Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, do contrato administrativo de servizo para o desenvolvemento, implantación e validación dunha infraestrutura integrada de recompilación, procesado e interpretación de datos que permita agregar e explotar toda a información existente procedente de distintas fontes, de forma coherente, ampliando o coñecemento das bacías e apoiando a toma de decisións para a redución de presións e impactos coa incorporación de tecnoloxías dixitais de última xeración (expediente OH.788.436).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 72222200-9 (servizos de planificación de sistemas de información ou de tecnoloxía da información), 72212460-1 (servizos de desenvolvemento de software analítico, científico, matemático ou preditivo), 72300000-8 (servizos relacionados con datos) e 71700000-5 (servizos de monitoraxe e control).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES11 Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento, implantación e validación dunha infraestrutura integrada de recompilación, procesado e interpretación de datos que permita agregar e explotar toda a información existente procedente de distintas fontes, de forma coherente, ampliando o coñecemento das bacías e apoiando a toma de decisións para a redución de presións e impactos coa incorporación de tecnoloxías dixitais de última xeración. Clave do expediente: OH.788.436.

O contrato pretende os seguintes obxectivos:

• Auditar e avaliar o «lago de datos» propiedade de Augas de Galicia e outras posibles fontes de datos da Xunta de Galicia ou datos externos de carácter aberto, determinando o seu potencial para contribuír á axuda á toma de decisións por Augas de Galicia.

• Deseñar a arquitectura tecnolóxica e funcional para a xestión integrada e o tratamento intelixente de datos de acordo cos requirimentos establecidos por Augas de Galicia, de maneira que sexa unha arquitectura aberta, que permita no futuro a integración de datos externos de terceiros e, mesmo, a incorporación de información proporcionada pola cidadanía.

• Dotar a Augas de Galicia da infraestrutura tecnolóxica e do software necesario para realizar a captura, a xestión e o tratamento intelixente de todos os datos dispoñibles para a organización, presentes e futuros.

• Permitir realizar análise cruzada avanzada e estatisticamente significativa da información relevante dispoñible ao redor da xestión de recursos hídricos para guiar a toma de decisións e investigar na comprensión da súa fenomenoloxía.

• Permitir implantar aplicacións de análise avanzada ou de intelixencia artificial de maneira aberta, de modo que a infraestrutura sexa a base para desenvolver futuras aplicacións que cubran novas necesidades de Augas de Galicia.

• Desenvolver e implantar as primeiras destas aplicacións, no marco desta licitación, que dean resposta, concretamente, ás seguintes necesidades:

– Automatizar a obtención de variables hidromorfolóxicas dos sistemas fluviais e a súa contorna máis inmediata, co obxectivo de comprender as dinámicas dos sistemas e reducir a dependencia dos traballos de campo.

– Analizar o impacto das presións existentes sobre as masas de auga e optimizar os programas de seguimento e control.

– Predicir de maneira fiable e actualizada blooms de cianobacterias e eventos de anoxia.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 2.233.120,68 euros. Importe total: 2.702.076,02 euros.

8. Valor estimado do contrato: 2.233.120,68 euros; coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses contados desde o inicio da execución do servizo, sen que poida prolongarse máis aló do 31 de maio de 2023.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: solución técnica proposta (ponderación 26 %), oferta económica (ponderación 24 %), plan de traballo e plan de xestión de riscos (ponderación 10 %), plan de despregamento da solución (ponderación 10 %), oferta de xornadas de capacitación adicionais (ponderación 10 %), oferta para custo máximo de despregamento (CMD) da solución desenvolta no marco do servizo (ponderación 10 %) e oferta de medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 9 de setembro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 5.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 11.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: 1.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 10 de outubro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A. & Fundación Instituto Tecnológico de Galicia, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2. NIF: U72553621.

14.3. Enderezo: rúa José Vilar Granjel, 33, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Fax: 981 55 44 21.

14.6. Correo electrónico: mvieites@viaqua.gal

14.7. Teléfono: 689 01 15 27.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Fundación Instituto Tecnológico de Galicia).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 1.909.426,03 euros. Importe total: 2.310.405,50 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 1: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; prioridade de investimento 1.b: fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 1.2.1: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora; actuación 1.2.1.4: liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) e da compra pública innovadora (CPI) (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2022/S51-132942, do 14 de marzo de 2022.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 14 de marzo de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 9 de setembro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 10 de outubro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de outubro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 18 de outubro de 2022.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia