Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16212

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de marzo de 2023 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Axencia de Turismo de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de marzo de 2023, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

PX.A20.00.006.32001.010

Área de Turismo Termal (Ourense)

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia: asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de marzo de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file