Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de febreiro de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por UFD Distribución Electricidad, S.A. de concesión administrativa no porto do Barqueiro con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para a instalación de liña eléctrica de baixa tensión para a subministración eléctrica do porto (expediente 12-27-21-C-1).

O día 3 de febreiro de 2023, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por UFD Distribución Electricidad, S.A. de concesión administrativa no porto do Barqueiro con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para a instalación de liña eléctrica de baixa tensión para a subministración eléctrica do porto, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de febreiro de 2023

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte