Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de encargado/a de mercados, pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, pola quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, publicouse unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 9, do 12 de xaneiro de 2023, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Decreto 54/2023, do 4 de xaneiro: 1 praza de encargado/a de mercados; escala de Administración especial; subescala: servizos especiais. Grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 24 de xaneiro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno local do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente de alcaldesa delegada da Area de Gobernanza
Economía e Recursos Humanos