Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16194

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero, por razóns de eficacia e operatividade, considérase máis axeitada unha publicación completa e non parcial dela, de tal maneira que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.

Esta publicación inclúe o posto de Xefatura de Servizo de Ordenación e Coordinación, ao cal lle foi clasificada a excepcionalidade da súa cobertura polo sistema de libre designación, polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xullo de 2018, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 136, do 17 de xullo).

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de febreiro de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, coa finalidade de cumprir o devandito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file