Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsable que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello do Pino, situado no edificio do Concello, rúa do Concello, s/n, 15821 O Pino. Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Número de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Persoa responsable |
1577/2022 |
15067A145000010000AZ |
Samil de Abaixo. Polígono 145, parcela 1, O Pino (A Coruña) |
R.B.M. (*4572003) |
O Pino, 16 de febreiro de 2023
Manuel Taboada Vigo
Alcalde