Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC en apoio número 54 da LMTA SRS803, no concello de Baños de Molgas, provincia de Ourense.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «Cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de interruptor TC en apoio número 54 da LMTA SRS803, na Casa do Concello de Baños de Molgas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, para o cal exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 17 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas,
de domicilio ignorado ou non notificadas

Nº de expediente: IN407A 2022/37-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Baños de Molgas.

Denominación: instalación de interruptor TC en apoio número 54 da LMTA SRS803.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Auga Ferra

Herdeiros de Verísimo Bedeiredo Puente

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Baños de Molgas

8.5.2023

11.00