Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16217

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT110C).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT110C) da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 225, do 25 de novembro), que figuran como anexo a esta resolución.

Finalidade da axuda: realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación e a difusión.

Entidades beneficiarias: entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde

Aplicacións orzamentarias:

– 10.04.432A.760.4: 100.000 € (cen mil euros).

– 10.04.432A.781.2: 100.000 € (cen mil euros).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Listaxe definitiva, por orde de puntuación, das axudas destinadas
a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia 2023
(procedemento CT110C) (Orde do 11 de novembro de 2022,
Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 25 de novembro)

Entidades locais.

Razón social

NIF

Puntos

Axuda

Concello da Coruña

P1503000J

6 puntos

10.000,00 €

Concello de Baiona

P3600300B

5 puntos

7.695,60 €

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

5 puntos

4.244,00 €

Concello de Betanzos

P1500900D

4 puntos

6.363,20 €

Concello de Fene

P1503600G

4 puntos

5.600,00 €

Concello de Laxe

P1504100G

4 puntos

10.000,00 €

Concello de Boiro

P1501100J

3 puntos

5.185,09 €

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

3 puntos

4.936,80 €

Concello de Valga

P3605600J

3 puntos

10.000,00 €

Concello de Marín

P3602600C

2 puntos

10.000,00 €

Entidades sen fin de lucro.

Razón social

CIF

Total

Axuda

Fundación Catedral Santiago de Compostela

G70178603

7 puntos

10.000,00 €

Universidade de Santiago de Compostela

Q1518001A

6 puntos

10.000,00 €

ANFACO

G36998896

6 puntos

10.000,00 €

Asociación Amigos MUVICLA

G27495639

6 puntos

10.000,00 €

Mosteiro de San Paio de Antealtares

R1500028D

5 puntos

10.000,00 €

Fundación Granell

G15520422

4,5 puntos

10.000,00 €

Fundación Museo de Artes

G15798168

3 puntos

10.000,00 €

Arcebispado Santiago Compostela

R1500020A

3 puntos

7.840,00 €

Clarisas Monforte de Lemos

R2700017C

2 puntos

4.917,44 €

Padroado Museo Comarcal da Fonsagrada

G27029222

1 punto

6.400,00 €

Padroado Museo Etnográfico da Capela

G15788631

1 punto

1.360,00 €