteradas queixas veciñais por olores e sucidade no inmoble.

Segundo. Determinar a venda forzosa como sistema de actuación elixido pola Administración, no caso de que o procedemento se resolva coa estimación de concorrencia de incumprimento. Consta unha taxación do inmoble sito na rúa Damas, 3, da Coruña, do 9 de xaneiro de 2023, que valora o inmoble libre de cargas no importe de cento dez mil oitocentos oitenta e catro euros con setenta e cinco céntimos (110.884,75 €).

Terceiro. Solicitar ao Rexistro da Propiedade da Coruña número 4 a certificación de dominio e das cargas do inmoble sito na rúa Damas, 3, da Coruña, inscrito como predio rexistral número 6.326, tomo 114, libro 114, folio 85, e que faga constar nunha nota marxinal o inicio do procedemento para a declaración do incumprimento.

Cuarto. Conferir un trámite de audiencia de quince días ás persoas propietarias e aos demais titulares de dereitos reais afectados que consten no Rexistro da Propiedade e/ou no Catastro.

Quinto. Abrir, de maneira simultánea ao trámite de audiencia, un trámite de información pública por un prazo de vinte dias con anuncio no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do concello.

A Coruña, na data da sinatura electrónica deste documento

A alcaldesa, P.D.

O concelleiro da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade».

De conformidade co establecido no artigo 26.4 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e a renovación urbanas de Galicia, ábrese un trámite de información pública por un prazo de vinte dias con anuncio no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do concello.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26 de xuño de 2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo